Na Resolución da Alcaldía 2023-0524, do 25 de maio, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura de dúas prazas de oficiais de servizos varios, por promoción interna.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao de publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases publicáronse no taboleiro de anuncios do Concello do Rosal e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 116, do 16 de xuño de 2023.
O Rosal, 16 de xuño de 2023
Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa en funcións