DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44121

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle na rúa Soneira número 2 de Iñás (expediente 2022/PLANEAM/000001-FG 688).

Mediante Resolución da Alcaldía número 2023003593, do 10 de xullo de 2023, acordouse aprobar inicialmente o estudo detalle rúa Soneira número 2, parcela EX 6.2 do Plan parcial I-33-R Iñás (documento R.E. núm. 2023012386 do 27.6.2023).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.30 horas, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 12 de xullo de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente