DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2023 Páx. 44135

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2023/24.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, regula aspectos básicos da ordenación das ensinanzas de formación profesional.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia e regula, entre outros aspectos, a organización dos ciclos formativos, o desenvolvemento dos currículos, a oferta, a admisión, a matrícula e a avaliación nos ciclos formativos, as validacións e exencións dos módulos profesionais, e a obtención dos títulos de formación profesional.

A Orde do 12 de xullo de 2011 que regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial; a Orde do 13 de xullo de 2015 que regula as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión a estas ensinanzas, e a Orde do 22 de xuño de 2023 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2023/24, cuxo anuncio foi publicado no Diario Oficial de Galicia mediante a Resolución do 14 de xuño de 2023, autorizan a Dirección Xeral de Formación Profesional a ditar as disposicións precisas para a execución e o desenvolvemento desas ordes.

Por todo isto, é preciso ditar as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2023/24 e, na súa virtude, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta resolución ten por obxecto ditar instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no ano académico 2023/24 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Renuncia, anulación e baixa de oficio de matrícula

1. Con independencia do réxime, nas modalidades presencial e a distancia, e semipresencial, a renuncia, a anulación e a baixa de matrícula rexeranse polo disposto nos artigos 7, 8, 9 e 10 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

2. Para o disposto no artigo 9.1 da Orde do 12 de xullo de 2011, entenderase que o requirimento realizado polo centro ao alumnado se realiza a través do sistema de información Abalar ou a aplicación AbalarMobil. No caso de non estaren dispoñibles para o alumnado Abalar ou AbalarMobil, o requirimento realizarase a través do correo electrónico facilitado polo alumnado na solicitude de admisión ou matrícula. O centro deberá solicitar e dispor da confirmación de lectura do correo electrónico por parte do alumnado.

3. No caso do alumnado en idade de escolarización obrigatoria matriculado nun ciclo de formación profesional básica, aplicarase soamente, e por petición do/da pai/nai ou do/da titor/a legal:

a) A renuncia á matrícula en caso de doenza prolongada de carácter físico ou psíquico do alumno ou da alumna, que lle impida a realización do ciclo formativo.

b) A anulación da matrícula na primeira semana de actividades lectivas do primeiro curso do ciclo formativo. A praza vacante será cuberta polo alumnado en lista de espera, ata completar a cota asignada ao grupo.

De lle ser concedida a renuncia ou a anulación de matrícula, a Xefatura Territorial autorizará a súa incorporación a curso que corresponda da educación secundaria obrigatoria para continuar os seus estudos.

4. Procederase á baixa de oficio cando un alumno ou unha alumna acumulen o número de faltas inxustificadas a que se fai referencia no artigo 10 da Orde do 12 de xullo de 2011.

a) Para tales efectos e con carácter previo, o centro enviará un apercibimento ao alumnado que acumule un número de faltas de asistencia inxustificadas superior a dez (10) días lectivos. Nel indicarase a obriga de asistencia e que se procederá á súa baixa de matrícula en caso de que as súas faltas inxustificadas de asistencia representen quince (15) días lectivos consecutivos ou vinte e cinco (25) días lectivos descontinuos. En caso de que se produza a baixa, na Secretaría do centro deberá quedar constancia do apercibimento e da comunicación da baixa.

A comunicación ao alumnado, ou ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal, de ser o caso, poderase realizar empregando medios electrónicos. No caso de optar por unha comunicación por medios electrónicos, empregarase obrigatoriamente o sistema de información Abalar ou a aplicación AbalarMobil.

b) Para o alumnado matriculado logo de iniciadas as actividades lectivas, non se terán en consideración os días previos á formalización da matrícula.

c) No caso dos centros privados e públicos non dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a persoa titular da Dirección enviará ao director ou á directora do centro público a que estea adscrito os documentos coa constancia do apercibimento e da comunicación da baixa ao alumnado, para a súa resolución e para que sexa incluído no seu expediente.

d) Contra a resolución de baixa de oficio de matrícula, a persoa solicitante poderá presentar recurso de alzada, perante o xefe ou xefa territorial, no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. A dita resolución esgotará a vía administrativa.

e) A solicitude de renuncia, de anulación ou de baixa de matrícula de alumnado menor de idade será asinada por calquera das persoas titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos os proxenitores, agás nos supostos de alumnado afectado por situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. Nestes casos, será necesario presentar, xunto co documento, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

Terceiro. Renuncia á avaliación nalgunha convocatoria na formación profesional básica

O alumnado dos ciclos de formación profesional básica ou, de ser o caso, os/as seus/súas pais/nais ou titores/as legais poderán renunciar á avaliación e á cualificación, nalgunha das convocatorias establecidas en cada curso académico, da totalidade dos módulos profesionais do ciclo de formación profesional básica en que se formalizase a matrícula, sempre que non se estea en idade de escolarización obrigatoria no momento de presentar a solicitude de renuncia e se dea algunha das circunstancias establecidas no artigo 7 da Orde do 12 de xullo de 2011 para a renuncia á matrícula. O procedemento de solicitude de renuncia á convocatoria será o mesmo que para a renuncia á matrícula, establecido no artigo 8 da Orde do 12 de xullo de 2011, tendo en conta que o prazo establecido para a presentación da solicitude se entenderá cunha antelación mínima de dous meses á avaliación final en que teña efecto a convocatoria. A renuncia á convocatoria reflectirase nas actas das avaliacións finais coa inicial RC («Renuncia á convocatoria»).

Cuarto. Perda do dereito á avaliación continua

1. Conforme se determina no artigo 25 da Orde do 12 de xullo de 2011, o número de faltas que implica a perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo será do 10 % respecto da súa duración total. Para os efectos de determinación da perda do dereito á avaliación continua, o profesorado valorará as circunstancias persoais e laborais do alumno ou da alumna na xustificación desas faltas, cuxa aceptación será acorde co establecido nas correspondentes normas de organización, funcionamento e convivencia.

Para tales efectos e con carácter previo, o centro enviará un apercibimento ao alumno ou á alumna, ou ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal, de ser o caso, cando as faltas de asistencia inxustificadas consonte o anterior nun determinado módulo superen o 6 % respecto da súa duración total. Nel indicarase que perderá o dereito á avaliación continua no módulo, de acumular un 10 % de inasistencias inxustificadas, con respecto á súa duración total. Cando as faltas de asistencia acaden a citada porcentaxe, comunicarase a perda do dereito á avaliación continua. En caso de que se produza a perda deste dereito, na Secretaría do centro deberá quedar constancia do apercibimento e da comunicación da perda do dereito á avaliación continua.

A comunicación ao alumnado, ou ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal, de ser o caso, poderase realizar empregando medios electrónicos. No caso de optar por unha comunicación por medios electrónicos, empregarase obrigatoriamente o sistema de información Abalar ou a aplicación AbalarMobil.

2. Para o alumnado matriculado logo de iniciadas as actividades lectivas, non se terán en consideración as sesións previas á formalización da matrícula.

3. O alumnado que perdese o dereito á avaliación continua nun determinado módulo terá dereito a unha única proba final extraordinaria previa á avaliación final de módulos correspondente, de acordo co establecido no artigo 25.5 da Orde do 12 de xullo de 2011.

A cualificación obtida na proba final extraordinaria para o alumnado de segundo curso que pérdese o dereito á avaliación continua nun determinado módulo, dependendo do momento de realización desta proba, poderá consignarse na sesión de avaliación parcial previa á realización da Formación en centros de traballo (FCT) ou na avaliación final de módulos.

4. Segundo o artigo 20.5 da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión a estas ensinanzas, a perda do dereito á avaliación continua nun determinado módulo non lle será de aplicación ao alumnado de ciclos formativos de formación profesional básica en idade de escolarización obrigatoria.

Quinto. Validacións e exencións de módulos profesionais

1. Con carácter xeral, as validacións de módulos profesionais dos títulos de formación profesional serán as establecidas nos anexos I, II, III e IV no Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro, polo que se establecen validacións de módulos profesionais dos títulos de formación profesional do sistema educativo español e as medidas para a súa aplicación, e se modifica o Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, así como as recollidas nos anexos correspondentes dos reais decretos dos títulos publicados con posterioridade ao 5 de marzo de 2017.

2. Segundo o artigo 3 do Real decreto 1085/2020, recollerase nos documentos académicos cada módulo profesional validado, para os efectos de cálculo da nota media do ciclo formativo de formación profesional, coa cualificación obtida pola persoa solicitante no módulo profesional cursado que conste na documentación académica correspondente.

Nos casos en que a validación exixa considerar máis dun módulo profesional, a cualificación final será o resultado do cálculo da media aritmética das cualificacións obtidas nos ditos módulos, e será unicamente de aplicación cando se acheguen módulos profesionais de formación profesional do sistema educativo.

Se a persoa achega como formación previa algún módulo con cualificación numérica e algún outro módulo sen cualificación, por ter sido previamente validado, en aplicación do artigo 3.8 do Real decreto 1085/2020, non é posible conceder a validación.

Nos casos en que cumpra presentar a superación dun ciclo completo para a validación dalgún módulo, de non existir ningún módulo validado nese ciclo, a cualificación será a nota media do ciclo formativo, e de existir algún módulo validado, por non ser de aplicación o establecido no artigo 3.8 do Real decreto 1085/2020, a cualificación será a nota media do resto dos módulos con cualificación.

Cando sexa preciso realizar o cálculo da media aritmética das cualificacións, arredondarase ao número enteiro inmediatamente inferior, se o primeiro díxito decimal está abranguido entre 1 e 4, e ao número enteiro inmediatamente superior, se o primeiro díxito decimal está comprendido entre 5 e 9.

3. O módulo de Formación e orientación laboral dos títulos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE) poderá ser obxecto de validación, sempre que se dea algunha das seguintes circunstancias:

1º. Que se acredite ter superado o módulo profesional de Formación e orientación laboral establecido ao abeiro da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e se acredite a formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, con indicación expresa dos contidos superados. A data de finalización desta formación debe ser anterior á formalización da matrícula no módulo de Formación e orientación laboral. Para o cálculo da nota media do ciclo formativo, empregarase a nota obtida no módulo de Formación e orientación laboral (LOXSE).

2º. Que se achegue o título de técnico/a superior en Prevención de Riscos Profesionais, aprobado segundo a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

3º. Que se obtivese a acreditación de todas as unidades de competencia incluídas no título mediante o procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, se acredite polo menos un ano de experiencia laboral e se estea en posesión da acreditación da formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, con indicación expresa dos contidos superados. A data de finalización desta formación e da acreditación das unidades de competencia incluídas no título debe ser anterior á formalización da matrícula no módulo de Formación e orientación laboral.

4. O alumnado matriculado en ciclos formativos dos títulos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE) poderá validar os módulos profesionais que se establecen na norma pola que se regula cada título, por ter acreditada algunha unidade de competencia que forme parte do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, obtida mediante o procedemento de avaliación e acreditación das competencias profesionais establecido no Real decreto 1224/2009 ou mediante certificados de profesionalidade elaborados a partir do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. A data da acreditación das unidades de competencia ou dos certificados de profesionalidade debe ser anterior á formalización da matrícula. Non é posible a validación de módulos achegando unha unidade de competencia obtida pola superación de módulos profesionais do sistema educativo. Neste caso, aplicarase a validación de módulos que corresponda.

A acreditación de unidades de competencia demostradas a través de ofertas formativas autorizadas pola Administración laboral debe ser xustificada por medio dos documentos recollidos no anexo II do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade, modificado polo Real decreto 1675/2010, do 10 de decembro, e polo Real decreto 189/2013, do 15 de marzo, e non resultan suficientes para tal fin outras certificacións públicas ou privadas.

A acreditación de unidades de competencia demostradas a través do procedemento regulado polo Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, modificado polo Real decreto 143/2021, do 9 de marzo, debe ser xustificada por medio do documento recollido no artigo 18 e no anexo III-A da dita norma.

5. Os módulos de Lingua estranxeira profesional I e II validaranse segundo o disposto na disposición vixésimo cuarta desta resolución.

6. As persoas que teñan acreditadas unidades de competencia de títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE), segundo o procedemento establecido na Orde do 25 de febreiro de 2008 ou na Orde do 1 de setembro de 2009 pola que se convocan unidades de competencia e prazas para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional, e se determina o correspondente procedemento experimental, poderán solicitar a validación dos módulos profesionais asociados perante a persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional.

7. Segundo o artigo 9 do Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro, as solicitudes de validacións serán resoltas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional nos seguintes supostos:

a) Achega de estudos universitarios oficiais para solicitar a validación de módulos profesionais incluídos nos títulos de formación profesional regulados ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, ou da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, sempre que os estudos solicitados pertenzan ao espazo da educación superior, consonte o Real decreto 1618/2011, do 14 de novembro, agás o módulo profesional de Lingua estranxeira, que o centro educativo resolverá negativamente, salvo que a persoa solicitante cumpra o establecido no artigo 3.7 do Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro.

b) Achega de títulos de formación profesional e módulos experimentais de nivel II ou nivel III, regulados ao abeiro da Lei 14/1970, do 4 de agosto, agás o módulo profesional de Lingua estranxeira, que o centro educativo resolverá negativamente, salvo que a persoa solicitante cumpra o establecido no artigo 3.7 do Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro.

c) Achega de títulos regulados ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para solicitar a validación de módulos profesionais incluídos nos títulos regulados ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, agás o módulo profesional de Formación e orientación laboral de títulos de grao medio da Lei orgánica 1/1990, cando se achegue calquera módulo de Formación e orientación laboral da Lei orgánica 2/2006, que resolverá o centro educativo, segundo se establece na disposición transitoria segunda do Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro.

Para solicitar a validación destes módulos profesionais, o alumnado deberá presentar unha única solicitude no modelo establecido no anexo V do Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro, e indicar de forma expresa o código e a denominación exacta do módulo ou dos módulos profesionais para os cales solicita as validacións. Xunto co anexo V presentará a certificación académica oficial en que conste a cualificación obtida nas materias ou nos módulos profesionais cursados.

No caso de que a persoa solicitante pida unha validación de módulos profesionais con estudos universitarios cursados, deberá achegar, ademais:

a) Copias dos programas oficiais das materias cursadas, debidamente seladas polo centro universitario correspondente.

b) Certificación da universidade na cal conste que os programas que se xuntan son os realmente cursados e superados polo alumno ou alumna.

Segundo o artigo 5 do Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro, o prazo de presentación iniciarase o día que dea comezo o curso escolar e rematará o derradeiro día do dito curso, aínda que terán preferencia para a súa resolución os expedientes presentados ata a finalización do mes de outubro.

O centro educativo tramitará as solicitudes de validación e a documentación achegada pola persoa solicitante a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional (https://sede.educacion.gob.es), logo da súa revisión e verificación.

Así mesmo, a persoa solicitante, logo do rexistro dos seus datos persoais na sede electrónica, poderá descargar a resolución. Mentres a persoa solicitante non teña a resolución non estará exenta da asistencia ás clases e da súa presentación ás avaliacións correspondentes.

8. A resolución da validación de módulos profesionais distintos aos recollidos nos dous puntos anteriores será competencia da Dirección do centro educativo público onde conste o expediente académico da persoa solicitante.

O procedemento para realizar a validación destes módulos profesionais será o establecido no artigo 41 da Orde do 12 de xullo de 2011. O alumnado poderá solicitar as validacións nos primeiros vinte (20) días desde o inicio das clases, utilizando o modelo de solicitude do anexo XIV desta orde.

9. En aplicación dos artigos 21 e 24 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da disposición adicional vixésimo novena da Lei 14/2000, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, o vencemento do prazo máximo de seis meses sen se ter notificado resolución expresa entenderase como desestimación por silencio administrativo.

10. Contra a resolución de validación, a persoa solicitante poderá presentar recurso de alzada, no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación, perante a persoa titular de:

a) Da Xefatura Territorial de cada provincia, para as validacións que sexan competencia da persoa titular da Dirección do centro.

b) Da Secretaría Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación e Formación Profesional, para as validacións que sexan resoltas por este ministerio.

c) A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para as validacións que sexan resoltas pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional da mesma consellería.

A resolución do recurso de alzada esgotará a vía administrativa.

11. Para os efectos de formalización de matrícula polo réxime ordinario no curso que corresponda, os módulos que sexan validables pola Dirección do centro teranse en conta como superados para determinar o cumprimento dos criterios de promoción.

No caso do réxime para as persoas adultas, estes módulos non se considerarán para os efectos de compatibilidade e carga horaria a que se fai referencia no artigo 5.1 da Orde do 12 de xullo de 2011.

Así mesmo, no caso da matrícula simultánea de ensinanzas, estes módulos non se considerarán para os efectos de compatibilidade a que se fai referencia no artigo 6.1 da Orde do 12 de xullo de 2011.

Os centros educativos resolverán as solicitudes de validacións de módulos do alumnado que estea afectado por algún dos casos anteriores, con carácter previo á toma de decisións do cumprimento do criterio de promoción, de compatibilidade e carga horaria, e de matrícula simultánea de ensinanzas.

12. Os módulos profesionais que teñan os mesmos códigos e iguais denominacións, capacidades terminais ou resultados de aprendizaxe, contidos e duración serán considerados idénticos, independentemente do ciclo formativo a que pertenzan; trasladaranse as cualificacións obtidas nos módulos profesionais superados a calquera dos ciclos en que os ditos módulos estean incluídos.

13. O alumnado que, logo de resoltas as solicitudes de validación ou que, logo do traslado da cualificación obtida nun módulo profesional superado noutro ciclo formativo en que este estea incluído, teña todos os módulos profesionais de centro educativo superados, poderá ser proposto para realizar o módulo de Formación en centros de traballo e o módulo de Proxecto, de ser o caso, en calquera dos períodos establecidos no artigo 6.4. da Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de Formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

14. Con independencia do establecido na disposición décima desta resolución, o alumnado que, logo de resolta a exención do módulo de Formación en centros de traballo, teña todos os módulos profesionais do ciclo formativo superados poderá anticipar a proposta de título.

Sexto. Solicitude de convocatoria extraordinaria

1. O alumnado que esgotase as convocatorias ás cales tiña dereito poderá solicitar a autorización dunha única convocatoria extraordinaria para poder rematar os seus estudos, de acordo co procedemento e nas condicións que se establecen nos artigos 11 e 12 da Orde do 12 de xullo de 2011.

No caso dos centros privados e públicos non dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a Dirección dará traslado das solicitudes ao centro público a que estea adscrito, no prazo máximo de cinco días hábiles.

2. O prazo de presentación de solicitudes de convocatoria extraordinaria abranguerá desde o 17 de xuño ata o 16 de setembro de 2024, de acordo co establecido no artigo 12.5 da citada Orde do 12 de xullo de 2011. No caso do alumnado que teña pendente de superación unicamente o módulo de Formación en centros de traballo e/ou o módulo de Proxecto, poderá solicitarse en calquera momento do curso académico co fin de efectuar a matrícula no dito módulo nas condicións establecidas no artigo 6.5 da Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de Formación en centros de traballo da formación profesional inicial, para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. De acordo co artigo 12.4 da citada Orde do 12 de xullo de 2011, logo de concedida a convocatoria extraordinaria, o alumno ou a alumna deberá formalizar a matrícula no ciclo formativo dun centro educativo que teña a condición de liberado para rematar os seus estudos.

Sétimo. Horario do ciclo formativo

1. A distribución por curso dos módulos dos ciclos de formación profesional con oferta na Comunidade Autónoma de Galicia, a duración anual en horas e a distribución horaria semanal en períodos lectivos estarán dispoñibles no portal www.edu.xunta.gal/fp, na epígrafe «Currículos».

2. Os centros que, polas súas características específicas ou polas dos ciclos que impartan, precisen unha modalidade horaria especial poderán ser autorizados polo departamento territorial correspondente, logo de informe do Servizo de Inspección Educativa, respectando, en todo caso, a distribución por curso e o número de horas totais dos módulos.

3. A Dirección Xeral de Formación Profesional poderá autorizar outras modalidades horarias diferentes adecuadas ás singulares características de colectivos concretos.

4. Os centros integrados de formación profesional, dentro do marco da autonomía organizativa, pedagóxica e de xestión recollida no artigo 41 do Decreto 77/2011, do 7 de abril, presentarán para cada curso académico unha proposta de desenvolvemento das actividades formativas, de conformidade co artigo 2 da Orde do 29 de xullo de 2011.

5. Coa finalidade de que se poida verificar o cumprimento do horario mínimo establecido para cada módulo de cada ciclo, así como a súa programación, a Dirección do centro remitiralle á Inspección Educativa, antes do inicio das actividades lectivas, un calendario en que vaian especificados os días lectivos de formación no centro educativo, xunto co horario semanal do grupo, así como as programacións de cada módulo profesional, de conformidade co artigo 4 da Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Oitavo. Horario do profesorado de centros públicos

1. Cando as características horarias dos módulos para os cales o profesorado de cada departamento teña atribución docente non permitan completar, na asignación inicial de módulos, o horario lectivo legalmente establecido, as horas que falten deberanse dedicar a outras actividades lectivas, segundo as indicacións do director ou da directora do centro, tales como impartición de materias afíns doutros departamentos, actividades de reforzo ou recuperación do alumnado do propio departamento, apoio á docencia noutros niveis, participación nalgún proxecto docente ou complementario incluído na programación xeral do centro, realización da titoría do módulo de Formación en centros de traballo e do módulo de Proxecto, e/ou colaboración na súa coordinación e no seu desenvolvemento, e, ademais, no caso do profesorado dos centros integrados de formación profesional, as actividades formativas e as accións que se encadren dentro do seu ámbito de competencias.

2. Mentres que o alumnado estea a realizar o módulo profesional de Formación en centros de traballo, o xefe ou a xefa de estudos, co apoio da persoa responsable da titoría do ciclo formativo e do/da xefe/a do departamento, elaborarán o novo horario do profesorado que quede coas horas vacantes e darállelo a coñecer ao profesorado e, de ser o caso, aos pais ou ás nais, ou a quen exerza a titoría legal. Durante este período, o profesorado con atribución docente no ciclo ou no módulo realizará, entre outras, algunha das seguintes actividades:

a) Impartición e avaliación de actividades de recuperación ao alumnado que teña pendente de superar algún módulo profesional. Para tal fin, a persoa responsable da xefatura de estudos, co apoio do titor ou a titora do ciclo formativo, elaborarán o novo horario do profesorado que resulte con horas vacantes.

b) Apoio nos módulos con alumnado repetidor, pertencente a ciclos formativos da mesma familia profesional, para os cales se teña atribución docente, segundo figura nos decretos que regulan os correspondentes currículos.

c) Apoio á titoría de ciclos formativos e á coordinación e ao seguimento da FCT e do módulo de Proxecto, no caso de ciclos formativos de grao superior.

d) Apoio á titoría e á impartición de ciclos formativos na modalidade de formación profesional dual.

e) Apoio á coordinación e á impartición de ciclos formativos plurilingües.

f) Realización de accións de desenvolvemento do emprendemento ou, de ser o caso, apoio aos viveiros de empresas dos centros educativos.

g) Realización de accións de desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica, científica ou didáctica no ámbito da formación profesional.

h) Impartición de actividades de formación profesional para o emprego, en caso de estaren autorizadas no centro educativo.

i) Realización de operacións programadas polo departamento para a mellora dos equipamentos e das instalacións onde se imparta o ciclo formativo.

j) Participación nas actividades de actualización e formación que convoque a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

k) Impartición de actividades formativas e accións que se desenvolvan nos centros educativos.

l) Outras que a Dirección do centro lle encomende, dentro do seu ámbito de competencias.

En calquera caso, a permanencia obrigatoria en horario fixo no centro do profesorado afectado polo cambio de horario será de 23 horas semanais, e a súa permanencia mínima diaria no centro non será inferior ás tres horas.

A proposta do novo horario enviarase, para a súa aprobación definitiva, ao servizo correspondente de Inspección Educativa no prazo de cinco días, logo de finalizada a sesión de avaliación previa á realización do módulo de Formación en centros de traballo.

3. Así mesmo, o xefe ou a xefa de estudos, co apoio da persoa responsable da titoría do ciclo formativo e da xefatura do departamento, poderán adaptar o horario do profesorado que quede coas horas vacantes logo de realizada a terceira avaliación parcial de módulos para o período a que se refiren os artigos 29.2 e 34.2 da Orde do 12 de xullo de 2011, para realizar, entre outras, as actividades que se describen nas epígrafes anteriores. Tal adaptación non poderá supor variación do número global de horas semanais de permanencia no centro, previsto no horario lectivo do profesorado.

4. Logo de cumprido o horario mínimo establecido para cada módulo de cada ensinanza, e antes da data de finalización do curso escolar establecida na Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o profesorado poderá participar en horario lectivo nas actividades de formación e actualización do profesorado que programe a Dirección Xeral de Formación Profesional.

Noveno. Titoría de ciclos

1. Cada grupo de alumnos e alumnas dun ciclo formativo terá un profesor ou unha profesora que desempeñen a titoría, que pertencerá ao equipo que imparta docencia en cada curso académico.

2. No caso do réxime ordinario, a redución horaria para as persoas responsables da titoría de ciclos formativos, establecida no artigo 84 da Orde do 1 de agosto de 1997, poderá ser de ata tres horas semanais para o segundo curso. Nos ciclos formativos de duración inferior a 2.000 horas, logo de rematado o módulo de Formación en centros de traballo, a dirección reasignará estas horas para actividades lectivas ou complementarias, en función das necesidades do centro.

3. No caso do réxime para as persoas adultas, entenderase que o alumnado matriculado en módulos do mesmo ciclo formativo constitúe un único grupo. A redución horaria para as persoas responsables da titoría deste será de ata tres horas semanais.

Décimo. Períodos para a realización de propostas de títulos

Con carácter xeral, as propostas de títulos para o alumnado que rematase as ensinanzas de formación profesional realizaranse tres veces por ano, ao final de cada trimestre lectivo: decembro, marzo e xuño.

Décimo primeiro. Módulo profesional de Segunda lingua estranxeira

1. Os centros realizarán a oferta do módulo profesional de Segunda lingua estranxeira para os ciclos formativos en que así se establece no correspondente currículo, consonte os recursos dispoñibles, de entre as seguintes: alemán, francés, italiano e portugués.

2. O módulo de Segunda lingua estranxeira poderá ser obxecto de validación independentemente da lingua en que se imparta.

3. En todo caso, a lingua que se imparta será a mesma para todo o alumnado do grupo.

Décimo segundo. Módulo profesional de Proxecto

1. O módulo profesional de Proxecto incluído nos currículos dos ciclos formativos de grao superior que se impartan na Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terá por finalidade, consonte o establecido no artigo 14 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordasen no resto dos módulos profesionais, xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial.

Esta integración concretarase nun proxecto de carácter globalizador que considere as variables tecnolóxicas e organizativas relacionadas co título. Definirase consonte as características da actividade laboral do ámbito do ciclo formativo e os aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial.

2. Desenvolverase logo da avaliación positiva de todos os módulos profesionais de formación no centro educativo, coincidindo coa realización do módulo profesional de Formación en centros de traballo, e avaliarase logo de cursado este, co obxecto de posibilitar a incorporación das competencias adquiridas nel.

A renuncia ao módulo de FCT, segundo o artigo 10 da Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional de Formación en centros de traballo da formación profesional inicial para o alumnado matriculado en centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, implica a renuncia, de ser o caso, ao módulo de Proxecto. De igual modo, a renuncia ao módulo de Proxecto implica a renuncia, de ser o caso, ao módulo de FCT.

3. O desenvolvemento deste módulo organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva:

a) A titoría colectiva implicará a participación da totalidade do equipo docente do ciclo formativo nas actividades de programación, seguimento e avaliación previstas para este módulo.

b) A titoría individual será por conta dun/dunha único/a profesor ou profesora, integrante do equipo docente do ciclo, con carácter xeral o titor ou a titora do ciclo formativo, que actuará como titor ou titora para todo o alumnado que estea en disposición de cursar este módulo, así como de coordinador ou coordinadora das funcións do equipo docente en relación con el.

4. A programación para o módulo profesional de Proxecto consistirá nun documento de especificacións sobre as características e o alcance do traballo que se vaia realizar, que, en todo caso, deberá tomar como referencia un proceso produtivo real ou simulado específico do campo profesional de que se trate.

5. Os traballos que vaian desenvolver os alumnos e as alumnas serán coordinados polo profesorado con atribución docente no módulo de Proxecto, preferentemente o que estea a impartir docencia no segundo curso do ciclo formativo. Para tal efecto, realizará as propostas de traballo ao principio do primeiro trimestre de cada curso académico tomando como referencia as orientacións pedagóxicas establecidas no currículo correspondente para o módulo, e deberán incluír o seguinte:

a) Especificación detallada do conxunto do traballo que se vai realizar, con indicación expresa das actividades que se deban traballar de xeito individual ou en grupo, así como de forma presencial ou a distancia.

b) Datas e horarios previstos para as actividades de titoría e seguimento, para o cal se establecerán canles de comunicación presencial, telefónica ou telemática.

c) Prazos de entrega do traballo para a súa supervisión.

d) Criterios de avaliación, con especial atención ao formato de presentación da documentación e á exposición do informe final de traballo.

6. Logo de realizada a sesión de avaliación parcial ou final de proposta de acceso á realización do módulo de Formación en centros de traballo, e antes da incorporación a el, o profesor ou a profesora responsable do módulo de Proxecto asignará os traballos propostos ao alumnado que estea en disposición de cursar o dito módulo.

7. Para o seguimento presencial do módulo profesional de Proxecto, logo de iniciada a realización do módulo de Formación en centros de traballo, aproveitarase a xornada quincenal de recepción do alumnado no centro educativo para o seguimento deste.

8. A avaliación realizarase de xeito individual para cada alumno ou alumna tomando como referencia os resultados de aprendizaxe e os criterios de avaliación que se indican no currículo correspondente do módulo.

9. O alumnado será convocado polo profesor ou a profesora responsable do módulo de Proxecto para a presentación e a exposición, ante o equipo docente, dos proxectos realizados.

10. O profesor ou a profesora responsable do módulo encargarase de asinar as actas de avaliación finais coas cualificacións obtidas por cada alumno ou alumna, de acordo coa valoración efectuada polo equipo docente.

11. O alumnado que, logo da avaliación final de módulos do segundo curso, teña pendente exclusivamente o módulo de Proxecto, poderá realizalo en calquera dos períodos establecidos no artigo 6.4. da Orde do 28 de febreiro de 2007 para o módulo de Formación en centros de traballo.

Décimo terceiro. Módulo profesional de Proxecto integrado

1. O módulo profesional de Proxecto integrado é propio da Comunidade Autónoma de Galicia e forma parte do currículo de determinados ciclos formativos de grao superior establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Se impartirá con carácter globalizador tendo en conta o resto dos módulos profesionais que constitúen o ciclo formativo.

2. O módulo de Proxecto integrado será impartido preferentemente por profesorado que imparta docencia nos módulos do ciclo formativo correspondente.

3. A programación deste módulo será elaborada polo profesor ou a profesora que se encargue del e deberá ser aprobada polo equipo docente do ciclo, que supervisará a súa impartición.

4. O módulo de Proxecto integrado debe contribuír de xeito específico ao logro das seguintes finalidades:

a) Comprender globalmente aspectos salientables da competencia profesional característica do título, que se abordasen noutros módulos profesionais do ciclo formativo.

b) Integrar ordenadamente coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxías, técnicas e procesos que se desenvolvan nas actividades produtivas do sector a que corresponde o título.

c) Adquirir, de ser o caso, coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorezan o desenvolvemento das capacidades relacionadas coa profesión para a cal se forma que, malia seren demandadas polo ámbito produtivo en que radica o centro, non se poidan recoller no resto de módulos profesionais.

5. O proxecto integrado desenvolverase tomando como referencia un proceso produtivo, real ou simulado, e deberá cumprir o seguinte:

a) Analizar a relación e a contribución das etapas da organización, a programación e o control dun proceso.

b) Determinar as especificacións do proceso produtivo dun artigo (materia prima, medio produtivo, método operativo, etc.) e os métodos que aseguren a calidade, a partir das especificacións dun deseño, dun pedido, de obxectivos de calidade, dos recursos dispoñibles e de catálogos comerciais de materiais.

c) Determinar a viabilidade das especificacións do proceso de produción e, se cómpre, as medidas correctoras a partir da elaboración e a avaliación do prototipo.

d) Determinar a cantidade de recursos, o nivel óptimo de existencias, os sistemas de traballo e de control da produción máis adecuados, e a organización das liñas de produción, aprovisionamento e mantemento preventivo dos recursos, así como as fases produtivas necesarias para a produción, en función dos recursos dispoñibles, do volume do pedido, da súa variedade e dos prazos establecidos.

e) Determinar as medidas correctoras que se deban tomar e a súa viabilidade no hipotético proceso de produción, para garantir as condicións de produción establecidas, considerando as posibles anomalías, incidencias ou desviacións simuladas.

6. A avaliación realizarase de xeito individual por cada alumno ou alumna tomando como referencia as capacidades terminais elementais que se indican no módulo.

7. O módulo profesional de Proxecto integrado é específico do ciclo formativo correspondente, polo que non será validable en ningún caso.

Décimo cuarto. Módulo de Formación en centros de traballo nos ciclos de formación profesional básica

1. Segundo o establecido no artigo 9.1 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia, o módulo profesional de Formación en centros de traballo responderá ao establecido con carácter xeral para o conxunto das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia. No artigo 23.6 indícase que este módulo, con independencia do momento en que se realice, se avaliará logo de acadada a avaliación positiva nos módulos profesionais asociados ás unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no período de formación en centros de traballo correspondente.

2. Logo da avaliación final de módulos de segundo curso, o equipo docente poderá propor a realización da FCT ao alumnado con ámbitos non superados: Comunicación e ciencias sociais I ou II, ou Ciencias aplicadas I ou II. Neste caso, o equipo docente asignaralle actividades de recuperación e seguimento para os ámbitos non superados, con indicación expresa da data en que serán avaliados, previa á avaliación final de ciclo.

3. O alumnado que non supere o módulo de Formación en centros de traballo no período indicado anteriormente poderá realizar este módulo en calquera dos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007.

4. Logo da avaliación final de ciclo, o alumnado que teña pendente exclusivamente algún dos ámbitos Comunicación e ciencias sociais I ou II, ou Ciencias aplicadas I ou II, sen prexuízo do recollido no artigo 20 da Orde do 13 de xullo de 2015, tamén poderá realizar o módulo de Formación en centros de traballo en calquera dos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007.

Décimo quinto. Alumnado repetidor dun ciclo de formación profesional básica

1. Alumnado repetidor do primeiro curso do ciclo.

a) O artigo 22.3 da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión a estas ensinanzas, establece que o alumnado que non cumpra os requisitos de promoción ao segundo curso deberá repetir o primeiro curso na súa totalidade.

b) Co fin de favorecer a inserción laboral do alumnado, mellorar a súa competencia profesional e certificar en calquera momento as unidades de competencia acreditadas mediante a superación dos módulos profesionais, tal como se recolle no artigo 58.1 do Decreto 114/2011, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, nos módulos asociados a unidades de competencia que fosen previamente superados manterase a cualificación obtida con anterioridade, e o alumnado cursará estes módulos coa finalidade de subir a cualificación.

c) Segundo o artigo 2.2 do Real decreto 1085/2020, do 9 de decembro, polo que se establecen validacións de módulos profesionais dos títulos de formación profesional do sistema educativo español e as medidas para a súa aplicación, e se modifica o Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, os módulos profesionais que teñan os mesmos códigos serán considerados módulos idénticos, con independencia do ciclo a que pertenzan, e trasladaranse as cualificacións obtidas previamente a calquera dos ciclos en que os ditos módulos estean incluídos.

d) Xa que logo, no caso de alumnado que teña algún módulo ou ámbito avaliado positivamente por telo cursado previamente noutro ciclo de formación profesional básica, de ter idéntico código, cursará este módulo coa finalidade de subir a cualificación.

e) Non é posible subir a cualificación no módulo que teña aplicada unha validación.

2. O alumnado que no curso 2022/23 non acade a titulación nun ciclo profesional básico, no curso 2023/24 incorporarase aos novos ciclos de grao básico, coa consideración de alumnado repetidor.

3. O alumnado repetidor do segundo curso do ciclo matricularase dos módulos ou ámbitos pendentes de segundo curso e, de ser o caso, dos módulos ou ámbitos pendentes de primeiro curso. Para estes efectos, o alumnado que teña pendente o módulo profesional de Comunicación e sociedade II terá que matricularse no ámbito de Comunicación e ciencias sociais II, e o que teña pendente o módulo profesional de Ciencias aplicadas II terá que matricularse no ámbito de Ciencias aplicadas II.

Décimo sexto. Validacións dos ámbitos dos ciclos de grao básico cos ámbitos da educación secundaria obrigatoria para persoas adultas

1. As persoas que superasen o ámbito de comunicación e o ámbito social ou o ámbito científico-tecnolóxico dos módulos 3 ou 4 da educación secundaria obrigatoria para persoas adultas poderán solicitar as seguintes validacións:

a) De se ter superado o ámbito de comunicación e o ámbito social do módulo 3 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas, poderase validar o ámbito de Comunicación e ciencias sociais I dos ciclos de grao básico.

b) De ter superado o ámbito científico-tecnolóxico do módulo 3 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas, poderase validar o ámbito de Ciencias aplicadas I dos ciclos de grao básico.

c) De se ter superado o ámbito de comunicación e o ámbito social do módulo 4 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas, poderase validar o ámbito de Comunicación e ciencias sociais II dos ciclos de grao básico.

d) De se ter superado o ámbito científico-tecnolóxico do módulo 4 de educación secundaria obrigatoria para persoas adultas, poderase validar o ámbito de Ciencias aplicadas II dos ciclos de grao básico.

2. As solicitudes de validación serán resoltas pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Décimo sétimo. Programas formativos de formación profesional básica

1. No desenvolvemento dos programas formativos durante o curso 2023/24, o seu currículo será o constituído polo currículo:

a) Dos ámbitos de Comunicación e ciencias sociais I, e de Ciencias aplicadas I dos ciclos de grao básico.

b) Dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia recollidos para cada programa formativo no anexo V da Orde do 13 de xullo de 2015; no anexo III da Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/17, e no anexo III da Orde do 22 de xuño de 2023 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2023/24, cuxo anuncio foi publicado no Diario Oficial de Galicia mediante a Resolución do 14 de xuño de 2023.

c) O módulo de Formación en centros de traballo, segundo o artigo 29.5 da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.

2. Adicionalmente, os centros educativos poderán ofrecer outros módulos de formación adaptados ás necesidades do alumnado, coas seguintes características:

a) Terán a estrutura dos módulos profesionais: obxectivos expresados en termos de resultados de aprendizaxe; criterios de avaliación; contidos, descritos de modo integrado, en termos de procedementos, conceptos e actitudes; orientacións pedagóxicas para o seu desenvolvemento, e duración en horas.

b) Centraranse no traballo nas competencias necesarias para o desenvolvemento integral do alumnado e a súa inclusión profesional e social, tales como a autonomía persoal e a xestión de proxectos vitais inclusivos. Poderán incluír o desenvolvemento de habilidades psicomotrices, perceptivo-espaciais, de razoamento, creatividade, intelixencia emocional e calquera outra que se considere oportuna en atención ás circunstancias individuais do alumnado.

3. A carga horaria dos módulos profesionais será a establecida nos currículos dos ciclos formativos e non poderá ser inferior á establecida nos reais decretos polos que se establecen os currículos básicos dos ciclos de formación profesional básica. A carga horaria dos ámbitos de Comunicación e ciencias sociais I e de Ciencias aplicadas I será a que se indica na disposición transitoria primeira desta resolución para os ciclos de grao básico.

4. Previamente ao inicio do curso, os centros docentes que inclúan módulos de formación adaptados ás necesidades do alumnado nos programas formativos remitirán ao Servizo de Inspección Educativa a programación destes módulos, a duración anual de cada un deles, expresada en horas, e os períodos lectivos semanais de cada un, tendo en conta que a duración total dos períodos lectivos semanais non poderá ser superior ao establecido con carácter xeral para os ciclos formativos básicos. O Servizo de Inspección Educativa supervisará a proposta dos centros educativos.

5. Nos ámbitos de Comunicación e ciencias sociais I, e de Ciencias aplicadas I poderanse establecer as adaptacións curriculares necesarias para atender as necesidades educativas dun alumno ou dunha alumna.

Décimo oitavo. Avaliación nos programas formativos de formación profesional básica

1. Na avaliación nos programas formativos de formación profesional básica observarase o establecido no artigo 20, puntos 1 a 6, da Orde do 13 de xullo de 2015 que regula as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión a estas ensinanzas.

2. Realizaranse tres avaliacións parciais de módulos e unha avaliación final de módulos. A terceira avaliación de módulos realizarase con anterioridade ao período establecido con carácter xeral para a realización do módulo de Formación en centros de traballo.

3. O alumnado que non supere o módulo de Formación en centros de traballo no período establecido con carácter xeral poderá matricularse neste módulo en calquera dos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007 para o módulo de Formación en centros de traballo.

Décimo noveno. Desenvolvemento da modalidade de formación profesional dual

1. A formación profesional dual caracterízase por combinar os procesos de ensino e aprendizaxe do alumnado na empresa e no centro educativo. Con esa finalidade, o centro educativo e a empresa, con carácter previo á incorporación do alumnado á empresa, establecerán o programa formativo que o alumnado adquirirá durante a súa estadía na empresa, con base nos resultados de aprendizaxe e nos criterios de avaliación do currículo.

2. O alumnado que estea a realizar formación profesional dual disporá dun plan de formación individualizado, que será o instrumento que permita realizar o seguimento da formación do alumnado e facilitará a súa avaliación. O centro educativo elaborará o plan de formación individualizado partindo do programa formativo preestablecido entre o centro educativo e a empresa.

O plan de formación individualizado incluirá:

a) O ciclo formativo en que estea matriculado o alumnado.

b) A identificación do alumno ou da alumna, do titor ou da titora do centro de traballo e do profesor ou da profesora que exerza a titoría.

c) Para cada un dos módulos en que estea matriculado/a o alumno ou a alumna, os resultados de aprendizaxe e os criterios de avaliación que serán obxecto da actividade formativa na empresa e que foron seleccionados entre os que figuran no currículo do ciclo.

O titor ou a titora da empresa, ao finalizar a actividade formativa, incluirá no informe de formación individualizado unha valoración por cada módulo formativo en termos de «favorable» ou «non favorable».

A avaliación do alumnado será responsabilidade do profesorado dos módulos profesionais do centro educativo, tendo en conta as achegas dos titores ou das titoras da empresa e o resultado das actividades desenvolvidas nesta. A valoración do grao de consecución dos resultados de aprendizaxe establecidos no currículo do ciclo formativo farase tomando como referencia inmediata os criterios de avaliación establecidos para cada módulo profesional.

O plan de formación individualizado obterase mediante a aplicación www.edu.xunta.gal/fct

Logo de finalizada a actividade formativa, o plan individualizado debe ser entregado ao alumnado.

3. Os centros educativos que imparten ciclos formativos na modalidade de formación profesional dual subscribirán acordos específicos para o desenvolvemento da formación que se realizará nos centros de traballo.

Os acordos específicos deberanse formalizar por escrito e estarán asinados polo director ou a directora do centro educativo e pola persoa que teña a representación legal do centro de traballo.

Asinarase un acordo específico por cada curso escolar e por cada grupo de alumnado que realice a súa formación nun mesmo centro de traballo, identificando o alumnado e os módulos profesionais obxecto de formación, e o titor ou a titora do centro de traballo.

A Dirección do centro educativo, quince días antes do inicio da actividade formativa no centro de traballo, remitiralles aos servizos de Inspección Educativa das respectivas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades unha copia do acordo específico. Os servizos de Inspección trasladarán esta información á Inspección de Traballo. As modificacións e as baixas que se produzan nos acordos de colaboración tamén se comunicarán aos servizos de Inspección Educativa para o seu traslado á Inspección de Traballo.

O acordo específico para o desenvolvemento da formación obterase mediante a aplicación www.edu.xunta.gal/fct

4. A modalidade de formación profesional dual poderase organizar con alumnado que estea a cursar un ciclo ou un curso de especialización completo polo réxime de persoas adultas ou con alumnado que estea a cursar o segundo curso dun ciclo do réxime ordinario.

a) Formación profesional dual polo réxime de persoas adultas.

As características, a organización, a selección do alumnado e a ordenación académica desta modalidade son as establecidas na Orde do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Para esta organización de formación profesional, a duración do acordo coincidirá coa duración do período de formación establecido para cada curso escolar no convenio subscrito entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade colaboradora correspondente. Os convenios poderán ser consultados no enderezo http://www.edu.xunta.gal/fp/convenios-dual

Segundo o artigo 14 da Orde do 14 de xuño de 2018, para poder continuar no proxecto de formación profesional dual o alumnado seleccionado deberá superar a totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, previstos para cada curso académico segundo o plan de formación que se establece no anexo III desta orde. Non obstante, poderase continuar sen cumprir o anterior requisito por razóns debidamente motivadas e con autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Así mesmo, o alumnado será excluído do proxecto de formación dual nos seguintes casos:

i) Durante o período de formación no centro educativo, de acordo coas normas de organización, funcionamento e convivencia aprobadas polo centro docente, por faltas repetidas de asistencia e/ou puntualidade non xustificadas que poidan derivar nunha falta de aproveitamento das ensinanzas tanto no centro educativo como posteriormente na empresa.

ii) Durante o período de formación na empresa:

– Por faltas repetidas de asistencia e/ou puntualidade non xustificadas.

– Por actitude incorrecta, atendendo ao código disciplinario da empresa, ou por falta de aproveitamento.

– Para o alumnado con contrato para a formación en alternancia, pola extinción do contrato por calquera das causas que se establecen no artigo 49 do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto 2/2015, do 23 de outubro.

– Outras circunstancias que figuren no convenio subscrito entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade colaboradora correspondente.

b) Formación profesional dual con alumnado de segundo curso polo réxime ordinario.

No primeiro trimestre do curso, o centro educativo informará o alumnado acerca das empresas ou entidades colaboradoras que estean dispostas a participar nesta modalidade de formación, e neste mesmo período o alumnado presentará a solicitude de participación, que irá dirixida á dirección do centro educativo. Coa solicitude, o alumnado achegará o currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:

https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae

A empresa ou entidade colaboradora, xunto cunha persoa representante do centro educativo, seleccionarán as persoas que teñan o perfil que mellor se adapte ás características da actividade propia da empresa, tendo en conta o seu expediente académico.

O alumnado participante poderá realizar actividades de formación na modalidade dual desde o mes de xaneiro ata as datas establecidas na Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización das avaliacións finais. En calquera caso, o período de formación na modalidade dual non poderá ser inferior ao 33 % das horas de formación establecidas no título, tal como se establece no artigo 30 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual. De ser necesario, o centro educativo, en consenso coa empresa, establecerá no período de abril a xuño un calendario de actividades de reforzo e complemento da actividade formativa que o alumnado desenvolvese ou estea a desenvolver nas instalacións da empresa. Estas actividades de reforzo serán realizadas no centro educativo.

A formación impartirase de forma compartida entre o centro educativo e a empresa ou institución, de xeito que se garanta a adquisición dos resultados de aprendizaxe establecidos no currículo do ciclo formativo que se estea a cursar. A empresa ou entidade colaboradora designará unha persoa como titor ou titora que, entre outras cousas, será responsable do seguimento da actividade formativa e da comunicación co centro educativo. O centro educativo designará unha persoa como titor ou titora do grupo de alumnado, que será responsable da coordinación do equipo docente e será a interlocutora coa empresa para o desenvolvemento da actividade formativa. A actividade formativa na empresa e no centro educativo será coordinada polos titores e as titoras mediante reunións, nas cales se realizará o seguimento de cada alumno ou alumna.

A avaliación do alumnado será responsabilidade do profesorado dos módulos profesionais do centro educativo, tendo en conta as achegas das persoas expertas da empresa e o resultado das actividades desenvolvidas nesta. A valoración do grao de consecución dos resultados de aprendizaxe establecidos no currículo do ciclo formativo farase tomando como referencia inmediata os criterios de avaliación establecidos para cada módulo profesional. A avaliación final de módulos para o alumnado participante na modalidade de formación dual realizarase nas datas establecidas con carácter xeral para o alumnado matriculado no réxime ordinario.

Os centros educativos establecerán un grupo específico co alumnado que estea a participar na modalidade dual, na aplicación informática Xade, indicando na epígrafe de Asistencia «FP Dual».

Os módulos de Formación en centros de traballo e de Proxecto realizaranse simultaneamente co resto dos módulos no período de formación compartido entre a empresa e o centro educativo. O módulo de Formación en centros de traballo queda integrado no programa formativo que se vai realizar na empresa, e a súa cualificación será en termos de «apto» ou «apta», ou «non apto» ou «non apta».

5. O alumnado que participe en proxectos de formación profesional dual que impliquen a matrícula en máis dunha ensinanza non precisará contar coa autorización de matrícula simultánea en dous ciclos formativos a que se fai referencia no artigo 6 da Orde do 12 de xullo de 2011.

Vixésimo. Matrícula de honra en ciclos formativos

Consonte o establecido no artigo 26.4 da Orde do 12 de xullo de 2011, os alumnos e as alumnas que obteñan unha nota final do ciclo formativo igual ou superior a nove puntos poderán recibir a mención de matrícula de honra. A obtención da mención de matrícula de honra será consignada nos documentos de avaliación do alumno ou da alumna.

O número de matrículas de honra que se poderán conceder en cada centro por grupo de alumnos/as matriculados/as con opción a titular nun determinado título profesional de formación profesional no curso académico será, como máximo dous. Non obstante, no caso de que o número de alumnos e alumnas matriculados/as con opción a titular no grupo sexa inferior a vinte, só se poderá conceder unha matrícula de honra. No caso de que o número de alumnos/as que cumpran o requisito para acceder á matrícula de honra nun título profesional sexa superior ao número máximo de matrículas de honra que se pode conceder segundo o criterio establecido neste parágrafo, a concesión realizarase coa nota media do título, ordenado de maior a menor nota.

Para estes efectos, e dado que o alumnado pode titular en diferentes períodos do curso académico, a mención de matrícula de honra só se poderá realizar no mes de xuño, logo de realizada a avaliación final de módulos correspondente. No caso de que o alumnado beneficiario rematase o ciclo formativo noutro mes do curso, a mención de matrícula de honra será consignada cunha dilixencia nos documentos de avaliación do alumno ou da alumna.

Vixésimo primeiro. Requisitos das persoas solicitantes de probas libres de títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

1. Segundo o establecido no artigo 6 da Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para poderen acceder á realización destas probas as persoas solicitantes deberán, con carácter xeral, non estar matriculadas en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico. Excepcionalmente, no caso de que haxa vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dos módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non estean matriculadas neles no curso académico de realización da proba.

2. Adicionalmente, e tamén de xeito excepcional, no caso de quedaren aínda vacantes, poderán acceder á realización das probas:

a) As persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dun máximo de tres módulos profesionais de ciclos que se estean a cursar polo dito réxime, sempre que sexan módulos nos cales non estean matriculadas no curso académico de realización da proba, e que non sexan os módulos profesionais de Formación en centros de traballo nin de Proxecto.

b) As persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo e, no caso dos ciclos de grao superior, tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.

3. As persoas que posúan un título obtido no estranxeiro deberán presentar a resolución de homologación por un título do sistema educativo español no momento de matricularse.

Vixésimo segundo. Materiais didácticos utilizados en centros públicos na modalidade de formación profesional a distancia e semipresencial

O profesorado encargado da docencia dos módulos profesionais na modalidade de formación profesional a distancia e semipresencial en centros públicos deberá empregar o material didáctico que garanta a adquisición das competencias, os resultados de aprendizaxe e os contidos establecidos no currículo de cada título. Nese material deben estar recollidos os cambios normativos ou tecnolóxicos que se produzan. Polo tanto, o profesorado poderá empregar os materiais que están dispoñibles na plataforma de formación profesional a distancia da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, xunto con outros de apoio ou complementarios.

Vixésimo terceiro. Actas de avaliación en centros privados e públicos non dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Os centros privados e públicos non dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades remitirán un exemplar das actas de avaliación ao centro público o que estean adscritos. Enviarase copia validada das actas de avaliación final ao servizo territorial de Inspección Educativa no prazo de quince (15) días a partir da data de realización da correspondente sesión.

Vixésimo cuarto. Módulos profesionais de Lingua estranxeira profesional

Nos ciclos formativos recollidos no anexo I desta resolución incorpóranse módulos profesionais de lingua estranxeira.

No primeiro curso impartirase o módulo Lingua estranxeira profesional I, e corresponde ao segundo curso o módulo Lingua estranxeira profesional II.

O deseño curricular para os módulos de Lingua estranxeira, que se recolle no anexo II desta resolución, desenvólvese tendo en conta o perfil profesional de cada un dos títulos en cuxas ensinanzas se insiren, a través dos obxectivos xerais que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo e os obxectivos propios dos ditos módulos profesionais, expresados a través dunha serie de resultados de aprendizaxe, entendidos como as competencias que deben adquirir os alumnos e as alumnas nun contexto de aprendizaxe que lles permitirán conseguir os logros profesionais necesarios para desenvolveren as súas funcións con éxito no mundo laboral. Asociada a cada resultado de aprendizaxe establécese unha serie de contidos redactados de xeito integrado que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para lograr as competencias profesionais, persoais e sociais propias do perfil do título.

O profesorado que imparta os módulos de Lingua estranxeira profesional en centros públicos deberá cumprir calquera dos seguintes requisitos:

a) Posuír a especialidade do profesorado da lingua estranxeira en que se imparta o módulo de Lingua estranxeira profesional.

b) Ser profesorado con atribución docente no ciclo formativo que posúa a habilitación lingüística que corresponda ao nivel C1 do Marco común europeo de referencia para as linguas, de acordo coa normativa aplicable en Galicia.

No caso de que o profesorado encargado de impartir os módulos de Lingua estranxeira profesional non estea integrado nun Departamento de Linguas, será obrigatoria a súa adscrición ao departamento didáctico da familia profesional a que pertenza o ciclo formativo en que imparta o maior número de horas.

O profesorado que imparta os módulos de Lingua estranxeira profesional en centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa deberá cumprir os mesmos criterios que os fixados para a habilitación do profesorado que imparte no ensino secundario a lingua estranxeira correspondente, ou cumprir os requisitos para ser habilitado en calquera outro módulo profesional do ciclo formativo asociado, de ser o caso, a algunha unidade de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, e ademais posuír, para a lingua estranxeira que cumpra impartir, unha titulación ou certificación correspondente ao nivel C1 do Marco común europeo de referencia para as linguas.

En virtude do disposto no artigo 53.1 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, os módulos profesionais Lingua estranxeira profesional I e Lingua estranxeira profesional II poderanse validar con calquera outro módulo profesional dos ciclos formativos de grao medio ou superior que teña a mesma denominación.

Segundo o disposto no artigo 40.5 do Real decreto 1147/2011, establécese que os módulos profesionais Lingua estranxeira profesional I e II, sempre que se trate da mesma lingua, poderán ser obxecto de validación con módulos profesionais e con certificacións oficiais do Marco común europeo e titulacións universitarias, de nivel avanzado B2 ou superior, no caso de ciclos de grao superior, e de nivel intermedio B1 ou superior, no caso de ciclos de grao medio. En particular, terase en conta que será validada a formación correspondente aos módulos profesionais Lingua estranxeira profesional I e Lingua estranxeira profesional II incluídos nos ciclos formativos de grao medio e de grao superior recollidos no anexo I desta resolución, tendo en conta que:

a) Os módulos incluídos nos ciclos formativos de grao medio serán validados no caso de achegar formación correspondente a módulos profesionais de lingua estranxeira de ciclos formativos de grao medio ou de grao superior, establecidos tanto ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, como ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en calquera das súas denominacións, e sempre que sexa a mesma lingua que se desexe validar.

b) Os módulos incluídos nos ciclos formativos de grao superior serán validados no caso de achegar formación correspondente a módulos profesionais de lingua estranxeira de ciclos formativos de grao superior establecidos tanto ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, como ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en calquera das súas denominacións, e sempre que sexa a mesma lingua que se desexe validar.

c) No caso de achegar un título de licenciatura ou de grao, ou equivalentes, en Filoloxía ou en Tradución e Interpretación, sempre que estean referidos á mesma lingua que se desexe validar.

Aos módulos Lingua estranxeira profesional I e II resultaralles de aplicación o disposto na Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, para os módulos profesionais distintos dos de Formación en centros de traballo e Proxecto.

Disposición adicional primeira. Prazas vacantes do réxime ordinario ocupadas polo alumnado en réxime de persoas adultas

O alumnado matriculado polo réxime de persoas adultas nas prazas que resulten vacantes do réxime ordinario, segundo o establecido na disposición adicional quinta da Orde do 22 de xuño de 2023 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2023/24, cuxo anuncio foi publicado no Diario Oficial de Galicia mediante a Resolución do 14 de xuño de 2023, asistirá ás actividades lectivas coa organización establecida para o réxime ordinario. En todo caso, a matrícula parcial de módulos realizarase para o mesmo ciclo formativo e non poderá superar a carga lectiva anual de 1.000 horas. A avaliación realizarase polo réxime de persoas adultas e, para estes efectos, o profesorado do réxime ordinario incorporarase á Xunta de Avaliación correspondente de persoas adultas.

Disposición adicional segunda. Elección de horarios nos centros públicos con ensinanzas de formación profesional

1. Coa finalidade de determinar durante o mes de xullo as necesidades de profesorado no centro para o vindeiro curso, así como de que os centros dispoñan de máis tempo para a organización e a planificación do curso, e de que o profesorado coñeza con maior antelación os módulos profesionais ou, no caso dos ciclos de grao básico, os ámbitos que terá que impartir no vindeiro curso, os centros docentes realizarán, antes do día 14 de xullo de 2023, unha distribución provisional de módulos profesionais e/ou ámbitos e, de ser o caso, quendas para o curso 2023/24, de acordo cos criterios establecidos na lexislación vixente.

2. A Dirección do centro enviará, antes do día 19 de xullo de 2023, ao Servizo Territorial de Inspección Educativa unha síntese das necesidades de profesorado a partir da distribución provisional realizada. O dito servizo comprobará a súa adecuación á normativa vixente.

3. A partir do 1 de setembro de 2023, os centros docentes realizarán as actuacións referidas á elección de horarios que se establece na lexislación vixente e, se non houber ningunha xustificación motivada que o impida conforme a normativa de aplicación, confirmarán a distribución provisional de módulos profesionais e/ou ámbitos e, de ser o caso, quendas entre o persoal que forma parte dos departamentos.

Disposición transitoria primeira. Ordenación académica nos ciclos de grao básico da formación profesional básica

1. A carga horaria destas ensinanzas será a seguinte:

a) Para os ámbitos de Comunicación e ciencias sociais I e II, a establecida para os módulos profesionais Comunicación e sociedade I e II no Decreto 107/2014, do 4 de setembro.

b) Para os ámbitos de Ciencias aplicadas I e II, a establecida para os módulos profesionais Ciencias aplicadas I e II no Decreto 107/2014, do 4 de setembro.

c) Para o resto de módulos profesionais, incluíndo o módulo Formación en centros de traballo, a establecida no Decreto 107/2014, do 4 de setembro.

d) Para a titoría semanal, a establecida no Decreto 107/2014, do 4 de setembro.

2. A avaliación, segundo o caso, realizarase por módulos profesionais ou por ámbitos.

3. A titoría e a orientación educativa e profesional terán unha especial consideración, realizando un acompañamento socioeducativo personalizado.

4. O establecido no artigo 30 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro, relativo ás condicións que debe cumprir o profesorado para impartir os módulos profesionais Comunicación e sociedade I e II, e Ciencias aplicadas I e II, seralle de aplicación ao profesorado que imparte nos ámbitos de Comunicación e ciencias sociais I e II, e de Ciencias aplicadas I e II.

5. O establecido no artigo 31 do Decreto 107/2014, do 4 de setembro, relativo á adquisición das competencias lingüísticas contidas nos módulos profesionais Comunicación e sociedade I e II para o alumnado que presente dificultades na súa expresión oral, seralle de aplicación aos ámbitos de Comunicación e ciencias sociais I e II.

Disposición derradeira primeira. Difusión

1. A Dirección dos centros educativos que impartan estas ensinanzas arbitrará as medidas necesarias para que esta resolución sexa coñecida por todos os membros da comunidade educativa.

2. Os departamentos territoriais, a través dos servizos territoriais de Inspección Educativa e dos directores e das directoras dos centros educativos, garantirán o cumprimento do disposto nesta resolución e asesorarán sobre o seu contido.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2023

Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO I

Ciclos formativos e módulos profesionais de Lingua estranxeira profesional

Grao

Código do ciclo

Ciclo formativo

Código do módulo

Módulo profesional

Medio

MAFD02

Guía no Medio Natural e de Tempo Libre

MPI015

Lingua estranxeira profesional I

MPI016

Lingua estranxeira profesional II

MARG03

Postimpresión e Acabamentos Gráficos

MPI027

Lingua estranxeira profesional I

MPI028

Lingua estranxeira profesional II

MIEX01

Pedra Natural

MPI017

Lingua estranxeira profesional I

MPI018

Lingua estranxeira profesional II

MIEX02

Escavacións e Sondaxes

MPI021

Lingua estranxeira profesional I

MPI022

Lingua estranxeira profesional II

MMAM03

Procesamento e Transformación da Madeira

MPI013

Lingua estranxeira profesional I

MPI014

Lingua estranxeira profesional II

MTCP02

Calzado e Complementos de Moda

MPI011

Lingua estranxeira profesional I

MPI012

Lingua estranxeira profesional II

Superior

SAFD02

Acondicionamento Físico

MPI001

Lingua estranxeira profesional I

MPI002

Lingua estranxeira profesional II

SSEA04

Química e Saúde Ambiental

MPI009

Lingua estranxeira profesional I

MPI010

Lingua estranxeira profesional II

SELE05

Electromedicina Clínica

MPI023

Lingua estranxeira profesional I

MPI024

Lingua estranxeira profesional II

SSSC06

Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable

MPI025

Lingua estranxeira profesional I

MPI026

Lingua estranxeira profesional II

STCP03

Vestiario á Medida e de Espectáculos

MPI003

Lingua estranxeira profesional I

MPI004

Lingua estranxeira profesional II

STMV03

Mantemento Aeromecánico de Avións con Motor de Pistón

MPI019

Lingua estranxeira profesional I

MPI020

Lingua estranxeira profesional II

STMV04

Mantemento Aeromecánico de Avións con Motor de Turbina

MPI005

Lingua estranxeira profesional I

MPI006

Lingua estranxeira profesional II

ANEXO II

1. Deseño curricular nos ciclos formativos de grao medio.

Módulo profesional: Lingua estranxeira profesional I.

Nivel: primeiro curso dos ciclos de grao medio.

Duración: 53 horas.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

RA1. Recoñece información cotiá e a máis habitual do ámbito profesional do título contida en discursos orais claros e en lingua estándar, emitidos en lingua estranxeira.

– CA1.1. Identificouse a idea principal de mensaxes e de conversas.

– CA1.2. Recoñeceuse a finalidade da mensaxe directa, telefónica ou por outro medio auditivo.

– CA1.3. Extraéronse informacións específicas da mensaxe.

– CA1.4. Comprendéronse as instrucións orais que se poidan dar en procesos habituais de comunicación do seu ámbito profesional.

– CA1.5. Identificáronse os puntos de vista e as actitudes de quen fala.

– CA1.6. Identificáronse os usos culturais e sociolingüísticos que axudan na comprensión oral.

RA2. Interpreta información contida en textos claros e cotiáns escritos en lingua estranxeira relacionados co ámbito profesional do título.

– CA2.1. Comprendéronse textos do seu ámbito profesional e extraeuse a información máis relevante.

– CA2.2. Interpretouse o contido global da mensaxe.

– CA2.3. Interpretouse información específica recibida a través de diferentes soportes.

– CA2.4. Comprendéronse textos de distintos tipos, co apoio de materiais de consulta e dicionarios técnicos.

– CA2.5. Realizáronse traducións directas e inversas de textos sinxelos utilizando materiais de consulta e dicionarios técnicos.

– CA2.6. Identificáronse os usos culturais e sociolingüísticos que axudan na comprensión escrita.

RA3. Produce mensaxes orais sinxelas e participa en conversas habituais do ámbito profesional do título, tendo en conta o contido da situación.

– CA3.1. Expresouse con eficacia sobre unha serie de temas profesionais, marcando a relación entre as ideas.

– CA3.2. Realizáronse presentacións breves e preparadas sobre un tema da súa especialidade.

– CA3.3. Preparouse unha presentación persoal.

– CA3.4. Emitíronse mensaxes orais concretas para resolver situacións puntuais.

– CA3.5. Utilizouse correctamente a terminoloxía básica da profesión en producións orais.

– CA3.6. Describiuse o seu contorno profesional máis próximo co uso das estratexias de comunicación necesarias.

– CA3.7. Describiuse e secuenciouse de maneira xeral un proceso de traballo da súa competencia.

– CA3.8. Expúxose a aceptación ou o rexeitamento de propostas realizadas.

– CA3.9. Solicitouse a reformulación do discurso ou de parte del, cando se considerou que cumpría.

– CA3.10. Expresouse adoptando o nivel de formalidade adecuado.

– CA3.11. Respectáronse os usos culturais e sociolingüísticos que axudan na expresión oral.

RA4. Elabora e cobre documentos e informes sinxelos propios da vida cotiá, académica e do ámbito profesional do título, consonte modelos e formatos habituais na lingua estranxeira.

– CA4.1. Producíronse textos relacionados con aspectos profesionais e organizouse a información.

– CA4.2. Cubriuse documentación específica básica do seu campo profesional.

– CA4.3. Identificáronse os datos clave dun documento.

– CA4.4. Realizáronse resumos de textos sinxelos relacionados co seu contorno profesional.

– CA4.5. Utilizáronse a terminoloxía e o vocabulario elementais, específicos da profesión, en textos escritos.

– CA4.6. Utilizáronse as fórmulas de cortesía básicas, propias do documento que se vaia elaborar.

– CA4.7. Describíronse as funcións e as tarefas xerais do contorno laboral.

– CA4.8. Describiuse un proceso de traballo da súa competencia.

– CA4.9. Identificáronse o contido e a finalidade de documentos.

– CA4.10. Respectáronse os usos culturais e sociolingüísticos que axudan na expresión escrita.

Contidos básicos.

BC1. Recoñecemento da información cotiá e da máis habitual do ámbito profesional do título, contida en discursos orais claros e de lingua estándar, emitidos en lingua estranxeira.

– Idea principal de mensaxes e de conversas.

– Finalidade de mensaxes directas, telefónicas ou por outro medio auditivo.

– Informacións específicas da mensaxe.

– Instrucións orais en procesos habituais de comunicación do seu ámbito profesional.

– Puntos de vista e actitudes de quen fala.

– Usos culturais e sociolingüísticos na comprensión oral.

BC2. Interpretación da información contida en textos claros e cotiáns escritos en lingua estranxeira relacionados co ámbito profesional do título.

– Textos do ámbito profesional. Información máis relevante.

– Vocabulario básico do ámbito profesional.

– Contido global da mensaxe.

– Información específica recibida a través de diferentes soportes.

– Tipos de textos escritos.

– Tradución directa e inversa de textos sinxelos.

– Uso de dicionarios técnicos.

– Usos culturais e sociolingüísticos na comprensión escrita.

BC3. Produción de mensaxes orais sinxelas e participación en conversas habituais do ámbito profesional do título.

– Expresión eficaz sobre temas profesionais. Relación entre ideas.

– Presentacións breves e preparadas sobre un tema da súa especialidade.

– Presentación persoal.

– Emisión de mensaxes orais concretas para resolver situacións puntuais.

– Terminoloxía básica da profesión en producións orais.

– Descrición do contorno profesional máis próximo. Estratexias de comunicación.

– Descrición de maneira xeral dun proceso de traballo da súa competencia. Secuenciación.

– Aceptación ou rexeitamento de propostas.

– Solicitude da reformulación do discurso.

– Niveis de formalidade: adecuación.

– Usos culturais e sociolingüísticos na expresión oral.

BC4. Elaboración e formalización de documentos e informes sinxelos propios da vida cotiá, académica e do ámbito profesional do título.

– Produción de textos relacionados con aspectos profesionais. Organización da información.

– Formulación da documentación específica básica do campo profesional.

– Identificación dos datos clave dun documento.

– Resumos de textos sinxelos relacionados co seu contorno profesional.

– Vocabulario elemental específico da profesión. Terminoloxía.

– Fórmulas de cortesía básicas.

– Descrición das funcións e das tarefas xerais do contorno laboral.

– Descrición dun proceso de traballo da súa competencia.

– Documentación. Contido e finalidade.

– Usos culturais e sociolingüísticos na expresión escrita.

Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para acadar unha competencia comunicativa básica en lingua estranxeira, requirida para o desenvolvemento da actividade formativa do alumnado, para a súa inserción laboral e para o seu futuro exercicio profesional.

Para o desenvolvemento dunha competencia comunicativa básica, cómpre introducir o contexto profesional propio do perfil do título nas actividades de ensino e aprendizaxe.

A formación do módulo é de carácter transversal e, xa que logo, contribúe a acadar os obxectivos xerais do ciclo formativo e as competencias xerais do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten acadar os obxectivos do módulo están relacionadas con:

– Competencia comunicativa do alumnado como persoa usuaria independente da lingua estranxeira.

– Destrezas de comprensión e expresión na lingua estranxeira, tanto oralmente como por escrito, e destreza de interacción oral.

– Estratexias didácticas que incorporen o uso da lingua estranxeira en actividades propias do ámbito profesional do título.

– Vocabulario básico correspondente á terminoloxía do sector profesional.

– Contextos cultural e sociolingüístico da lingua estranxeira.

– Utilización das técnicas de comunicación para potenciar o traballo en equipo.

– Uso das tecnoloxías da información e da comunicación.

Módulo profesional: Lingua estranxeira profesional II.

Nivel: segundo curso dos ciclos de grao medio.

Duración: 53 horas.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

RA1. Interpreta información do ámbito profesional do título en conversas e textos orais claros, en lingua estranxeira, utilizando ferramentas de apoio.

– CA1.1. Identificáronse a idea principal e as secundarias en conversas e textos orais claros.

– CA1.2. Extraéronse informacións específicas de mensaxes.

– CA1.3. Comprendéronse mensaxes de saúdo, presentación e despedida, e identificáronse as pautas de cortesía asociadas.

– CA1.4. Extraéronse as ideas principais de conferencias, charlas e informes.

– CA1.5. Identificáronse e utilizáronse as ferramentas de apoio máis adecuadas para a interpretación e a tradución da lingua estranxeira.

– CA1.6. Interpretouse en textos orais información sobre os produtos e os servizos do ámbito profesional.

– CA1.7. Analizáronse os usos culturais e sociolingüísticos que axudan na comprensión oral.

RA2. Interpreta información profesional do ámbito do título en textos escritos e documentos claros, en lingua estranxeira, utilizando ferramentas de apoio, e analiza de xeito comprensivo os seus contidos.

– CA2.1. Identificáronse e utilizáronse as ferramentas de apoio máis adecuadas para a interpretación e a tradución da lingua estranxeira.

– CA2.2. Interpretouse en textos escritos información sobre os produtos e os servizos do ámbito profesional.

– CA2.3. Léronse e comprendéronse distintos tipos de textos.

– CA2.4. Identificouse o contido xeral de artigos, noticias e informes claros sobre temas profesionais.

– CA2.5. Analizouse información específica en mensaxes recibidas a través de diferentes soportes.

– CA2.6. Analizáronse os usos culturais e sociolingüísticos que axudan na comprensión escrita.

RA3. Produce mensaxes orais claras e mantén conversas sinxelas en lingua estranxeira, en situacións do ámbito profesional do título, analizando o contido de partida e adaptándose ao rexistro lingüístico do/da interlocutor/a.

– CA3.1. Expresouse con fluidez e eficacia sobre temas profesionais, marcando a relación entre as ideas.

– CA3.2. Utilizáronse os rexistros adecuados para a emisión da mensaxe.

– CA3.3. Utilizáronse mensaxes de saúdo, presentación e despedida.

– CA3.4. Aplicáronse fórmulas comunicativas habituais na lingua estranxeira na produción de textos orais.

– CA3.5. Utilizouse un vocabulario técnico básico, adecuado ao contexto da situación.

– CA3.6. Comunicouse espontaneamente utilizando correctamente estratexias de interacción e nexos básicos, e adoptando un nivel de formalidade adecuado ás circunstancias.

– CA3.7. Formuláronse preguntas para favorecer e confirmar a percepción xeral da mensaxe.

– CA3.8. Proporcionáronse respostas básicas aos requirimentos e ás instrucións recibidas.

– CA3.9. Transmitíronse mensaxes relativas ás eventualidades máis habituais do ámbito profesional.

– CA3.10. Atendéronse consultas telefónicas propias do ámbito profesional.

– CA3.11. Aplicáronse os usos culturais e sociolingüísticos na expresión oral.

RA4. Cobre documentos e redacta textos ben enlazados no ámbito profesional do título.

– CA4.1. Formalizáronse formularios, informes breves e outro tipo de documentos normalizados ou rutineiros.

– CA4.2. Redactáronse cartas, correos electrónicos, notas e informes sinxelos consonte as convencións apropiadas para estes textos.

– CA4.3. Resumíronse informacións de revistas, folletos e outras fontes, sobre asuntos relacionados co ámbito profesional.

– CA4.4. Aplicáronse fórmulas comunicativas habituais na lingua estranxeira na produción de textos escritos.

– CA4.5. Elaboráronse documentos propios da actividade profesional empregando o vocabulario e os signos de puntuación adecuados.

– CA4.6. Elaboráronse documentos das incidencias e reclamacións máis habituais.

– CA4.7. Redactouse a carta de presentación para unha oferta de emprego.

– CA4.8. Elaborouse un currículo no modelo europeo (Europass) ou outros propios dos países da lingua estranxeira.

– CA4.9. Aplicáronse os usos culturais e sociolingüísticos na expresión escrita.

Contidos básicos.

BC1. Interpretación de información do ámbito profesional do título en conversas e textos orais claros, en lingua estranxeira.

– Idea principal e ideas secundarias en conversas e textos orais claros.

– Informacións específicas de mensaxes.

– Mensaxes de saúdo, presentación e despedida. Pautas de cortesía asociadas.

– Conferencias, charlas e informes. Ideas principais.

– Interpretación e tradución da lingua estranxeira. Ferramentas de apoio.

– Información sobre os produtos e os servizos do ámbito profesional en textos orais: interpretación.

– Usos culturais e sociolingüísticos na comprensión oral.

BC2. Interpretación de información profesional do ámbito do título en textos escritos e documentos claros, en lingua estranxeira.

– Interpretación e tradución da lingua estranxeira: identificación e utilización das ferramentas de apoio.

– Información sobre os produtos e os servizos do ámbito profesional en textos escritos: interpretación.

– Tipos de textos escritos.

– Terminoloxía básica do ámbito profesional.

– Artigos, noticias e informes claros sobre temas profesionais: identificación de contidos xerais.

– Información específica en mensaxes recibidas a través de diferentes soportes.

– Usos culturais e sociolingüísticos na comprensión escrita.

BC3. Produción de mensaxes orais claras e mantemento de conversas sinxelas en lingua estranxeira, en situacións do ámbito profesional do título.

– Expresión fluída e eficaz sobre temas profesionais. Relación entre ideas.

– Rexistros adecuados para a emisión da mensaxe.

– Mensaxes de saúdo, presentación e despedida.

– Fórmulas comunicativas habituais na lingua estranxeira na produción de textos orais.

– Vocabulario técnico básico en producións orais.

– Estratexias de interacción e nexos básicos na comunicación espontánea. Niveis de formalidade.

– Preguntas para favorecer e confirmar a percepción xeral dunha mensaxe.

– Requirimentos e instrucións: respostas básicas.

– Mensaxes relativas ás eventualidades máis habituais do ámbito profesional.

– Consultas telefónicas propias do ámbito profesional.

– Usos culturais e sociolingüísticos na expresión oral.

BC4. Formalización de documentos e redacción de textos ben enlazados no ámbito profesional do título, en lingua estranxeira.

– Formularios, informes breves e outro tipo de documentos normalizados ou rutineiros. Formalización.

– Cartas, correos electrónicos, notas e informes sinxelos. Redacción. Convencións.

– Revistas, folletos e outras fontes. Resumo da información sobre asuntos do ámbito profesional.

– Fórmulas comunicativas habituais na produción de textos escritos.

– Documentos propios da actividade profesional: elaboración. Signos de puntuación.

– Incidencias e reclamacións máis habituais: elaboración de documentos.

– Carta de presentación para unha oferta de emprego.

– Currículo no modelo europeo (Europass) ou outros propios dos países da lingua estranxeira.

– Usos culturais e sociolingüísticos na expresión escrita.

Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para acadar unha competencia comunicativa básica en lingua estranxeira, requirida para o desenvolvemento da actividade formativa do alumnado, para a súa inserción laboral e para o seu futuro exercicio profesional.

Para o desenvolvemento dunha competencia comunicativa básica, cómpre introducir o contexto profesional propio do perfil do título nas actividades de ensino e aprendizaxe.

A formación do módulo é de carácter transversal e, xa que logo, contribúe a acadar os obxectivos xerais do ciclo formativo e as competencias xerais do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten acadar os obxectivos do módulo están relacionadas con:

– Competencia comunicativa do alumnado como persoa usuaria independente da lingua estranxeira.

– Destrezas de comprensión e expresión na lingua estranxeira, tanto oralmente como por escrito, e destreza de interacción oral.

– Estratexias didácticas que incorporen o uso da lingua estranxeira en actividades propias do ámbito profesional do título.

– Vocabulario básico correspondente á terminoloxía do sector profesional.

– Contextos cultural e sociolingüístico da lingua estranxeira.

– Utilización das técnicas de comunicación para potenciar o traballo en equipo.

– Uso das tecnoloxías da información e da comunicación.

2. Deseño curricular nos ciclos formativos de grao superior.

Módulo profesional: Lingua estranxeira profesional I.

Nivel: primeiro curso dos ciclos de grao superior.

Duración: 53 horas.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

RA1. Recoñece información específica do ámbito profesional do título, contida en discursos orais claros e extensos emitidos en lingua estranxeira, e interpreta con precisión o contido da mensaxe.

– CA1.1. Identificouse a idea principal de mensaxes e de conversas propias do ámbito profesional, sen necesidade de entender o discurso na súa totalidade.

– CA1.2. Recoñeceuse a finalidade da mensaxe directa, telefónica ou por outro medio auditivo.

– CA1.3. Extraéronse informacións específicas da mensaxe.

– CA1.4. Extraéronse as ideas principais de conferencias, charlas e outras formas de presentación académica e profesional.

– CA1.5. Comprendéronse as instrucións orais que se poidan dar en procesos de comunicación do seu ámbito profesional.

– CA1.6. Identificáronse os rexistros utilizados para a emisión da mensaxe.

– CA1.7. Identificáronse os usos pragmáticos específicos da lingua estranxeira, así como outros culturais e sociolingüísticos que axudan na comprensión oral.

RA2. Interpreta información contida en textos escritos complexos en lingua estranxeira relacionados co ámbito profesional do título, e analiza de xeito comprensivo os seus contidos.

– CA2.1. Comprendéronse textos específicos do seu ámbito profesional e extraeuse a información máis relevante.

– CA2.2. Interpretouse o contido global da mensaxe, na cal se utiliza a terminoloxía máis habitual.

– CA2.3. Interpretouse información específica en mensaxes técnicas recibidas a través de diferentes soportes.

– CA2.4. Léronse con independencia distintos tipos de textos, co apoio de materiais de consulta e dicionarios técnicos.

– CA2.5. Realizáronse traducións directas e inversas de textos específicos utilizando materiais de consulta e dicionarios técnicos.

– CA2.6. Identificáronse os usos pragmáticos específicos da lingua estranxeira, así como outros culturais e sociolingüísticos que axudan na comprensión escrita.

RA3. Produce mensaxes orais claras e ben estruturadas, e participa como axente activo/a en conversas do ámbito profesional do título, analizando o contido da situación e adaptándose ao rexistro lingüístico do/da interlocutor/a.

– CA3.1. Expresouse con fluidez, precisión e eficacia sobre unha ampla serie de temas profesionais, marcando con claridade a relación entre as ideas.

– CA3.2. Utilizáronse os rexistros adecuados para a emisión da mensaxe.

– CA3.3. Realizáronse de maneira clara presentacións breves e preparadas sobre un tema dentro da súa especialidade.

– CA3.4. Preparouse unha presentación persoal para unha entrevista de traballo.

– CA3.5. Emitíronse mensaxes orais precisas e concretas para resolver situacións puntuais.

– CA3.6. Utilizouse correctamente a terminoloxía da profesión en producións orais.

– CA3.7. Describiuse con fluidez o seu contorno profesional máis próximo co uso das estratexias de comunicación necesarias.

– CA3.8. Describíronse imprevistos relacionados coa profesión.

– CA3.9. Describiuse e secuenciouse un proceso de traballo da súa competencia.

– CA3.10. Xustificouse a aceptación ou o rexeitamento de propostas realizadas.

– CA3.11. Solicitouse a reformulación do discurso, ou de parte del, cando se considerou que cumpría.

– CA3.12. Respectáronse os usos pragmáticos específicos da lingua estranxeira, así como outros culturais e sociolingüísticos que axudan na expresión oral.

RA4. Elabora e cobre documentos de carácter técnico e informes propios do ámbito profesional do título, consonte modelos e formatos habituais na lingua estranxeira.

– CA4.1. Producíronse textos relacionados con aspectos profesionais e organizouse a información de xeito coherente e cohesionado.

– CA4.2. Cubriuse documentación específica do seu campo profesional.

– CA4.3. Realizáronse resumos de textos relacionados co seu contorno profesional.

– CA4.4. Utilizáronse correctamente a terminoloxía e o vocabulario específico da profesión, en textos escritos.

– CA4.5. Utilizáronse as fórmulas de cortesía en presentacións e despedidas propias do documento que se vaia elaborar.

– CA4.6. Describiuse e secuenciouse un proceso de traballo da súa competencia.

– CA4.7. Describíronse as competencias propias do contorno laboral.

– CA4.8. Elaborouse a resposta a unha solicitude de emprego a partir dunha oferta de traballo.

– CA4.9. Elaborouse un curriculum vitae.

– CA4.10. Respectáronse os usos pragmáticos específicos da lingua estranxeira, así como outros culturais e sociolingüísticos que axudan na expresión escrita.

Contidos básicos.

BC1. Interpretación de discursos orais claros e extensos, emitidos en lingua estranxeira, no ámbito profesional do título.

– Procesos de comunicación no seu ámbito profesional. Instrucións orais.

– Mensaxes orais e conversas propias do ámbito profesional. Idea principal. Finalidade. Informacións específicas. Rexistros.

– Presentacións académicas e profesionais. Conferencias. Charlas.

– Terminoloxía do ámbito profesional.

– Recursos lingüísticos para a interpretación de discursos orais extensos.

– Usos pragmáticos, culturais e sociolingüísticos específicos da lingua estranxeira, na comprensión oral.

BC2. Interpretación de mensaxes escritas complexas, emitidas en lingua estranxeira, no ámbito profesional do título.

– Textos específicos do ámbito profesional. Relevancia da información.

– Vocabulario específico do ámbito profesional.

– Lectura de textos con apoio de materiais de consulta e dicionarios técnicos.

– Tradución directa e inversa de textos específicos.

– Recursos lingüísticos para a interpretación de mensaxes escritas complexas.

– Usos pragmáticos, culturais e sociolingüísticos específicos da lingua estranxeira, na comprensión escrita.

BC3. Produción de mensaxes orais e participación en conversas, en lingua estranxeira, no ámbito profesional do título.

– Organización da información en textos orais.

– Rexistros na comunicación oral. Adecuación ao ámbito profesional.

– A entrevista de traballo e a presentación persoal, en lingua estranxeira.

– Terminoloxía do ámbito profesional.

– Estratexias de comunicación no ámbito profesional. Mantemento da fluidez da conversa.

– Recursos lingüísticos para a produción de mensaxes orais e para a participación en conversas.

– Usos pragmáticos, culturais e sociolingüísticos específicos da lingua estranxeira, na expresión oral.

BC4. Elaboración e formalización de documentos escritos en lingua estranxeira, no ámbito profesional do título.

– Organización da información en textos escritos.

– Resumo e formalización de documentación. Documentos de carácter técnico e laboral.

– Vocabulario específico do ámbito profesional.

– Elaboración de respostas a ofertas de traballo e de solicitudes de emprego.

– Elaboración do curriculum vitae.

– Recursos lingüísticos para a elaboración e a formalización de documentos escritos.

– Usos pragmáticos, culturais e sociolingüísticos específicos da lingua estranxeira, na expresión escrita.

Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para acadar unha competencia comunicativa eficaz en lingua estranxeira, requirida para o desenvolvemento da actividade formativa do alumnado, para a súa inserción laboral e para o seu futuro exercicio profesional.

Para o desenvolvemento dunha competencia comunicativa eficaz, cómpre introducir o contexto profesional propio do perfil do título nas actividades de ensino e aprendizaxe.

A formación do módulo é de carácter transversal e, xa que logo, contribúe a acadar os obxectivos xerais do ciclo formativo e as competencias xerais do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten acadar os obxectivos do módulo están relacionadas con:

– Desenvolvemento das destrezas de comprensión e expresión na lingua estranxeira, tanto oralmente como por escrito, para o ámbito profesional do título.

– Competencia comunicativa do alumnado como persoa usuaria independente da lingua estranxeira, no ámbito profesional do ciclo formativo.

– Estratexias didácticas que incorporen o uso da lingua estranxeira en actividades propias do ámbito profesional do título.

– Vocabulario específico correspondente á terminoloxía do sector profesional.

– Contextos cultural e sociolingüístico, e uso pragmático da lingua estranxeira.

– Utilización das técnicas de comunicación para potenciar o traballo en equipo.

– Uso das tecnoloxías da información e da comunicación.

Módulo profesional: Lingua estranxeira profesional II.

Nivel: segundo curso dos ciclos de grao superior.

Duración: 53 horas.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

RA1. Interpreta información do ámbito profesional do título en textos orais e conversas complexas, en lingua estranxeira, utilizando ferramentas de apoio.

– CA1.1. Identificáronse a idea principal e as secundarias de textos orais e de conversas propios do ámbito profesional.

– CA1.2. Extraéronse informacións específicas de mensaxes complexas.

– CA1.3. Comprendéronse mensaxes de saúdo, presentación e despedida, e identificáronse as pautas de cortesía asociadas.

– CA1.4. Identificáronse e utilizáronse as ferramentas de apoio máis adecuadas para a interpretación e a tradución da lingua estranxeira.

– CA1.5. Interpretouse en textos orais información sobre os produtos e os servizos do ámbito profesional.

– CA1.6. Analizáronse os usos pragmáticos específicos da lingua estranxeira, así como outros culturais e sociolingüísticos que axudan na comprensión oral.

RA2. Interpreta información profesional do ámbito do título en textos escritos e documentos, en lingua estranxeira, utilizando ferramentas de apoio.

– CA2.1. Identificáronse e utilizáronse as ferramentas de apoio máis adecuadas para a interpretación e a tradución da lingua estranxeira.

– CA2.2. Interpretouse en textos escritos información sobre os produtos e os servizos do ámbito profesional.

– CA2.3. Interpretáronse estatísticas e gráficos en lingua estranxeira sobre o ámbito profesional.

– CA2.4. Léronse e comprendéronse, cun alto grao de independencia, distintos tipos de textos.

– CA2.5. Identificouse o contido de artigos, noticias e informes sobre temas profesionais.

– CA2.6. Analizouse información específica en mensaxes técnicas recibidas a través de diferentes soportes.

– CA2.7. Analizáronse os usos pragmáticos específicos da lingua estranxeira, así como outros culturais e sociolingüísticos que axudan na comprensión escrita.

RA3. Produce mensaxes orais e mantén conversas en lingua estranxeira, en situacións habituais do ámbito profesional do título.

– CA3.1. Expresouse con fluidez sobre temas profesionais, marcando con claridade a relación entre as ideas.

– CA3.2. Utilizáronse mensaxes de saúdo, presentación e despedida, consonte as pautas de cortesía asociadas.

– CA3.3. Aplicáronse fórmulas comunicativas habituais na lingua estranxeira na produción de textos orais.

– CA3.4. Utilizouse un vocabulario técnico adecuado ao contexto da situación.

– CA3.5. Comunicouse espontaneamente utilizando correctamente nexos e estratexias de interacción, e adoptando un nivel de formalidade adecuado ás circunstancias.

– CA3.6. Formuláronse as preguntas necesarias para favorecer e confirmar a percepción correcta da mensaxe.

– CA3.7. Proporcionáronse as respostas correctas aos requirimentos e ás instrucións recibidas.

– CA3.8. Transmitíronse con fluidez mensaxes relativas a calquera eventualidade.

– CA3.9. Atendéronse consultas telefónicas propias do ámbito profesional.

– CA3.10. Aplicáronse os usos pragmáticos específicos da lingua estranxeira, así como outros culturais e sociolingüísticos na expresión oral.

RA4. Redacta e cobre documentos de carácter profesional no ámbito do título, coa cohesión e a coherencia requiridas para unha comunicación eficaz.

– CA4.1. Formalizáronse con corrección e empregando a terminoloxía específica formularios, informes breves e outro tipo de documentos normalizados ou rutineiros.

– CA4.2. Redactáronse cartas, correos electrónicos, notas e informes consonte as convencións apropiadas para estes textos.

– CA4.3. Resumíronse informacións de revistas, folletos e outras fontes, sobre asuntos relacionados co ámbito profesional.

– CA4.4. Aplicáronse fórmulas comunicativas habituais na lingua estranxeira na produción de textos escritos.

– CA4.5. Elaboráronse documentos propios da actividade profesional cunha estrutura coherente e con cohesión, empregando o vocabulario e os signos de puntuación adecuados.

– CA4.6. Elaboráronse documentos de incidencias, reclamacións e outras eventualidades.

– CA4.7. Redactouse a carta de presentación para unha oferta de emprego.

– CA4.8. Elaborouse un curriculum vitae no modelo europeo (Europass) ou outros propios dos países da lingua estranxeira.

– CA4.9. Aplicáronse os usos pragmáticos específicos da lingua estranxeira, así como outros culturais e sociolingüísticos na expresión escrita.

Contidos básicos.

BC1. Interpretación de información do ámbito profesional do título en textos orais e conversas complexos, en lingua estranxeira.

– Textos orais e conversas propios do ámbito profesional. Idea principal e ideas secundarias. Finalidade. Informacións específicas. Rexistros.

– Comprensión de mensaxes complexas propias do ámbito profesional.

– Mensaxes de saúdo e de despedida. Formas de presentación lingüisticamente complexas. Pautas de cortesía asociadas.

– Ferramentas de apoio para a interpretación da lingua estranxeira.

– Recursos lingüísticos para a tradución da lingua estranxeira.

– Interpretación de información sobre produtos e servizos do ámbito profesional.

– Terminoloxía do ámbito profesional.

– Análise pragmática, cultural e sociolingüística da lingua estranxeira, na comprensión oral.

BC2. Interpretación de escritos e documentos en lingua estranxeira, no ámbito profesional do título.

– Textos específicos do ámbito profesional. Servizos e produtos do ámbito.

– Comprensión independente de diferentes tipos de textos.

– Interpretación de gráficos e estatísticas.

– Lectura de textos con apoio de materiais de consulta e dicionarios técnicos.

– Información específica en mensaxes técnicas.

– Recursos lingüísticos para a interpretación de mensaxes escritas complexas.

– Análise pragmática, cultural e sociolingüística da lingua estranxeira, na comprensión escrita.

BC3. Produción de mensaxes orais e participación en conversas en lingua estranxeira, en situacións habituais do ámbito profesional do título.

– Estratexias comunicativas para unha expresión fluída sobre temas profesionais. Relación entre as ideas e mantemento da claridade no discurso oral.

– Mensaxes de saúdo, presentación e despedida. Produción consonte as pautas de cortesía asociadas.

– Fórmulas comunicativas habituais na lingua estranxeira na produción de textos orais.

– Vocabulario técnico adecuado ao contexto da situación.

– Estratexias de interacción en conversas habituais do ámbito profesional. Uso correcto de nexos. Nivel de formalidade adecuado ás circunstancias.

– Preguntas necesarias para favorecer e confirmar a percepción correcta dunha mensaxe. Respostas correctas aos requirimentos e ás instrucións recibidas.

– Fluidez na transmisión de mensaxes relativas a calquera eventualidade.

– Consultas telefónicas propias do ámbito profesional.

– Aplicación de usos pragmáticos, culturais e sociolingüísticos específicos da lingua estranxeira, na expresión oral.

BC4. Redacción e formalización de documentos de carácter profesional en lingua estranxeira, no ámbito profesional do título.

– Formalización de formularios, informes breves e outros documentos normalizados ou rutineiros.

– Redacción de cartas, correos electrónicos, notas e informes.

– Estrutura coherente e recursos cohesivos.

– Vocabulario específico do ámbito profesional.

– Elaboración de documentos de incidencias, reclamacións e outras eventualidades.

– Redacción de cartas de presentación para ofertas de emprego.

– Elaboración do curriculum vitae.

– Aplicación de usos pragmáticos, culturais e sociolingüísticos específicos da lingua estranxeira, na expresión escrita.

Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para acadar unha competencia comunicativa eficaz en lingua estranxeira, requirida para o desenvolvemento da actividade formativa do alumnado, para a súa inserción laboral e para o seu futuro exercicio profesional.

Para o desenvolvemento dunha competencia comunicativa eficaz, cómpre introducir o contexto profesional propio do perfil do título nas actividades de ensino e aprendizaxe.

A formación do módulo é de carácter transversal e, xa que logo, contribúe a acadar os obxectivos xerais do ciclo formativo e as competencias xerais do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten acadar os obxectivos do módulo están relacionadas con:

– Desenvolvemento das destrezas de comprensión e expresión na lingua estranxeira, tanto oralmente como por escrito, para o ámbito profesional do título.

– Competencia comunicativa do alumnado como persoa usuaria independente da lingua estranxeira, no ámbito profesional do ciclo formativo.

– Estratexias didácticas que incorporen o uso da lingua estranxeira en actividades propias do ámbito profesional do título.

– Vocabulario específico correspondente á terminoloxía do sector profesional.

– Contextos cultural e sociolingüístico, e uso pragmático da lingua estranxeira.

– Utilización das técnicas de comunicación para potenciar o traballo en equipo.

– Uso das tecnoloxías da información e da comunicación.