DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, procedemento abreviado
180/2023.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 180/2023 (procedemento abreviado), interposto por Alberto Barbosa Argibay, contra a Resolución do 20 de marzo de 2023, da directora xeral de Recursos Humanos, pola que se desestima o recurso de reposición, formalizado o 5 de outubro de 2022, contra a Resolución do 21 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categoría de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a, convocado pola Resolución do 18 de xuño de 2021 (DOG núm. 186, do 29 de setembro) (categoría: calefactor/a).

O recorrente pretende:

1. Que se retrotraia o proceso selectivo á fase de publicación dos modelos de respostas e se anulen as preguntas E6, E11, E23, E25, E27, E37, E48, E57, E59, E60, E93, e E106, e se substitúan polas preguntas de reserva.

2. Que por parte do Tribunal de Selección se proceda a unha nova valoración da puntuación dos aspirantes correspondentes á fase de oposición.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2023

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos