DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45961

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO de xestión da biomasa (2023/X999/000035).

Ao non ser posible efectuarlles a comunicación aos titulares da referencia catastral que se relaciona a seguir por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación da xestión da biomasa, co fin de que no prazo de 15 días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Vilasantar (Área de Urbanismo), situadas na rúa Ru, s/n, 15807 Vilasantar.

Núm. expediente

Referencia catastral

Localización

Propietario

2023/X999/000035

3271501NH7637S0001RG

Chope. Vilasantar

Herdeiros de Juan García Ponte

Vilasantar, 3 de xullo de 2023

Fernando Javier Pérez Fernández
Alcalde