Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2023/168-1).

Expediente: IN407A 2023/168-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT lugar de Vilar de Costoia.

Concello: Oza-Cesuras.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña BEG-707 autorizado no expediente 52.564, de 258,3 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios nº D23-A-28 (matrícula: APN8BXNC) metálico tipo AM-ANC-CH-1000/11-CR-CAIII, de entroncamento da derivada ao CT Calzada (matrícula: 15AEE0) e nº D23-A-30 (matrícula: APPRUQJK) de formigón tipo AM-FL-HV-CR1-CAIII, en que está instalado o CT Porzomillos (matrícula: 15A770), consistente en:

– Instalación baixo a traza da liña BEG-707, entre o apoio nº D23-A-28 e o apoio nº D23-A-29 (matrícula: APOCHJ8P) metálico tipo AM-ANC-CH-1000/15-CR1-CAIII, na parcela con referencia catastral 15064A506004820000SU, dun novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CA(CS), no cal se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente), nos novos vans da liña BEG-707 formados polos apoios nº D23-A-28 e o novo apoio proxectado e este e o apoio nº D23-A-29, de 93,2 e 84,7 metros de lonxitude, respectivamente.

Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), que se vai instalar na parcela con referencia catastral 15064A506005980000SD.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 1.125 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se vai instalar no novo apoio metálico proxectado e remate en cela de liña do CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Porzomillos (expediente: 27.066/matrícula: 15A770), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación de dous (2) circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS), de 185 e 218 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente que se vai realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoio de formigón tipo HV-630/9 existente e en novo apoio de formigón tipo HV-630/9 proxectado, a desmontaxe de 123 metros de rede aérea de baixa tensión en condutores tipo RZ 2(1×25 mm2 Al) e RZ 3(1×25/54,6 mm2 Al/Alm) e o tendido de 182 metros de lonxitude de nova rede aérea de baixa tensión en condutores tipo RZ 3(1×95/54,6 mm2 Al/Alm) e RZ 3(1×150/80 mm2 Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 23 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: LMT, CT e RBT lugar de Vilar de Costoia.

Concello: Oza-Cesuras

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT
e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Herdeiros de Consuelo Medín Barral

15064A506004820000SU. Polígono 506, parcela 482

Borreiros

Novo apoio proxectado

(PA/S+ITC)

4,78

1,52

4,56

Rústico. Agrario

2

José Manuel Doval Alonso

15064A506005980000SD. Polígono 506, parcela 598

Mamotes

CT e acceso

19,54

Rústico. Agrario