Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2023 Páx. 43354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Dumbría (expediente IN407A 2023/160-1).

Expediente: IN407A 2023/160-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CT e RBT Ézaro.

Situación: concello de Dumbría.

Características técnicas:

– Desconexión e desmontaxe (desmantelamento) do CT non prefabricado de obra civil Ézaro (expediente 2.861/matrícula: 15XB62), de 630 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, instalado na parcela con referencia catastral 9411704MH8591S0001YM, que será substituído, na mesma localización, por un novo CT prefabricado de formigón, que chamaremos CT-1, compacto de manobra exterior, de 630 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, con cadro de baixa tensión con catro (4) saídas e equipamento de telecontrol e telexestión. O novo CT alimentarase mediante a LMTS existente, que está a alimentar actualmente o CT Ézaro para desmantelar, mantendo a súa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) instalado no apoio nº 36 da LMT POT-804, e rematará en cela de liña do novo CT proxectado.

– Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, que chamaremos CT-2, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 9807201MH8590N0000DB.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 524 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), coa orixe en cela de liña do novo CT-1 que substituirá o CT Ézaro e remate en cela de liña do novo CT-2 tipo rural proxectado.

– Reordenación e reforzo da rede de baixa tensión (RDBT) existente, mediante a instalación dun (1) circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS) de 366 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT-1 proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente para realizar no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-400/9 existente, a instalación de dous (2) circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 2 x 17 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT-2 proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente para realizar no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-630/11 existente e a instalación de 215 metros de condutor tipo RZ 3(1×95/54,6 mm2 Al/Alm) en substitución do condutor existente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta co presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 22 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: LMT, CT e RBT Ézaro.

Situación: concello de Dumbría.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Juan Manuel Leis Mayán

9807201MH8590N0000DB

Lugar do Ézaro

CT e acceso

52,52

Rústico. Agrario.