DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2023 Páx. 43854

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos identificativos do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas e lles concede un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000 €, segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

Ademais, advírteselles que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de se producir, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que poderán acceder ao expediente completo nas oficinas municipais do Concello de Cenlle.

Nº de expediente

Nome/DNI/CIF

Referencia catastral

95/2023

Sergio González Baca

32026A014002170000TM

96/2023

María del Carmen Vázquez Gómez

32026A014007580001YY

98/2023

Eusebio García Bello

5180403NG7858S0001DS

112/2023

Arturo Mosquera Deza

4981703NG7848S0001XI

116/2023

Hros. Teresa Fernández Diéguez

32026A014005950000TG

117/2023

Hros. Manuel Castro Fernández

32026A014005940000TY

120/2023

Mercedes Alberte Pousa

32026A014005800000TX

123/2023

Hros. Manuel Fernández Lorenzo

32026A015000420001YF

142/2023

Obdulia López López

32026A013002660000TG

135/2023

José Miguel Fernández Rivas

32026A013001780000TM

Cenlle, 22 de xuño de 2023

Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa