Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2022/133-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no cadro anexo a resolución desta xefatura territorial, do 30 de maio de 2023, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada regulamentación LAMT MEA811 As Ribeiras do Sor 11 entre os apoios BDJND5FB//90-2 e BE2BTADB//90-10, no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2022/133-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 70), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da dita resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes que se contará a partir da notificación da resolución, ou interpor calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 3 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/133-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LAMT MEA811 As Ribeiras do Sor 11 entre os apoios BDJND5FB//90-2 e BE2BTADB//90-10.

Concello: Ortigueira.

Predio

Pol.

Parc.

Lugar

Titularidade proposta

1

25

313

Veiga

Sergio Cambia Pérez

2

25

1061

Rego Vello

Faustino Fernández Vázquez e fillos