DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2023 Páx. 44323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2023/108-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: 80762 traslado CT 6542 Residencia 1-68086 Serra Gañidoira 1 Residencia de Maiores, liña subterránea de media tensión y centro de transformación.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

• LMT soterrada a 20 kV Gapsa 1, con orixe nunha cela do CT 135 Serra de Outes, entra e sae no CT proxectado Residencia de Mayores Serra Gañidoira e remata nunha cela do CT 8575 Pintor Pácios, cunha lonxitude de 24 metros en condutor HEPRZ1-95 mm proxectados e o resto condutor existente tipo RHZ1-95 mm.

• CT en edificio prefabricado Residencia de Maiores Serra Gañidoira, no cal se instalan dúas celas de liña, dúas de protección e unha de interruptor automático para CT particular (expediente 190-2023 AT), cunha potencia proxectada de 2 × 630 kVAS e unha potencia inicial de 250 kVAS máis 400 kVAS, relación de transformación 20.000/400-230 V.

– Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

– Orzamento: 84.830,85 euros.

– Documentación que se xunta:

- Separata para o Concello de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de junio, polo que se establece a estructura orgánica da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 7 de xullo de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo