DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2023 pola que se fai pública a formalización do encargo coa Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para a execución do proxecto de obra OH.532.775, abastecemento e saneamento na Gudiña, A Gudiña (Ourense), e da realización de tarefas técnicas previas (clave de expediente ENC.23002), financiado ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización da encarga subscrita cunha empresa pública na súa consideración de medio propio personificado da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico.

O expediente tramitouse ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; nos artigos 31 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e do disposto nos estatutos sociais da empresa destinataria do encargo, así como do previsto na demais normativa que resulte de aplicación.

1. Datos xerais.

1.1. Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: https://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia, https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal, e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público, https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

1.11. Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

1.12. Servizo de que se poida obter información sobre o encargo formalizado.

1.12.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

1.12.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

1.12.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.12.4. Código postal: 15781.

1.12.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.12.6. Fax: 981 95 74 03.

1.12.7. Teléfono: 981 95 74 01.

2. Encargo a medio propio personificado.

2.1. Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico.

2.2. Obxecto: execución do proxecto de obra OH.532.775, abastecemento e saneamento na Gudiña, A Gudiña (Ourense), e da realización de tarefas técnicas previas.

2.3. Clave de expediente: ENC.23002.

2.4. Código/s CPV (referencia de nomenclatura): código/s CPV principal 45231300-8 (Traballos de construción de tubaxes para auga e augas residuais) e CPV adicional 71311100-2 (Servizos de asistencia en enxeñaría civil).

2.5. Código/s NUTS do lugar principal de entrega ou de execución da prestación: ES-113.

2.6. Empresa destinataria do encargo: Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), con NIF A70096557.

2.7. Data da autorización previa da Consellería do Medio Rural: 7 de xuño de 2023.

2.8. Data de aprobación: 23 de xuño de 2023.

2.9. Data de formalización: 3 de xullo de 2023.

2.10. Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 5 de xullo de 2023.

2.11. Orzamento e importe total previsto do gasto:

2.11.1. Orzamento: 208.409,28 euros (actuación non suxeita a IVE).

2.11.2. Importe total previsto do gasto: 208.409,28 euros. Coincide co orzamento da encarga.

2.12. Duración:

2.12.1. Prazo de execución: 7 meses.

2.12.2. Admisión de prórrogas da encarga: non proceden prórrogas con incremento do gasto.

2.12.3. Ampliación do prazo de execución: previsión da/das ampliación/s do prazo de execución da prestación sen incremento do gasto que fosen necesarias.

2.13. Procedementos de recurso: indicados na formalización documental da encarga publicada no perfil de contratante.

3. Información sobre se a actuación está relacionada cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Esta actuación financiarase ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19. A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20, Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i, Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.4, Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde; actuación 20.1.4.5, Mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento, depuración e abastecemento de auga (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). Operación, abastecemento e saneamento na Gudiña. A Gudiña (Ourense).

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia