Antecedentes.
Primeiro. O 14 de xullo de 2020 tivo entrada o expediente con código PO-00017001G(1.1) e titulado Proxecto de ordenación forestal San Miguel de Codesoso
Segundo. O 4 de maio de 2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolve formular a declaración de impacto ambiental desfavorable do proxecto de ordenación forestal do MVMC San Miguel de Codesoso, na parroquia de Codesoso, no concello de Sobrado (A Coruña), nos termos propostos polo Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Terceiro. O 6 de xuño de 2023, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal asina a Resolución do expediente con código PO-00017001G(1.1) e titulado Proxecto de ordenación forestal San Miguel de Codesoso, concello Sobrado, provincia A Coruña, segundo o artigo 81.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Cuarto. De conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, o órgano substantivo, no prazo máis breve posible e, en todo caso, antes dos quince días hábiles desde que adopte a decisión de autorizar ou denegar o proxecto, remitirá ao diario oficial correspondente para a súa publicación un extracto do contido da dita decisión.
Así mesmo, publicará na súa sede electrónica unha referencia ao diario oficial correspondente en que se publicou a declaración de impacto ambiental e o extracto sobre a decisión de autorizar ou denegar o proxecto.
Polo anteriormente exposto,
RESOLVO:
Facer pública a resolución de denegación citada no antecedente terceiro de conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental
Expediente: PO-00017001G(1.1) titulado Proxecto de ordenación forestal San Miguel de Codesoso, concello Sobrado, provincia A Coruña.
A dita resolución poderase consultar na ligazón:
https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/ordenacion/instrumentos-de-ordenacion-ou-de-xestion-forestal
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2023
José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal