Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CTI e RBT Pexegueiros, no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2022/44-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 3 de xullo de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/44-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CTI e RBT Pexegueiros.
Concello: Oza-Cesuras.
Predio |
Lugar |
Pol. |
Parc. |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
2 |
Agra Pelada |
504 |
24 |
José Sánchez Sánchez e María Josefa Suárez Varela |
12.6.2023 |