Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2023 Páx. 43555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, sobre os acordos de emprazamento nos procedementos ordinarios 4130/2023 e 4131/2023 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, dos recursos contencioso-administrativos interpostos pola Unión da Propiedade para a Defensa das Fragas do Eume e pola Asociación Parque Natural do Eume: Natureza e Desenvolvemento, respectivamente, contra o Decreto 21/2023, do 2 de marzo, polo que se modifica o Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume.

En cumprimento da Resolución do 6 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, emprázanse cantos aparezan como interesados nos recursos contencioso-administrativos interpostos pola Unión da Propiedade para a Defensa das Fragas do Eume e pola Asociación Parque Natural do Eume: Natureza e Desenvolvemento contra o Decreto 21/2023, do 2 de marzo, polo que se modifica o Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume, para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de nove días, nos procedementos ordinarios 4130/2023 e 4131/2023, nos cales recorren as ditas asociacións contra o Decreto 21/2023, do 2 de marzo.

O anterior faise público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural