Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2023 Páx. 43119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC) procede notificar, mediante o anuncio no BOE e no DOG, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e á retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e modificacións posteriores.

Ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición da interesada nas dependencias do Concello de Vimianzo.

Núm. de expediente

Referencia catastral

Propietria catastral

2023/G003/000753

15093B510004500000JX

López Castiñeira, Manuela

Vimianzo, 21 de xuño de 2023

Mónica Rodríguez Ordóñez
Alcaldesa