DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2023 Páx. 46078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 28 de xuño de 2023, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-01744-O-2022 e tres máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-01744-O-2022 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmanse de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe, conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2023

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01744-O-2022

4248-FMM

76708620D

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

16.1.2022; 8.27; PO-331; 1,7

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1 en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-02827-S-2022

5310-CRT

36023655C

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

17.2.2022; 12.00; Avda. Eduardo Cabello (Bouzas) acceso VG-20

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1 en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

PO-03127-O-2022

3646-BGM

X9407434C

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

2.5.2022; 12.52; AP-9; 137,55

Artigo 141.17 da LOTT

Artigo 198.21 do ROTT

Artigo 143.1.d) da LOTT

Artigo 201.d) do ROTT

401 euros

PO-03128-O-2022

3646-BGM

X9407434C

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

2.5.2022; 12.47; AP-9; 137,55

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1 en relación coa letra f) da LOTT

801 euros