Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2023 Páx. 43120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da notificación ao titular da referencia catastral que se relaciona a seguir, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento adminitrativo común das administracións públicas (LPAC) procede notificar, mediante o anuncio no BOE e no DOG, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, na superficie de cualificada como franxa secundaria, e dun mes na zona cualificada como zona urbana, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e á retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e modificacións posteriores.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición do interesado nas dependencias do Concello de Vimianzo.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Propietario catastral

2022/G003/000909

15093B510004500000JX

Pardo Fernández, José Antonio

Vimianzo, 21 de xuño de 2023

Mónica Rodríguez Ordóñez
Alcaldesa