Expediente: IN407A 2023/167-1.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CT e RBT Casal.
Situación: concello de Paderne.
Características técnicas:
Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PED-711 autorizado no expediente 35.029, de 203,7 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre o apoio nº 98 (matrícula: AT12LPPD) metálico de celosía tipo AM-ANG-C-4500/14-CR-CD e o apoio nº 100 (matrícula: AT4USQMP) metálico de celosía tipo AM-ANG-C-CR, consistente en:
– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15065B501000360000PT, sita no lugar do Casal, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 98, do apoio nº 99 (matrícula: AT3P6AW9) de formigón tipo AM-AL-HV-400/14-CR, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CA(CS), no cal se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.
– Substitución do condutor tipo LA-56 (condutor existente) por novo condutor tipo LA-56, no van de 60,7 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 99 proxectado e o apoio nº 100 existente.
– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente), no van de 160 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 98 e o novo apoio nº 99 proxectado.
– Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (dúas de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 15065A503000290000HX, sita no lugar do Casal.
– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 718 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) para instalar no novo apoio nº 99 proxectado e remate en cela de liña do CT proxectado.
– Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Piñeiro (expediente 35.029/matrícula: 15A408), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación dun (1) novo circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS) de 100 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente para realizar no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-630/11 existente e a substitución, na rede aérea de baixa tensión (RBTA), de 205 metros de condutor existente tendido entre dous apoios de formigón tipo HV-630/11 por novo condutor tipo RZ 3(1×150/80 mm2 Al/Alm).
Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta co presente acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A Coruña, 22 de xuño de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Denominación: LMT, CT e RBT Casal.
Situación: concello de Paderne.
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT soterrada (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
CT/nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
Descoñecido |
15065B501000360000PT, polígono 501, parcela 36 |
Lugar do Casal |
Novo apoio nº 99 (PA/S ITC) |
2 |
4 |
13 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |
2 |
Descoñecido |
15065A503000290000HX, polígono 503, parcela 29 |
Lugar do Casal |
CT |
14,96 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |