Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Promociones Canedo Barreiro, S.L. (B15896426).
Domicilio social: rúa Rosalía de Castro, 24, baixo, 15145 A Laracha.
Denominación: proxecto de LMTS e CTC 2ª travesía Dr. López Astray (A Laracha).
Situación: 2ª travesía Dr. López Astray (A Laracha).
Características técnicas:
• Liña de alta tensión soterrada de 15 kV, con inicio e fin en empalmes proxectados no tramo da liña de distribución existente comprendido entre os transformadores existentes CT Fontenova e CT Edificio Santiago e con entrada e saída no centro de transformación proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, lonxitude 94 m ida e 94 m volta.
• Centro de transformación en edificio non prefabricado, composto por celas prefabricadas, 2 celas de liña e 1 cela de protección con fusible (24 kV, 400 A,16 kA) e transformador de 250 kVA, refrixeración natural, aceite mineral e relación de transformación 15-20 kV/420 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial
resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Esta autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112,115,121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se consideren pertinente.
A Coruña, 21 de xuño de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña