DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2023 Páx. 44696

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 5 de xullo de 2023 pola que se modifica a autorización do CPR Colegio Hogar Afundación, de Vigo.

A representación da titularidade do CPR Colegio Hogar Afundación, de Vigo, solicita a modificación da autorización para reducir de 30 a 20 postos escolares por unidade no ciclo formativo de grao medio (CM) Impresión gráfica, CM Mecanizado, CM Soldadura e caldeiraría, e no ciclo formativo de grao superior (CS) Programación da produción e fabricación mecánica.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro e reducir o número postos escolares a 20 por unidade no ciclo formativo de grao medio (CM) Impresión gráfica, CM Mecanizado, CM Soldadura e caldeiraría, e no ciclo formativo de grao superior (CS) Programación da produción e fabricación mecánica, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Colegio Hogar Afundación.

Código: 36011609.

Domicilio: rúa Filipinas, 6.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Fundación Galicia Obra Social.

Composición resultante:

Réxime ordinario, modalidade presencial:

CM Impresión gráfica (2 unidades para 20 postos escolares por unidade).

CM Preimpresión gráfica (2 unidades para 30 postos escolares por unidade).

CM Instalacións de telecomunicacións (2 unidades para 30 postos escolares por unidade).

CM Instalacións eléctricas e automáticas (2 unidades para 30 postos escolares por unidade).

CM Mecanizado (4 unidades para 20 postos escolares por unidade).

CM Soldadura e caldeiraría (2 unidades para 20 postos escolares por unidade).

CS Mantemento electrónico (2 unidades para 30 postos escolares por unidade).

CS Produción e fabricación mecánica (2 unidades para 20 postos escolares por unidade).

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades