DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e se declaran, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Castrelo do Val (expediente IN407A 2023/039-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. sobre a autorización administrativa previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública dunha instalación eléctrica que a seguir se describen:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMT, CTC e RBT Castrelo do Val.

Situación: concello de Castrelo do Val.

Orzamento: 166.293,99 €.

Características principais do proxecto, que foi asinado o 2.12.2022 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor:

– Instalación de interruptor-seccionador na LMT existente VII803, no apoio proxectado número 46-6, de celosía metálica, do tipo C-14/1000, para instalar na derivada ao CT 32CDK1 e ao CT 32CK56.

– LMT soterrada, a 20 kV, de 403 m de lonxitude, con orixe no paso A/S no apoio proxectado número 46-6 da LMT existente VII803 e remate no CT proxectado.

– CT proxectado, de tipo prefabricado rural con manobra exterior, con transformador de 160 kVA e RT 20.000/400 V.

A información pública do proxecto foi realizada mediante o Acordo desta xefatura territorial do 8.3.2023, que foi inserido no DOG do 5.4.2023 e no xornal La Región de Ourense do 28.3.2023. O proxecto tamén estivo en exposición pública nesta xefatura territorial e no Portal de transparencia desta consellería durante o prazo regulamentario. Dentro do prazo establecido para iso non foron presentadas alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder á autorización administrativa previa e de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e nas horas que a cada persoa interesada se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo do acordo de información pública do proxecto, arriba sinalado.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 29 de xuño de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense