DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2023 Páx. 44010

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2023 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio da fase de oposición (cuestionario tipo test) do proceso selectivo para cubrir catro prazas da categoría profesional técnico/a superior de investigación (APL), grupo I, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 8 de novembro de 2022 (DOG do 22 de novembro de 2022 e BOE do 27 de marzo de 2023), convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional técnico/a superior de investigación (APL), grupo I, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de maio de 2023 (DOG do 16 de maio), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición (cuestionario tipo test), o día 23 de outubro de 2023, ás 10.00 horas, na aula 2.14 da Facultade de Química da USC (avenida das Ciencias, s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo citado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela