DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2023 Páx. 44573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación da resolución de cambio de titularidade da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz (Cartelle, Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo, poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir unha atención adecuada, con anterioridade á referida comparecencia deberán concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 3 de xullo de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

12498952Q

Resolución do 23 de maio de 2023