DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/370-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas e, particularmente, a relacionada no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Brión, no concello de Rianxo (expediente IN407A 2022/370-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberá comparecer a persoa titular do ben ou dereitos afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 7 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/370-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Brión.

Concello: Rianxo.

Nº predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Data

Hora

1

Rianxo

Fonte Nova

Polígono 2, parcela 123

Descoñecido

28.9.2023

11.15