DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 26 de xullo de 2023 Páx. 45918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a unha persoa interesada a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Láncara (expediente IN 407A 2023/30-2).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a persoa interesada a declaración de utilidade pública do proxecto de regulamentación LAMT CRG804 Sarria 4, entre os apoios C2F5IDQ2//119-70 e C2TO615N//119-77. Láncara, segundo se sinala no cadro anexo.

Así mesmo, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está dispoñible durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lancara

Lugo, 7 de xullo de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación LAMT CRG804 Sarria entre os apoios C2F5IDQ2//119-70 e C2TO615N//119-77 (Láncara)

Concello: Láncara.

Expediente: IN407A 2023/30-2.

Declaración de utilidade pública.

Predio

Propietario

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Apoio nº

Sup. ocupac. permanente (m²)

1

Descoñecido

7

249

Cortiñeiro

Prado

C2I5AKSO//119-71

2.0