DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 44906

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se establece e se habilita na sede electrónica da Xunta de Galicia o procedemento de presentación, por parte dos titulares dos parques eólicos e liñas eléctricas de alta tensión, dos informes de seguimento ambiental destas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN408B).

O Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Industria e Innovación, sinala no seu artigo 1 que á dita consellería lle corresponde o exercicio das funcións en materia de enerxía no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, segundo o artigo 28, á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais corresponderanlle a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de enerxía, recursos minerais e augas minerais e termais.

A conciliación do desenvolvemento dos sectores das enerxías renovables coa protección do ambiente é un dos obxectivos prioritarios establecidos no Plan sectorial eólico. Neste ámbito, o marco normativo e competencial non se restrinxe á lexislación sectorial da enerxía, senón que a normativa ambiental desempeña un importante papel que se pon de manifesto no procedemento de avaliación ambiental.

A Lei 21/2013, de avaliación ambiental, establece, no artigo 52, en relación co seguimento das declaracións de impacto ambiental e dos informes de impacto ambiental, o seguinte:

«1. Corresponde ao órgano substantivo ou aos órganos que, de ser o caso, designen as comunidades autónomas respecto dos proxectos que non sexan de competencia estatal, o seguimento do cumprimento da declaración de impacto ambiental ou do informe de impacto ambiental.

2. A declaración de impacto ambiental ou o informe de impacto ambiental poderán definir, de ser o caso, os requisitos de seguimento para o cumprimento das condicións establecidas neles, así como o tipo de parámetros que deben ser obxecto de seguimento e a duración do seguimento, que serán proporcionados en relación coa natureza, localización e dimensións do proxecto e coa importancia do seu impacto no ambiente.

Para estes efectos, o promotor remitirá ao órgano substantivo, no caso de que así se determinase na declaración de impacto ambiental ou no informe de impacto ambiental e nos termos establecidos nas citadas resolucións, un informe de seguimento sobre o cumprimento das condicións e as medidas preventivas, correctoras e compensatorias establecidas na declaración de impacto ambiental».

Nesta liña, os titulares dos parques eólicos e liñas eléctricas de alta tensión deberán presentar os informes do programa de vixilancia e seguimento ambiental ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Industria e Innovación (órgano substantivo), a quen lle corresponde efectuar a coordinación e supervisión do seguimento ambiental de acordo co establecido na normativa de avaliación ambiental.

Os informes de seguimento ambiental conteñen abundante documentación sobre o control dos posibles impactos sobre o ambiente que estas instalacións poden ocasionar durante a súa construción e funcionamento, mais o formato con que se presentan, fundamentalmente mediante documento electrónico en formato pechado (pdf ou similar), impide a explotación axeitada desta información. Co obxecto de normalizar a posta á disposición desta información, definíronse uns indicadores comúns para o seguimento dos factores ambientais máis relevantes (aire, auga, avifauna, solo, vexetación, patrimonio natural e cultural), que se recollen no Manual de indicadores para o seguimento ambiental de parques eólicos e liñas de alta tensión na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outro lado, a falta de homoxeneidade en canto ao período que abranguen os informes de seguimento ambiental de cada instalación dificulta o manexo dos datos, polo que resulta necesario que todas as instalacións en funcionamento adapten o ámbito temporal dos seus informes ao ano natural, é dicir, de xaneiro a decembro.

Preténdese, pois, simplificar e facilitarlles aos titulares destas instalacións a posta á disposición da información dos programas de autocontrol de cara ao seguimento ambiental que se desenvolverá no ano 2023 e anos sucesivos, habilitando un procedemento que facilite a presentación dos informes de seguimento ambiental e que permita tamén explotar axeitadamente a información existente.

De acordo co que antecede,

RESOLVO:

1. Regular e habilitar, na sede electrónica da Xunta de Galicia, o procedemento de presentación dos informes de seguimento ambiental de parques eólicos e liñas eléctricas de alta tensión dos que sexa órgano substantivo a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Industria e Innovación, co obxecto de que os titulares das instalacións que teñan obriga de presentar os informes de seguimento ambiental dispoñan dun procedemento para a presentación destes informes. O procedemento terá asignado o código IN408B.

2. Aprobar e dar publicidade ao modelo de presentación dos informes de seguimento ambiental de parques eólicos e liñas eléctricas de alta tensión na Comunidade Autónoma de Galicia mediante o formulario recollido no anexo I desta resolución.

3. Adaptar a posta á disposición da información recollida nos informes de seguimento ambiental. No anexo II recóllese o Manual de indicadores e controis para o seguimento ambiental de parques eólicos e liñas de alta tensión na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta adaptación afecta exclusivamente os prazos e o modelo de presentación dos informes de seguimento ambiental. En ningún caso se modifican as obrigas establecidas para cada instalación na correspondente declaración de impacto ambiental ou informe de impacto ambiental.

Os períodos de referencia dos informes de seguimento ambiental deberán adaptarse ao ano natural (1 de xaneiro-31 de decembro), coas seguintes particularidades:

• Os informes de seguimento ambiental na fase de obra seguirán os períodos establecidos no programa de vixilancia ambiental vixente en cada instalación contados desde o inicio da obra.

• Os informes semestrais, na fase de funcionamento das instalacións, seguirán abranguendo períodos de 6 meses contados desde a data de posta en funcionamento.

• O último informe semestral poderá ter unha duración variable, que cubrirá desde a data do último informe semestral presentado ata o 31 de decembro do ano en curso.

• Os informes anuais pasarán a desenvolverse por ano natural completo, iniciándose o 1 de xaneiro e rematando o 31 de decembro de cada ano.

Establécense uns indicadores comúns para o seguimento dos factores ambientais máis relevantes (aire, auga, avifauna, solo, vexetación, patrimonio natural e cultural), que se recollen no anexo II: Manual de indicadores para o seguimento ambiental de parques eólicos e liñas de alta tensión na Comunidade Autónoma de Galicia, coas seguintes particularidades:

• O contido dos informes de seguimento ambiental será o establecido no programa de vixilancia vixente de cada instalación. No caso de que a metodoloxía que se vaia seguir non estea previamente fixada na declaración de impacto ambiental ou no informe de impacto ambiental, seguirase a metodoloxía establecida no anexo II: Manual de indicadores para o seguimento ambiental de parques eólicos e liñas de alta tensión na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Para facilitar o tratamento dos datos achegados nos anexos III e IV recóllese a identificación e codificación dos puntos de control para os parques eólicos e as liñas eléctricas de alta tensión, respectivamente.

• As instalacións que polas súas peculiaridades estean obrigadas a realizar controis de seguimento ambiental específicos deberán seguir a realizar os controis requiridos.

4. Especificidades do procedemento IN408B:

Segundo o disposto o artigo 52 da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, os titulares das instalacións eléctricas deberán remitir á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (órgano substantivo) o informe de seguimento sobre o cumprimento das condicións e medidas establecidas na declaración de impacto ambiental ou no informe de impacto ambiental. Estes informes deberán ser un resumo e interpretación dos resultados e información recompilada durante o período de seguimento, estarán elaborados por persoal coa cualificación técnica requirida e terán que contar coa supervisión e sinatura da persoa responsable designada para o control do cumprimento da DIA.

5. Prazo.

O procedemento configúrase como un procedemento administrativo de prazo aberto, que os titulares dos parques eólicos e liñas eléctricas de alta tensión poden empregar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os titulares das instalacións disporán dun prazo máximo de tres (3) meses para achegar os informes desde a data de peche do período que abranguen (período de referencia).

6. Forma e lugar de presentación das comunicacións.

A comunicación á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Industria e Innovación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado do anexo I, accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

7. Documentación complementaria:

7.1. A entidade comunicante deberá achegar coa comunicación, segundo o tipo e o estado da instalación (obra/funcionamento), a documentación que proceda da seguinte:

– Informe da avaliación de contaminación acústica. Xunto coa:

• Acreditación da entidade que realiza a avaliación de contaminación acústica como organismo de control ou inspección acústica expedida pola ENAC.

• No caso de que a entidade non cumpra co indicado no punto anterior, a avaliación da contaminación acústica deberá incorporar:

◦ Anexo en que se xustifique a adecuación dos métodos de medición e cálculos empregados.

◦ Certificado de calibración e/ou verificación vixente dos equipamentos de medición.

◦ Acreditación de que a persoa responsable do estudo dispón dun sistema de xestión de calidade de acordo cos requisitos da norma ISO 17025, e realizou un ensaio interlaboratorio, mediante unha entidade acreditada pola ENAC.

– Na fase de obras:

• Cronograma de obras actualizado en que se inclúan todas as actividades e a porcentaxe de execución respecto do total.

• Informe de avance de obra que inclúa reportaxe fotográfica e plano de planta que reflicta a situación real das obras.

• Informe de fin de obra co contido establecido na DIA.

• Outros informes e/ou documentación que exixa a DIA.

– Na fase de funcionamento:

• Interpretación dos resultados con valoración e conclusións finais, asinado polo equipo técnico (nome e titulación das persoas que interveñen nos controis de seguimento ambiental).

• Informes dos controis específicos da instalación.

• Cartografía.

• Reportaxe fotográfica.

7.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

8. Comprobación de datos.

Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á consulta:

• NIF da persoa xurídica titular da instalación.

• DNI ou NIE da persoa representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada en realizar a consulta.

9. Notificacións.

9.1. As notificacións de actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

9.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá as persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

9.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e polas entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

9.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

9.5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

10. Trámites posteriores.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

11. Actualización de modelos normalizados.

De conformidade coa disposición adicional sexta da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, os modelos normalizados aplicables na tramitación do procedemento regulado nesta disposición poderán ser modificados co obxecto de mantelos actualizados e adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación dos modelos actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas, sen que sexa necesaria unha nova publicación no Diario Oficial de Galicia.

12. Adaptación dos informes de seguimento ambiental presentados no ano 2023.

As instalacións que no ano 2023 presentasen o informe de seguimento ambiental anual antes da publicación desta resolución no DOG prolongarán o seguinte período de referencia para a presentación do informe ambiental ata o 31 de decembro de 2024.

As instalacións que no ano 2023 teñan que presentar informe de seguimento ambiental anual despois da publicación desta resolución no DOG prolongarán o período de referencia para a presentación do informe ambiental ata o 31 de decembro de 2023 e poderán optar pola presentación do informe de seguimento ambiental en formato pdf ou pola presentación no procedemento habilitado coa presente resolución.

En ambos os casos, disporán dun prazo máximo de tres (3) meses para achegar estes informes desde a data de peche do período que abranguen.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Manual de indicadores e controis para o seguimento ambiental
de parques eólicos e liñas de alta tensión na Comunidade Autónoma de Galicia

Co fin de facilitar a xestión e posta á disposición da información, desenvolveuse un sistema de indicadores do seguimento ambiental estandarizando a recollida de información.

No caso de que a instalación teña establecidos outros seguimentos ambientais distintos dos recollidos, sinalarase na táboa de Seguimentos específicos da instalación.

INDICADORES AMBIENTAIS.

PARQUES EÓLICOS.

1. Ruído ambiental.

Determinar o ruído emitido pola instalación, mediante a avaliación do nivel sonoro, co obxectivo de previr, vixiar e reducir a contaminación acústica.

Realizarase como mínimo unha medición ao ano, nos puntos de control máis sensibles e con maior probabilidade de recepción do ruído orixinado pola instalación, establecidos no EIA e/ou na DIA.

Segundo a metodoloxía establecida polo Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas.

• Avaliación do nivel sonoro e cumprimento dos limiares lexislados, durante os tres períodos temporais definidos (día, tarde e noite).

• Avaliación do ruído de fondo: as fontes de ruído residual deberán identificarse, caracterizarse e restar a súa contribución ao nivel sonoro rexistrado. De non ser posible parar a fonte obxecto de avaliación, acudirase noutro momento en que as fontes de ruído residual non estean activas, ou ben rexistrarase o nivel sonoro noutro lugar con similares condicións pero onde non se detecte o ruído emitido polo funcionamento do parque (reflectirase na documentación adicional: Informe da avaliación de contaminación acústica).

Considerarase que se cumpre cos valores límite de inmisión de ruído cando os valores dos índices acústicos avaliados cumpran co especificado nos puntos 1.b.ii) e 1.b.iii) no artigo 25 do Real decreto 1367/2007.

As medicións faranse cunha velocidade do vento tal que permita que o parque estea en funcionamento no momento da medición, tendo en conta que deberán estar, como mínimo, o 70 % dos aeroxeradores do parque eólico en funcionamento.

As medicións deberán efectuarse en condicións de vento favorables, de tal maneira que posibilite o rexistro do ruído emitido pola fonte que se está avaliando.

Durante a medición evitaranse as condicións meteorolóxicas extremas que impidan a fiabilidade dos datos tomados.

No punto de control as medicións realizaranse a unha distancia suficiente de calquera superficie para evitar o efecto das reflexións e, no caso de que non sexa posible, deberanse corrixir os resultados obtidos.

Limiares e medidas de prevención e corrección:

Na táboa 1 do Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, establécense os valores límite de inmisión de ruído aplicables a sectores do territorio en función do seu uso predominante.

Medidas de prevención e corrección que se empregarán: barreiras acústicas, mantemento da maquinaria ou outras consideradas polo titular da instalación.

Achegarase como documentación adicional:

• Informe de avaliación de contaminación acústica.

• Acreditación da entidade que realiza a avaliación de contaminación acústica como organismo de control ou inspección acústica expedida pola ENAC.

• No caso de que a entidade non cumpra co indicado no punto anterior, a avaliación da contaminación acústica deberá incorporar: anexo en que se xustifique a adecuación dos métodos de medición e cálculos empregados, certificado de calibración e/ou verificación vixente dos equipamentos de medición, e acreditación de que a persoa responsable do estudo dispón dun sistema de xestión de calidade de acordo cos requisitos da norma ISO 17025, e realizou un ensaio interlaboratorio, mediante unha entidade acreditada pola ENAC.

2. Pestanexo de sombras.

Para comprobar que non se superan os limiares que marque o documento ambiental en canto ao efecto de pestanexo de sombras ou efecto flicker nas vivendas e edificacións no contorno dos parques eólicos que eventualmente poidan estar afectadas por este impacto.

Os titulares dos parques que teñan obriga de realizar este seguimento de acordo ao documento ambiental deberán contabilizar, dende o inicio do período de seguimento ambiental, o tempo que o efecto se manifesta nos puntos de control, e que dependerá da posición relativa do sol, dos aeroxeradores e do punto de control e das condicións meteorolóxicas (nebulosidade e vento).

Limiares e medidas de prevención e corrección:

Os limiares serán os que veñan especificados na DIA.

No caso de que se produza a superación dos limiares nalgún dos puntos, o titular do parque deberá indicar as medidas que se tomaron e/ou que se tomarán para que a situación non se repita ou para mitigar os efectos, tal e como instalación de pantallas, paradas dos aeroxeradores conflitivos, etc.

3. Estado dos dispositivos de drenaxe.

Comprobación da operatividade da rede de drenaxe, mediante a observación visual da deposición de materiais de arrastre (%), co obxectivo de minimizar a afección ao réxime hidrolóxico natural.

Revisaranse, nos lugares establecidos no EIA e/ou na DIA para o seguimento do réxime hidrolóxico, as drenaxes transversais e as drenaxes lonxitudinais.

Tendo en conta o tipo de dispositivo, os puntos de control serán os seguintes:

• Entradas das drenaxes transversais: embocadura ou arqueta de captación.

• Saídas das drenaxes transversais: zona de descarga.

• Treitos de 10 metros de drenaxes lonxitudinais: definidos a ambas as marxes (5 metros a cada lado) do punto medio dos treitos de vías obtidos mediante unha mostra sistemática (véxase anexo III).

Limiares e medidas de prevención e corrección:

O valor máximo admitido de porcentaxe de deposición de materiais de arrastre é 50 % (volume). Exemplo de seccións coas deposicións de materiais de arrastre:

missing image file

Superado o limiar, deberanse concretar as medidas de prevención e corrección aplicables: barreiras de retención, retirada dos materiais de arrastre nos dispositivos de drenaxe transversais, perfilado dos dispositivos de drenaxe lonxitudinais ou outras consideradas polo titular da instalación.

Nos informes anuais de seguimento ambiental mostraranse os puntos de control e os datos obtidos no segundo trimestre do ano.

4. Grao de erosión.

Control da aparición de fenómenos erosivos, mediante a observación visual da actividade erosiva, co obxectivo de garantir a restauración hidrolóxico-vexetal do territorio.

Os puntos de control serán os establecidos no EIA e/ou na DIA para o seguimento da estrutura do solo.

Nos treitos de 10 metros definidos a ambas as marxes (5 metros a cada lado) do punto medio dos treitos de vías obtidos mediante unha mostra sistemática (véxase anexo III), valoraranse:

• O firme da vía.

• As cunetas.

• Os noiros (desmontes ou terrapléns).

Metodoloxía: observación visual tendo en conta o método de clasificación Bureau of Land Management (USDI).

Deberá terse en conta a potencialidade de que un factor se dea na área de control. No caso de non poder darse un elemento, indicarase con «--». Por exemplo, cando non é posible a formación de pedestais de erosión porque o terreo é de rocha.

A valoración dos factores que potencialmente si están presentes na área de control farase con base na seguinte táboa, empregándose o valor «0» cando poida ocorrer o fenómeno de forma potencial pero non estea presente na área.

Movemento da capa superficial do solo

Non hai evidencia visual de movemento.

Lixeiro movemento das partículas do solo.

Obsérvase un movemento moderado do solo. Lixeiro socalcamento con altura menor de 2,5 cm.

Hai movemento do solo despois de cada tormenta. Hai depósitos de sedimentos detrás de cada obstáculo.

O subsolo está exposto en gran parte da área. Hai indicios de formación de dunas ou depósitos eólicos.

(0-3)

(4-5)

(6-8)

(9-11)

(12-14)

Presenza de acumulacións de elementos finos

Acumúlanse no mesmo sitio onde se disgrega.

Pode haber lixeiros movementos.

Movemento moderado. Existen depósitos cando hai obstáculos.

Hai grandes movementos de solo disgregado e acumulacións.

Non hai apenas acumulacións. O solo é arrastrado na súa totalidade.

(0-3)

(4-6)

(7-8)

(9-11)

(12-14)

Pedregosidade

Se existen fragmentos de rocha, a súa distribución é aleatoria.

Se existen fragmentos de rocha, distribúense de forma desigual arrastrados pola enxurrada superficial.

Se existen fragmentos de rocha, teñen unha distribución seguindo as liñas de fluxo do escoamento.

Os fragmentos de rocha ofrecen signo de ser arrastrados pola enxurrada e depositarse tras os obstáculos.

Os fragmentos de rocha están diseccionados por barrancos ou foron totalmente removidos.

(0-2)

(3-5)

(6-8)

(9-11)

(12-14)

Formación de cárcavas e regatos

Non se observan regatos.

Obsérvanse algúns regatos, con profundidade menor de 1,5 cm.

Regatos de 1,5 a 15 cm de profundidade. Equidistantes 3 m aproximadamente.

Regatos de 1,5 a 15 cm de profundidade. Equidistantes de 1,5 a 3 m.

Cárcavas de 7,5 a 15 cm de profundidade a intervalos de menos de 1,5 m.

(0-3)

(4-6)

(7-9)

(10-12)

(13-14)

Formación de «pedestais» de erosión

Non hai evidencia visual de pedestais.

Pequenos pedestais nas liñas de fluxo.

Existen pedestais en rochas e plantas e nas liñas de fluxo.

Os pedestais en rochas e plantas son evidentes. As raíces están expostas.

A maioría das raíces están expostas.

(0-3)

(4-6)

(7-9)

(10-11)

(12-14)

Formación dunha incipiente rede de drenaxe para o transporte de auga e sedimentos

Non se observan incisións da rede de drenaxe.

Obsérvanse fenómenos de deposición nas liñas de fluxo.

Incisións de drenaxe ben definidas con depósitos intermitentes.

As liñas de drenaxe conteñen limos, areas e depósitos en forma de abanos aluviais.

As liñas de drenaxe son moi numerosas. Poden ter depósitos en forma de barras.

(0-3)

(4-6)

(7-9)

(10-12)

(13-15)

Formación de barrancos

Poden estar presentes de forma estable. Obsérvase vexetación no leito e marxes.

Obsérvanse algúns barrancos con erosión lixeira no leito e marxes. Existe vexetación nas marxes.

Os barrancos están ben definidos cunha erosión activa no 10% do seu curso.

Barrancos activos e ben desenvoltos con erosión activa ao longo do 10- 50% do seu curso. Barrancos menos desenvolvidos con erosión activa en máis do 50% do seu curso.

Os barrancos
profundos cobren a
maioría da área.

(0-3)

(4-6)

(7-9)

(10-12)

(13-15)

Finalmente, para determinar o valor do grao de erosión, terase en conta a potencialidade dos factores, o que supón que:

1. Cando están presentes os sete factores, o cómputo total dos valores asignados aos factores determina o valor do grao de erosión.

2. Cando non están presentes os sete factores, asignaráselle a cada factor presente na área un valor de onde se obtén un valor total dos factores identificados. Para obter o valor do grao de erosión é preciso dividir o valor total dos factores identificados con valor do cómputo dos valores máximos que poden acadar os factores identificados e multiplicalo por 100, tal e como se indica no seguinte exemplo:

Cálculo do valor do grao de erosión cando non están presentes todos os factores.

Factor

Potencialmente presente

Valor factor

Valor máximo posible
do factor

Movemento da capa superficial do solo

Si

0

14

Presenza de acumulacións de elementos finos

Si

6

14

Pedregosidade

Non

--

--

Formación de cárcavas e regatos

Si

6

14

Formación de pedestais de erosión

Non

--

--

Formación dunha incipiente rede de drenaxe para o transporte de auga e sedimentos (flow patterns)

Si

6

15

Formación de barrancos

Si

4

15

Total

21

72

Cálculo do valor do grao de erosión:

missing image file

O valor do grao de erosión determinará a categoría da área en función da erosión:

Clasificación das áreas segundo o grao de erosión.

Tipo de área

Valor grao de erosión

Área estable

0-20

Área lixeiramente erosionada

21-40

Área cunha erosión moderada

41-60

Área con erosión crítica

61-80

Área cunha erosión severa

81-100

Limiares e medidas de prevención e corrección:

O valor máximo admitido de actividade erosiva é 40.

Superado este valor limiar, deberanse concretar medidas de prevención e corrección para aplicar: recheo e/ou reperfilado dos noiros, mallas xeotéxtiles, instalación de disipadores de enerxía, revexetación ou outras consideradas polo titular da instalación.

5. Cobertura vexetal.

Verificar a efectividade da revexetación na contorna afectada polas infraestruturas da instalación, mediante a porcentaxe de cobertura vexetal herbácea e arbustiva.

Revisión dos lugares establecidos no EIA e/ou na DIA para o seguimento da integración paisaxística.

• Aeroxeradores.

• Subestación.

• Centros de control.

• Torres meteorolóxicas.

• Antenas.

• Vías.

• Gabias da cablaxe.

Os puntos de control tendo en conta o tipo de infraestrutura serán:

• Explanada do aeroxerador.

• Noiro do desmonte do aeroxerador.

• Noiro do terraplén (recheo) do aeroxerador.

• Punto medio da vía de acceso ao aeroxerador (ramificación desde a vía principal que dá entrada ao aeroxerador).

• Contorna da subestación.

• Contorna dos centros de control.

• Contorna da base das torres meteorolóxicas.

• Contorna da base das antenas.

• As marxes das vías (A e B), en treitos de 10 metros definidos a ambas as marxes (5 metros a cada lado) medidos desde o punto medio dos treitos de viario obtidos mediante unha mostra sistemática (véxase anexo III).

• Os treitos de 10 metros de gabias da cablaxe definidos a ambas as marxes (5 metros a cada lado) do punto medio dos treitos de gabias da cablaxe obtidos mediante unha mostra sistemática (véxase anexo III).

• Lugares establecidos no EIA e/ou na DIA para o seguimento da integración paisaxística.

Limiares e medidas de prevención e corrección:

Acadar, nos catro (4) primeiros anos de funcionamento da instalación, unha porcentaxe de cobertura vexetal do 80 % nas zonas afectadas pola obra da instalación.

De non cumprir co valor limiar, deberanse concretar medidas de prevención e corrección para aplicar, tales como a realización de bermas intermedias nos desmontes e terrapléns no caso de pendentes pronunciadas; instalación de mallas antiescorrega; achega de terra vexetal; descompactación e labra superficial; revexetación, ou outras consideradas polo titular da instalación.

Mostraranse todos os puntos de control xunto cos resultados obtidos.

6. Indicadores de seguimento da avifauna e quirópteros.

Con este seguimento preténdese chegar a valorar os impactos que se poidan producir nas comunidades de aves e quirópteros da contorna como consecuencia da posta en funcionamento do parque eólico.

Durante a fase de obras, o seguimento sobre as aves e quirópteros centrarase en evitar as posibles afeccións das tarefas de construción sobre os enclaves de interese (puntos de nidificación, zonas de alimentación, lugares de repouso ou durmideiros…).

Durante a fase de funcionamento, en polo menos tres dos cinco primeiros anos, consideraranse os traballos de seguimento efectuados na fase preoperocional, avaliando se hai afeccións importantes derivadas do funcionamento do parque eólico. En función dos resultados destes primeiros anos, poderanse axustar os traballos, centrando o seguimento na detección de mortalidade.

1. Un calendario de visitas a partir do inicio da fase de explotación, durante os tres primeiros anos; programarase unha visita a cada máquina cada 30 días, para cuantificar a mortalidade total producida por cada unha das máquinas, identificando se existen patróns temporais e/ou estruturais sobre a mortalidade de aves ou morcegos (aeroxeradores especialmente conflitivos, coincidencia das incidencias con períodos de relevancia biolóxica para as especies, etc.).

2. Un calendario de visitas a partir do cuarto ano e ata o final da fase de explotación.

Unha vez superada a primeira fase, deberíanse establecer as medidas correctoras oportunas para evitar os impactos non compatibles. En consecuencia, a partir dese momento a mortalidade debería ser baixa e poderíase reducir o esforzo na vixilancia.

Durante este segundo período, cada ano deberase facer polo menos unha inspección de todos os aeroxeradores naquela época do ciclo anual en que maior mortalidade se detectase durante a primeira fase. A maiores, programaranse outras visitas ao longo do ano, de forma que se inspeccione cada máquina outras 3 veces máis.

O calendario da segunda fase será estable ao longo dos anos co obxecto de poder comparar a evolución da mortalidade.

6.1. Deterioración do hábitat (censos).

Realización de censos de avifauna e quirópteros, co obxectivo de comprobar o mantemento ou diminución das comunidades de aves e quirópteros.

Os parques eólicos que superaron a primeira fase seguirán realizando as campañas de seguimento das comunidades de aves, en coherencia cos traballos preoperacionais e a metodoloxía empregada na primeira fase.

Suxírese, como mínimo, o seguinte contido:

A) Para paseriformes: nos hábitats máis representativos, en transeptos lineais cun largo de 25 metros a cada lado do observador en transeptos divididos en unidades de 500 m, de tal xeito que se cubra unha superficie de 2,5 ha.

En cada visita, na medida do posible, os transeptos son percorridos durante as primeiras horas do día, tratando de evitar os momentos de maiores temperaturas diarias e prolongando a súa realización a horas vespertinas. Os percorridos efectúanse a baixa velocidade (1-2 km/h), rexistrando todos os contactos -vistos ou oídos- e determinando a súa distancia perpendicular á liña de progresión mediante o emprego dun telémetro. Para as aves en voo rexístrase a distancia sobre o punto do chan no que se produce a observación.

B) Para rapaces e outras planadoras: en estacións ou puntos de observación.

Estableceranse puntos elevados dende os que se poida observar todo o parque eólico ou unha parte importante del, co obxecto de analizar o comportamento destas aves.

O período de observación é de 15 minutos, adecuado tanto para detectar as aves que fan uso dese espazo como para poder efectuar as observacións en todas as estacións nunha única xornada, alternándoas co resto das mostraxes, utilizando telescopio e/ou prismáticos. Para realizar as observacións escolleranse as horas centrais do día, en que existen correntes térmicas utilizadas polas aves rapaces.

C) Para quirópteros: mostraxes con detector/gravador de ultrasóns, mínimo dúas veces ao ano na época de maior actividade, que pode comprender, segundo a zona, os meses de xullo, agosto, setembro e outubro, establecendo o punto ou puntos de mostraxe que cubran os hábitats presentes na instalación.

Os detectores son instalados e programados para efectuar rexistros de gravación continua durante períodos de 5 noites consecutivas (desde 30 minutos antes do solpor ata 30 minutos despois do amencer).

Limiares de alerta e medidas de prevención e corrección:

Redución do 20 % da riqueza e da abundancia en 3 anos consecutivos. Superado este limiar, deberanse concretar medidas de prevención e corrección para aplicar.

6.2. Mortalidade de avifauna e quirópteros.

Control da mortaldade de aves e quirópteros causada polo parque eólico, mediante o número de colisións en cada aeroxerador ou torre meteorolóxica, nun ano, co obxectivo de cuantificar a accidentabilidade producida por cada unha destas infraestruturas, identificando, se existen, patróns temporais e/ou estruturais sobre a mortalidade de aves ou morcegos.

Metodoloxía: prego de condicións mínimas para os plans de vixilancia ambiental no relativo ao control dá mortalidade por colisión de aves e quirópteros en parques eólicos durante a fase de explotación, incorporado como anexo pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural nos informes sectoriais na tramitación dos parques eólicos:

A) Como superficie de procura (área de prospección), estableceranse parcelas de terreo cadradas ou circulares con centro:

• Na base do aeroxerador, e cuxo lado ou diámetro será, como mínimo, un 10 % maior que o diámetro do rotor do aeroxerador considerado.

• Na base da torre meteorolóxica, e cuxo lado ou diámetro será, como mínimo, a superficie delimitada polos cables tensores, ou 10 metros ao redor dela.

B) En calquera caso, deberá garantirse que a taxa de detección dos equipamentos (para aves do tamaño dun paspallás) é superior ao 65 %, deixando ao promotor a decisión de como acadar esta cifra (varios factores inflúen eesta capacidade: número de persoas, uso de cans, tempos empregados, cobertura vexetal...).

En caso de que a vexetación situada dentro da superficie de mostraxe impida acadar esta cifra de detectabilidade, deberían facerse rozas.

Naquelas infraestruturas en que a vexetación, a presenza de gando perigoso ou a topografía do terreo, non permitan realizar este tipo de inspección, a procura farase desde puntos elevados e coa axuda de prismáticos.

C) Cálculo da taxa de desaparición de cadáveres; levarase a cabo un estudo dentro das superficies de mostraxe que avalíe a taxa de desaparición de cadáveres debida á acción dos preeiros.

Calcularanse tres taxas de desaparición de cadáveres: unha para aves grandes (tipo faisán), outra para aves de tamaño medio (tipo paspallás) e unha terceira para aves de pequeno tamaño e morcegos.

Estes estudos deberán ter en conta no seu deseño as diferenzas estacionais nos hábitats de localización dos proxectos eólicos, sobre todo se as condicións ambientais difiren moito en distintas datas do ano.

Realizarase un estudo ao inicio da fase de explotación, outro no cuarto ano e, a partir deste, cada 5 anos, dado que as condiciones ambientais e as poboacións de preeiros son variables ao longo do tempo.

D) Cálculo da mortalidade real. A mortaldade real calcularase para cada aeroxerador e para o conxunto de máquinas a partir dos datos de mortaldade atopados para cada especie, da taxa de detección dos equipamentos e das taxas de desaparición de cadáveres.

Os modelos matemáticos empregados para este cálculo estarán validados cientificamente. En calquera caso, achegaranse os datos de mortalidade empregando algunha das fórmulas propostas por:

• Fuso, M. 2010: An estimator of wildlife fatality from observed carcasses. Environmetrics 22: 318-329.

• Franzi Korner-Nievergelt, Pius Korner-Nievergelt, Oliver Behr, Ivo Niermann, Robert Brinkmann & Barbara Hellriegel. 2011: A new method to determine bird and bat fatality at wind energy turbines from carcass searches. Wildlife Biology 17: 350-363.

E) Limiares de alerta e críticos.

Entendese por «limiar crítico» aquel valor da taxa de mortalidade observada nun parque eólico que se considera inaceptable. Cada especie terá o seu propio limiar crítico.

Por taxa de mortaldade observada entenderase o número total de cadáveres observados dunha especie durante os últimos 3 anos de funcionamento do parque eólico.

Posto que o estado de conservación das especies é variable no tempo, defínese o limiar crítico para cada unha das especies de aves e quirópteros de presenza habitual en Galicia do seguinte modo:

Especies

Nº de colisións

Incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA)

2

Non incluídas no CGEA, si na Lista de especies silvestres en réxime de protección especial

0,1 % poboación galega (*)

Non incluídas no CGEA, nin na Lista de especies silvestres en réxime de protección especial

1 % poboación galega (*)

O cómputo total de colisións de especies (incluídas ou non no CGEA)

200

(*) Por poboación galega entenderase a parte dunha poboación que habita na Comunidade Autónoma de Galicia e servirá de base o dato máis actualizado de que se dispoña, sempre que estea suficientemente avalado cientificamente.

O «limiar de alerta» é aquel valor da taxa de mortaldade observada que permite implementar medidas correctoras do impacto antes de acadar o limiar crítico. Establécese o limiar de alerta no 50 % do limiar crítico.

Superados estes limiares, deberanse concretar medidas de prevención e corrección para aplicar tales como pintado das pas con patróns que incrementen a visibilidade; instalación de disuasores automáticos; instalación de detectores de presenza de aves e/ou quirópteros; modificación do arranque dos aeroxeradores a velocidades do vento superiores aos 5-6 m/s nos períodos de máxima mortaldade; parada temporal do aeroxerador; eliminación ou recolocación de aeroxeradores conflitivos ou outras consideradas polo titular da instalación.

LIÑAS DE ALTA TENSIÓN.

1. Cobertura vexetal.

Verificar a efectividade da revexetación na contorna afectada polas infraestruturas da instalación, mediante a porcentaxe de cobertura vexetal herbácea e arbustiva, co obxectivo de garantir a recuperación da cobertura do solo e a reinstalación da vexetación orixinal ao longo do tempo.

Os puntos de control tendo en conta o tipo de infraestrutura serán:

• Base do apoio: cimentos.

• Perímetro do apoio: periferia dos puntos de ancoraxe.

• Perímetro da subestación.

• Van: punto medio do treito entre apoios, sempre que sexa posible. No caso de non poder chegar a ese lugar, o titular da instalación elixirá o punto accesible máis próximo, quedando definido este último como punto de control para o resto da vida útil do proxecto.

• Lugares establecidos no EIA e/ou na DIA para o seguimento da integración paisaxística.

• Codificados segundo o establecido no anexo IV.

Limiares e medidas de prevención e corrección:

O valor mínimo admitido de porcentaxe de cobertura vexetal, no 4º ano de funcionamento da instalación, é o 80 %. De non cumprir co valor limiar, deberanse concretar medidas de corrección para aplicar, tales como: bermas intermedias nos desmontes e terrapléns; instalación de mallas antiescorrega; achega de terra vexetal; descompactación e labra superficial; revexetación, entre outras posibles.

2. Mortalidade de avifauna.

Durante a fase de obras, o seguimento sobre as aves centrarase en evitar as posibles afeccións das tarefas de construción sobre os enclaves de interese (puntos de nidificación, zonas de alimentación, lugares de repouso ou durmideiros…).

Durante a fase de funcionamento, en polo menos tres dos cinco primeiros anos, consideraranse os traballos de seguimento efectuados na fase preoperocional, avaliando se hai afeccións importantes derivadas do funcionamento da liña eléctrica. En función dos resultados, poderanse axustar os traballos, centrando o seguimento na detección de mortaldade.

1. Un calendario de visitas a partir do inicio da fase de explotación, durante os tres primeiros anos; programarase unha visita cada 30 días. Verifícase o número de accidentes (colisións e/ou electrocucións) en cada apoio ou coa cablaxe, nun ano, co obxectivo de cuantificar a accidentabilidade producida. Realizarase a prospección mensual a pé ao longo do trazado da liña eléctrica, mediante percorrido en zig-zag, abranguendo 25 metros a cada lado nun percorrido de ida e volta. Durante a procura prestarase especial atención aos apoios.

2. Un calendario de visitas a partir do cuarto ano e ata o final da fase de explotación.

Unha vez superada a primeira fase, deberíanse establecer as medidas correctoras oportunas para evitar os impactos non compatibles e poderíase reducir o esforzo na vixilancia.

Durante este segundo período, cada ano deberase facer, polo menos, unha inspección de cada apoio e cablaxe naquela época do ciclo anual en que se detectase maior mortaldade durante a primeira fase. A maiores, programaranse outras visitas ao longo do ano.

O calendario da segunda fase será estable ao longo dos anos co obxecto de poder comparar a evolución da accidentalidade.

É desexable coñecer a mortalidade global da infraestrutura (mortalidade total e por especies ao longo dun ano), pero tamén é importante identificar a existencia de puntos negros.

Verifícase o número de accidentes (colisións e/ou electrocucións) en cada apoio ou coa cablaxe, nun ano, co obxectivo de cuantificar a accidentabilidade producida. Realizarase a prospección mensual a pé ao longo do trazado da liña eléctrica, mediante percorrido en zig-zag, abranguendo 25 metros a cada lado nun percorrido de ida e volta. Durante a procura prestarase especial atención aos apoios.

Desestimaranse as zonas de difícil prospección debido a diferentes factores: densidade da vexetación, elevada pendente, etc., que poderían supoñer un risco para o persoal técnico responsable da execución dos traballos. Tamén se desestimarán as zonas degradadas de escaso interese para a avifauna, tales como minas, polígonos industriais, zonas urbanizadas, etc.

Naquelas infraestruturas en que a vexetación, a presenza de gando perigoso, ou a topografía do terreo, non permitan realizar este tipo de inspección, a revisión farase desde puntos elevados e coa axuda de prismáticos ou drons.

No caso de localizar algún cadáver rexistraranse os seguintes parámetros: especie, estado, localización e toda aquela información que poida servir para aclarar as circunstancias da colisión.

Limiares de alerta.

Posto que o estado de conservación das especies é variable no tempo, defínese para cada unha das especies de aves de presenza habitual en Galicia do seguinte modo:

Especies

Nº de colisións

Incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA)

2

Non incluídas no CGEA, si na Lista de especies silvestres en réxime de protección especial

0,1 % poboación galega (*)

Non incluídas no CGEA, nin na Lista de especies silvestres en réxime de protección especial

1 % poboación galega (*)

O cómputo total de colisións de especies (incluídas ou non no CGEA)

200

(*) Por poboación galega entenderase a parte dunha poboación que habita na Comunidade Autónoma de Galicia e servirá de base o dato máis actualizado de que se dispoña, sempre que estea suficientemente avalado cientificamente.

Superados estes limiares, deberanse concretar medidas de prevención e corrección para aplicar, tales como: incremento na frecuencia de controis, instalación de mecanismos anticolisión (espirais, tiras en «X», abrazadeiras, siluetas de aves, bólas, etc.), implementación de medidas antielectrocución (illamento, disuasores de pousada, cambios no deseño, etc.), incremento na densidade de dispositivos anticolisión e antielectrocución, entre outras posibles.

3. Aplicación do Real decreto 1432/2008.

Para liñas eléctricas de alta tensión ás cales é de aplicación o Real decreto 1432/2008 por teren apoios con condutores nus nas áreas prioritarias de reprodución, alimentación, dispersión e concentración local de aves incluídas no CGEA, actualizadas na Resolución do 18 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, efectuarase o control do cumprimento das condicións exixidas nesta norma.

En concreto, efectuarase o control dos apoios nas mencionadas áreas prioritarias de aves para as que a liña cumpre algunha das seguintes condicións:

• Liña de nova construción posterior á entrada en vigor do real decreto.

• Liña de nova construción que no momento da entrada en vigor do real decreto non contaba cun proxecto de execución aprobado.

• Liña existente no momento da entrada en vigor do real decreto, en que se leva a cabo unha ampliación ou modificación.

• Liña existente no momento da entrada en vigor do real decreto.

Detección de «non conformidades» e medidas adoptadas:

Considérase punto de «non conformidade» aquel apoio en que, sendo de aplicación o real decreto, non se adopten as medidas de prevención que se establecen contra a electrocución e a colisión. Para cada punto de «non conformidade» deberanse concretar medidas de prevención e corrección para aplicar en cada caso.

4. Salvapaxaros.

Control do estado de conservación dos dispositivos salvapaxaros e do cumprimento da distancia requirida entre dispositivos salvapaxaros (de existiren na instalación).

Detección de «non conformidades» e medidas adoptadas:

Considérase punto de «non conformidade»:

• O van en que os dispositivos salvapaxaros non se atopen nun correcto estado de conservación, de tal xeito que non poidan garantir a súa funcionalidade.

• O van en que os dispositivos salvapaxaros non cumpren coa distancia requirida.

Para cada punto de «non conformidade» deberanse concretar as medidas de prevención e corrección para aplicar, como o cambio do dispositivo, entre outras posibles.

OUTROS CONTROIS AMBIENTAIS-PARQUES EÓLICOS E LIÑAS DE ALTA TENSIÓN.

1. Residuos.

Revisión da instalación, principalmente nas zonas habilitadas para o almacenamento de residuos.

Detección de «non conformidades» e medidas adoptadas para a súa corrección:

Considérase punto de «non conformidade» que os residuos estean almacenados fóra das zonas habilitadas e/ou non estean separados para a súa correcta xestión. Para estes puntos detallaranse as medidas de prevención e corrección aplicadas.

2. Estado da instalación.

Control do estado de conservación da instalación no seu conxunto, ausencia de fenómenos erosivos e limpeza da rúa de seguridade.

Detección de «non conformidades» e medidas adoptadas para a súa corrección:

Para cada punto de «non conformidade» deberanse concretar medidas de prevención e corrección para aplicar: mantemento das infraestruturas, rozas da rúa de seguridade, achega de terra vexetal, revexetacións, entre outras posibles.

3. Invasoras.

Control da presenza de especies do Catálogo español de especies exóticas invasoras (Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras) en toda a instalación.

Detección de «non conformidades» e medidas adoptadas para a súa corrección:

Considérase punto de «non conformidade» o lugar onde estando presente algunha especie exótica invasora, os labores de mantemento e/ou conservación da instalación levados a cabo non tiveron en conta a natureza da especie.

Para cada punto de «non conformidade» deberanse concretar medidas de prevención e corrección para aplicar, con base nos métodos de control de cada especie invasora definidos na publicación da Xunta de Galicia Plantas invasoras de Galicia. Bioloxía, distribución e métodos de control.

4. Incidencias alleas á instalación.

Control da existencia de incidencias alleas á instalación, como incendios, sacas, entullos, etc.

Detección de «non conformidades» e medidas adoptadas para a súa corrección:

Para cada punto de «non conformidade» deberanse concretar medidas de prevención e corrección aplicadas ou para aplicar en cada caso.

5. Restos orgánicos.

Control da existencia cadáveres, restos ou exemplares feridos (excluíndo accidentes de aves) en toda a instalación.

Detección de «non conformidades» e medidas adoptadas:

Considérase punto de «non conformidade» aquel en que se constate a presenza de cadáveres, restos ou exemplares feridos (excluíndo accidentes de aves) que supoñan unha atracción para as aves preeiras na contorna da liña eléctrica, co fin de previr situacións de risco.

Para cada «non conformidade» indicarase cal foi a forma de proceder ante a presenza dun exemplar ferido, dun cadáver ou de restos orgánicos. O procedemento levado a cabo rexistrarase na táboa «Medidas adoptadas» .

• O exemplar era gando doméstico e deuse aviso ao dono do animal.

• Deuse aviso ao axente de medio natural.

• Ocultáronse os restos tapándoos cun tecido opaco e resistente (lona, plástico, tea ou similar), asegurando a súa correcta suxeición (mediante pedras, picas ou similar) para evitar que sexa removido por preeiros terrestres.

• Informouse o vixiante ambiental da instalación.

• Outras medidas.

6. Protección do patrimonio.

Control do cumprimento dos requirimentos establecidos para a conservación dos bens de patrimonio natural ou cultural presentes na zona de afección das infraestruturas asociadas a instalación. Considerando:

• Espazos naturais protexidos, definidos no artigo 22 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

• Plans de recuperación e conservación de especies existentes no ámbito da instalación.

• Especies do Catálogo galego de especies ameazadas existentes no ámbito da instalación.

• Árbores senlleiras.

• Bens de patrimonio cultural.

Detección de «non conformidades» e medidas adoptadas:

Considérase punto de «non conformidade» o lugar onde se constata o non cumprimento nos requirimentos establecidos para a conservación dos bens, sinalando, de ser o caso, as medidas adoptadas.

ANEXO III

Puntos de control de parques eólicos

IDENTIFICACIÓN.

Os puntos de control poden ser entidades caracterizadas por:

• Puntos: aeroxerador, antena meteorolóxica, etc.

• Liñas: vías, dispositivos de drenaxe lonxitudinais, etc.

Para determinar os puntos de control nas entidades caracterizadas por liñas procederase da seguinte forma:

1. Terase en conta como información cartográfica básica (shape):

a) Malla terrestre 1×1 km para a representación xeográfica UTM (tipo de xeometría polígono).

b) Rede das vías e das gabias da cablaxe do parque eólico (tipo de xeometría liña).

2. Mediante software dos sistemas de información xeográfica (SIX), xeraranse os puntos de control sobre as entidades lineais. As cuadrículas da malla delimitarán no seu interior distintos treitos das redes, entre os que se determinará cal é o treito continuo con maior lonxitude, e do que se calculará o punto medio para empregalo como punto de control.

3. Os puntos de control obtidos a partir da rede das vías ou da rede das gabias da cablaxe determinarán o punto medio do treito de 10 metros que é preciso avaliar nos indicadores que se sinalan a continuación:

Indicador

Lugar de inspección

Cartografía base

Estado dispositivos de drenaxe

Drenaxe lonxitudinal

Punto de control obtido a partir da rede das vías

Grao de erosión

Drenaxe lonxitudinal

Punto de control obtido a partir da rede das vías

Comprobación cobertura vexetal

Vías

Punto de control obtido a partir da rede das vías

Comprobación cobertura vexetal

Gabias de cablaxe

Punto de control obtido a partir da rede das gabias de cablaxe

CODIFICACIÓN.

Para facilitar o tratamento e analizar a evolución temporal, os puntos de control deberán identificarse de acordo coa codificación que se sinala, e que deberá empregarse tanto se os valores se cobren directamente na sede como se se empregan as follas de cálculo que se facilitan como modelo.

– Indicadores ambientais.

Indicador

Punto de control

Abreviatura

Número

Característica

Código exemplo

Ruído ambiental

Establecidos EIA-DIA

RU

01, 02…

RU-01

Estado dispositivos de drenaxe

Drenaxe transversal

DT

01, 02…

Entrada: E

DT-01-E

Saída: S

DT-01-S

Drenaxe lonxitudinal

DL

01, 02…

Marxe A

DL-01-A

Marxe B (de existir)

DL-01-B

Establecidos EIA-DIA

DD

01, 02…

DD-01

Grao de erosión

Vías

VI

01, 02…

VI-01

Cuneta

CU

01, 02…

CU-01

Noiro

NO

01, 02…

NO-01

Establecidos EIA-DIA

GE

01, 02…

GE-01

Comprobación cobertura vexetal

Aeroxerador

AE

01, 02…

Plataforma: P

AE-01-P

Desmonte: D

AE-01-D

Terraplén: T

AE-01-T

Vía acceso: V

AE-01-V

Subestación

SE

01, 02…

Perímetro

SE-01

Centro de control

CC

01, 02…

Perímetro

CC-01

Torre meteorolóxica

TM

01, 02…

Perímetro

TM-01

Antena

AN

01, 02…

Perímetro

AN-01

Vías

VI

01, 02…

Marxe A

VI-01-A

Marxe B

VI-01-B

Gabia cablaxe

CG

01, 02…

CG-01

Establecidos EIA-DIA

CV

01, 02…

Establecidos EIA-DIA

Mortaldade de avifauna e quirópteros

Aeroxerador

AE

01, 02…

AE-01

Torre meteorolóxica

TM

01, 02…

TM-01

Perda-Deterioración do hábitat

Transectos lineais

TL

01, 02…

TL-01

Puntos de contaxe

PC

01, 02…

PC-01

Zonas de control transectos lineais

ZT

01, 02…

ZT-01

Zonas de control puntos de contaxe

ZP

01, 02…

ZP-01

– Outros controis ambientais.

Control ambiental

Punto de control

Abreviatura

Número

Código

Perdas aceite

Lugar de detección

PA

01, 02…

PA-01

Residuos

Lugar de detección

RE

01, 02…

RE-01

Estado infraestrutura

Vía

EI

01, 02…

EI-01

Pasos canadenses

PC

01, 02…

PC-01

Invasoras

Lugar de detección

IN

01, 02…

IN-01

Incidencia allea

Lugar de detección

IA

01, 02…

IA-01

Restos orgánicos

Lugar de detección

RO

01, 02…

RO-01

Ben de patrimonio cultural

BC

01, 02…

BC-01

Ben de patrimonio natural

BN

01, 02…

BN-01

CARTOGRAFÍA VECTORIAL.

Os arquivos shape que se faciliten, en que se definirán os puntos de control da instalación, terán os seguintes campos:

Entidade punto

Nome campo

Descrición

Propiedades do campo

Cod_id

Código do punto de control

Texto, lonxitude 9

Coord_X

Coordenada X no sistema ETRS89

Número dobre

Coord_Y

Coordenada Y no sistema ETRS89

Número dobre

ANEXO IV

Puntos de control liñas de alta tensión

IDENTIFICACIÓN.

Os lugares que se inspeccionarán son os terreos afectados pola execución das obras. Os puntos de control, tendo en conta o tipo de infraestrutura, serán:

– Apoios: cimentos (base do apoio), perímetro (periferia dos puntos de ancoraxe).

– Van (VA): o control deste tipo de infraestrutura farase, sempre que sexa posible, no punto medio do treito entre apoios. No caso de non poder chegar a ese lugar, o titular da instalación elixirá o punto accesible máis próximo, e quedará definido este último como punto de control para o resto da vida útil do proxecto.

– Subestación: lados orientados ao norte, sur, leste e oeste.

– De ser o caso, teranse en conta os lugares establecidos no EIA e/ou na DIA.

CODIFICACIÓN.

Para codificar os puntos de control das follas de cálculo dos indicadores ou controis que se rexistrarán nas visitas á instalación, terase en conta o seguinte:

1.1. Indicadores ambientais.

Indicador

Punto de control

Abreviatura

Número

Característica

Código

Comprobación cobertura vexetal

Apoio

AP

01, 02…

Base: B

AP-01-B

Perímetro: C

AP-01-C

Acceso ao apoio: A

AP-01-A

Van

VA

01, 02…

VA-01-02

Subestación

SE

01, 02…

Perímetro

SE-01

Establecidos EIA-DIA

CV

01, 02…

CV-01

Mortaldade de avifauna

Apoio

AP

01, 02…

AP-01

Van

VA

01, 02…

VA-01-02

1.2. Outros controis ambientais.

Control ambiental

Punto de control

Abreviatura

Número

Característica

Código

Residuos

RE

01, 02…

RE-01

Estado instalación

EI

01, 02…

EI-01

Invasoras

IN

01, 02…

IN-01

Incidencia allea

IA

01, 02…

IA-01

Restos orgánicos

RO

01, 02…

RO-01

Real decreto 1432/2008

Apoio

AR

01, 02…

Ao que se lle aplica o RD

AR-01

Salvapaxaros

Van

VS

01, 02…

Con dispositivos salvapaxaros

VS-01-02

Ben de patrimonio cultural

BC

01, 02…

BC-01

Ben de patrimonio natural

BN

01, 02…

BN-01

CARTOGRAFÍA VECTORIAL.

Os arquivos shape, en que definirán os puntos de control da instalación, terán os seguintes campos:

Entidade punto

Nome campo

Descrición

Propiedades do campo

Cod_id

Código do punto de control

Texto, lonxitude 9

Coord_X

Coordenada X no sistema ETRS89

Número dobre

Coord_Y

Coordenada Y no sistema ETRS89

Número dobre