DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2023 Páx. 44134

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 12 de xullo de 2023 pola que se nomean vogais do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia.

Mediante a Orde do 3 de febreiro de 2021 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro) noméanse os vogais do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia.

O cambio da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Industria e Innovación mediante o Decreto 88/2023, do 22 de xuño, polo que se nomea secretario xeral técnico a José Ramón Pardo Cabarcos, e o cambio da titular da Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) mediante o Acordo do 22 de xuño de 2023, do Consello de Dirección do Igape, polo que se nomea directora xeral do Igape a Covadonga Toca Carús, puxo de manifesto a necesidade de actualizar os membros do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia.

En virtude do anterior, unha vez feita a proposta por parte da respectiva Consellería de Economía, Industria e Innovación e de conformidade coas atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 13 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia,

DISPOÑO:

a) Cesar como vogais do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia a Pablo Casal Espido e a Fernando Guldrís Iglesias, en representación da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

b) Nomear como vogais do Consello Reitor da Axencia Instituto Enerxético de Galicia a José Ramón Pardo Cabarcos e a Covadonga Toca Carús, en representación da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2023

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación