Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 23 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2021/260-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada CT, LMT e RBT lugar O Pumariño, número 9, no concello de Coristanco (expediente IN407A 2021/260-1), por Resolución desta xefatura territorial, do 9 de maio de 2023, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 23 de agosto de 2023 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporá xunto con este acordo no taboleiro de edictos do Concello de Coristanco, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 26 de setembro de 2023, no BOP do 14 de setembro e no xornal La Voz de Galicia do 17 de setembro, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual e se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da Casa Consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 23 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña