Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2023 Páx. 43003

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2023, conxunta da Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso de acceso a prazas vinculadas de corpos docentes universitarios.

En virtude do disposto na disposición transitoria décima primeira da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (en diante, LOSU), e de conformidade co disposto no artigo 70 desta mesma lei; nos reais decretos 1312/2007, modificado polo Real decreto 415/2015, do 29 de maio, e 1313/2007, do 5 de outubro, que regulan, respectivamente, a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos correspondentes concursos de acceso; no Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, polo que se establecen as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias; no Concerto asinado o 20 de abril de 2001 (DOG do 29 de xuño) entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) (en diante, Concerto) para a utilización das institucións sanitarias na investigación e docencia universitarias; nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (en diante, estatutos da USC), aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e no Regulamento para a selección de profesorado con vinculación permanente (en diante, Regulamento), aprobado polo Acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela do 27 de setembro de 2019.

En cumprimento dos acordos do Consello de Goberno desta universidade, do 29 de xuño de 2023, e da Comisión mixta Universidade de Santiago-Sergas, do 12 de xuño de 2023, e en execución das ofertas de emprego público do persoal docente e investigador da USC correspondentes aos anos 2021 e 2022, publicadas no DOG do 21 de xuño de 2021 e do 31 de maio de 2022, respectivamente, esta reitoría, no exercicio das competencias atribuídas polos artigos 50 da LOSU e 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, e de acordo co establecido na norma novena do Concerto, resolve convocar, conxuntamente co Servizo Galego de Saúde, os concursos de acceso a tres prazas dos corpos docentes universitarios vinculadas con institucións sanitarias, unha delas correspondente á oferta de emprego público de 2021 e dúas á oferta de emprego público de 2022, que se relacionan no anexo I desta resolución, con suxeición ás seguintes bases:

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Estes concursos rexeranse polo disposto na LOSU e no Real decreto 1312/2007, modificado polo Real decreto 415/2015, do 29 de maio, e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, que regulan, respectivamente, a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos correspondentes concursos de acceso. Ademais, regularanse polo disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP); na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP); no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social; nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela; no Regulamento; nas bases desta convocatoria e, con carácter supletorio, polo previsto na lexislación xeral de funcionarios civís do Estado.

1.2. O réxime xurídico destas prazas será o establecido no Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, polo que se establecen as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias, e no Concerto asinado o 20 de abril de 2001 (DOG do 29 de xuño) entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) para a utilización das institucións sanitarias na investigación e a docencia universitarias.

1.3. As prazas dos corpos docentes universitarios convocadas quedan vinculadas á institución sanitaria e a categoría asistencial básica nos termos que se especifican no anexo I.

1.4. Cando os prazos a que se fai referencia nesta convocatoria se expresen en días, entenderase que estes son hábiles e excluiranse do cómputo os sábados e domingos e os declarados festivos, de acordo co disposto no artigo 30 da LPACAP. Considéranse festivos para estes efectos os festivos locais tanto de Santiago de Compostela como de Lugo e ampliarase en calquera caso en ambos os dous campus o prazo establecido por un número de días igual ao dos festivos existentes.

1.5. Esta convocatoria comprende o concurso independente de cada unha das prazas convocadas.

1.6. O mes de agosto será inhábil para a publicación de convocatorias, presentación de solicitudes, publicación de listaxes e para a reunión das comisións de selección.

1.7. O prazo máximo para a resolución do concurso será de 4 meses contados a partir da data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. Para participaren nestas probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

2.1.1. Requisitos xerais.

a) Posuír a nacionalidade Española o a dalgún Estado membro da Unión Europea ou país estranxeiro que, conforme o disposto no artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e no artigo 88 da LOSU, permita o acceso ao emprego público.

b) Cumprir os requisitos mínimos e máximos de idade legalmente establecidos para o acceso á Administración pública.

c) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

d) Non ter sido despedido ou separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional a que pertencía.

No caso de nacionais doutros Estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

e) Non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por tráfico de seres humanos.

f) Acreditar, unha vez nomeados/as funcionarios/as, un nivel de coñecemento das dúas linguas oficiais na Universidade de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido na lexislación vixente.

g) Aboar as taxas previstas na base 3.5.

2.1.2. Requisitos específicos.

a) Estar en posesión do título de doutor/a.

b) Estar en posesión do título oficial de especialista que corresponda á praza das recollidas no anexo I.

c) Dispoñer da acreditación pertinente para o corpo de que se trate, conforme o establecido no Real decreto 1312/2007; cumprir os requisitos establecidos no artigo 4 do Real decreto 1313/2007. No caso de ser funcionario/a do mesmo corpo, non estar incurso na prohibición do punto 4 do artigo 9 deste real decreto.

As persoas acreditadas que sexan nacionais doutros Estados non membros da Unión Europea poderán tomar parte nos concursos de acceso e, de ser o caso, acceder á función pública cando o Estado da súa nacionalidade recoñeza aptitude legal aos/ás españois/españolas para ocupar na docencia universitaria posicións análogas á dos/das funcionarios/as docentes na universidade española.

2.2. A posesión de todos os requisitos estará referida sempre á data de expiración do prazo de presentación de solicitudes de participación e deberase manter ao longo de todo o proceso selectivo, agás no caso do sinalado no número 2.1.1.f), que as persoas candidatas propostas poderán acreditar nos termos establecidos no número 9.1.e) desta convocatoria.

3. Solicitudes.

3.1. As persoas que desexen participar nesta convocatoria deberán formalizar a súa solicitude, xunto coa da documentación correspondente, unicamente por medios electrónicos, a través da aplicación de probas selectivas do PDI á cal se pode acceder a través da seguinte ligazón (en diante, aplicación de concursos) na sede electrónica da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/126/ver.htm). Para realizaren a inscrición as persoas interesadas deberán empregar os medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/informacion/aspectosTecnicos.htm).

No caso de que as persoas aspirantes desexen participar en máis dun concurso, deberán cubrir na aplicación de concursos unha solicitude para cada un deles. Neste suposto, o sistema ofrecerá a posibilidade de executar un duplicado da solicitude presentada neste aplicativo nun anterior concurso. A persoa aspirante deberá comprobar nesta nova solicitude a incorporación efectiva dos datos e méritos que se pretenden duplicar e alegar. A documentación acreditativa, en formato pdf, deberá engadirse unicamente no suposto de conter información distinta e/ou actualizada da achegada na solicitude de orixe.

A non presentación da solicitude a través dos procedementos e formularios descritos neste punto será causa de exclusión e non poderá repararse no prazo establecido na base 5.2 desta convocatoria.

Será requisito imprescindible para participaren en calquera das prazas a concurso que as persoas aspirantes, no acto de presentación, fagan entrega á persoa que ocupe a Presidencia da Comisión, en soporte dixital con forma de lapis de memoria USB, dunha copia do seu curriculum vitae e do proxecto de actividades docentes e do proxecto investigador. No mesmo acto deberá entregarse, así mesmo, a documentación acreditativa dos méritos alegados, que poderá presentarse en soporte dixital ou ben en papel.

3.2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia presentada.

A inexactitude, falsidade ou omisión de carácter esencial de calquera dato ou información na declaración, así como a non presentación da documentación cando lle sexa requirida, determinará a non selección ou a non formalización do nomeamento, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedan.

3.3. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, aquelas persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver o procedemento selectivo.

Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición e motivalo.

3.4. As solicitudes deberán presentarse no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

3.5. Dereitos de exame.

As persoas aspirantes deberán aboar á USC, por cada concurso en que soliciten participar, a cantidade de 44,17 euros en concepto de dereitos de exame. Estarán exentas do pagamento da totalidade da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa por dereitos de exame as persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral e as que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data de publicación desta convocatoria, e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Todas as circunstancias que supoñan unha bonificación total ou parcial das taxas por dereitos de exame deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, incorporando na epígrafe que corresponda da aplicación de concursos a copia en pdf da cualificación do grao de discapacidade ou do carné de familia numerosa, segundo corresponda. As relativas á condición de demandante de emprego, así como o feito de non percibir prestación ou subsidio por desemprego, deberanse acreditar mediante o correspondente pdf dos certificados expedidos polo Servizo Público de Emprego e incorporalos na epígrafe que corresponda.

A persoa solicitante deberá realizar a liquidación de taxas na aplicación informática e o seu aboamento a través dun dos seguintes medios:

1. Pagamento a través do impreso de autoliquidación. Para iso, deberá seleccionar esta opción no formulario electrónico, imprimir o documento de pagamento e realizar o ingreso na entidade bancaria.

2. Pagamento electrónico mediante tarxeta de crédito. Para iso, deberá seleccionar esta opción no formulario electrónico e realizar o pagamento a través da pasarela bancaria á cal se lle dá acceso a través da aplicación informática.

En ningún caso a presentación e pagamento da taxa suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen a totalidade dos dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes. No caso de que as persoas aspirantes se acollan a unha exención ou bonificación e non xustifiquen esta cuestión, de non teren feito antes, no prazo de reposición de documentación, serán excluídas do procedemento por non teren feito o pagamento da totalidade das taxas dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto, o reintegro realizarase de oficio, para o cal terán que facer constar a entidade bancaria e o seu número de conta no recadro que figuraren na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

3.6. Para calquera aclaración ou información sobre a tramitación electrónica, as persoas solicitantes poderanse pór en contacto co Centro de Atención aos/ás Usuarios/as seguindo o procedemento indicado na páxina http://www.usc.gal/gl/servizos/atic/cau/

No caso de non poder formalizar a solicitude mediante a aplicación de concursos dentro dos prazos establecidos, e sempre que o motivo sexa por causas técnicas non imputables á persoa interesada que imposibiliten o funcionamento ordinario da web, observarase o que a USC estableza nesta materia para tal fin.

4. Documentación acreditativa de requisitos e méritos. Momento de presentación.

Xunto coa solicitude, e sempre a través da aplicación de concursos mencionada no número 3.1, presentarase a seguinte documentación:

a) Copia dixitalizada en formato pdf do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento acreditativo da nacionalidade.

As/os descendentes e descendentes do cónxuxe non separado de dereito deberán presentar, ademais, os documentos acreditativos do vínculo de parentesco e, de ser o caso, do feito de viviren a expensas ou estaren a cargo dun nacional dun Estado membro da Unión Europea ou doutros Estados, cando así o estableza un tratado internacional subscrito pola Unión Europea e ratificado por España, con que teñan o dito vínculo. A acreditación realizarase por medio de certificados expedidos polas autoridades competentes do país de orixe, traducidos a algunha das linguas oficiais da USC.

b) Copia dixitalizada en formato pdf do título universitario oficial de doutor (anverso e reverso).

Os títulos expedidos por universidades ou autoridades estranxeiras deberán ser acreditados presentando a copia dixitalizada da declaración de equivalencia ao nivel académico de doutor, conforme a disposición adicional quinta do Real decreto 967/2014, do 21 de novembro, ou a copia dixitalizada de calquera outro documento de acreditación equivalente que regulamentariamente se determine.

c) Copia dixitalizada en formato pdf da resolución de acreditación para a figura de profesor/a titular ou doutras categorías superiores.

d) Copia dixitalizada do título oficial de especialista que corresponda á praza.

Aquelas persoas que tivesen a condición de funcionarios/as públicos/as de carreira en activo estarán exentos/as de presentar os documentos mencionados nas alíneas b) e c). No seu lugar, deberán presentar certificación da Administración de que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.

As persoas candidatas que pertenzan á Universidade de Santiago de Compostela só deberán presentar os documentos a que se refire esta epígrafe que non consten no seu expediente.

Non presentar os documentos especificados nas epígrafes citadas será causa de exclusión, que deberá repararse no prazo establecido na base 5.2 desta convocatoria.

5. Admisión de aspirantes.

5.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, nun prazo máximo de dez días hábiles, a Vicerreitoría de Profesorado publicará no taboleiro electrónico da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm) unha resolución que aprobe a lista provisoria de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

5.2. Contra esta resolución, e nun prazo máximo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico da USC, as persoas interesadas poderán presentar unha reclamación, perante o reitor, para repararen os defectos que motivaron a exclusión ou omisión da lista. De non o faceren, serán excluídas definitivamente do proceso selectivo sen teren dereito á devolución das taxas aboadas.

5.3. Para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión, a persoa aspirante deberá realizar o trámite a través da aplicación de concursos, formulando as alegacións que considere pertinentes e incorporando, de ser o caso, na epígrafe correspondente a documentación requirida.

5.4. Rematado o prazo para reparar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión das persoas aspirantes, a Vicerreitoría de Profesorado aprobará e publicará, no prazo máximo de dez días hábiles, a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación das causas de exclusión, no lugar indicado na base 5.1.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou.

5.5. A inclusión na lista definitiva de admitidos/as no prexulga o cumprimento dos requisitos normativamente exixidos para ser nomeado/a funcionario/a de carreira. A posesión dos requisitos exixidos terá que acreditarse no seu momento.

6. Comisións de selección.

6.1. Os concursos obxecto desta convocatoria serán resoltos polas comisións de selección relacionadas no anexo II. Conforme o establecido no artigo 6.4 do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, os curriculum vitae dos membros da Comisión de Selección poderanse consultar polas persoas interesadas, durante o tempo que dure o proceso, na páxina web da USC (https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pdipermanente).

6.2. Para a constitución e a actuación das comisións aplicarase o recollido no Regulamento para a selección de profesorado con vinculación permanente da USC. Os membros das comisións deberán absterse de actuar e as persoas interesadas poderanos recusar, en calquera momento do procedemento, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da LRXSP.

6.3. Unha vez resoltas a renuncia, abstención ou recusación que se poidan ter presentado, as persoas afectadas serán substituídas polos/as respectivos/as suplentes. No suposto de que tamén no membro suplente do que se trate concorra algunha das circunstancias de impedimento citadas anteriormente, a súa substitución farase por orde correlativa de nomeamento entre os membros suplentes.

6.4. As comisións de selección constituiranse no prazo máximo de tres meses desde o día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Para iso, a persoa titular da Presidencia da Comisión, logo de consultar cos restantes membros, convocará os membros titulares e, de ser o caso, os suplentes, para proceder ao acto de constitución da Comisión, con indicación do lugar e a data. Ademais, o/a presidente/a deberá informar as persoas candidatas admitidas acerca do acto de constitución e convocalas para o acto de presentación de candidaturas, que deberá ter lugar con posterioridade á constitución da Comisión e á aprobación dos criterios de valoración dos méritos. A convocatoria para o acto de presentación de candidaturas realizarase a través do taboleiro electrónico, e incluirá o lugar, a data e a hora de realización.

No acto de constitución, a Comisión de Selección aprobará e publicará no taboleiro electrónico da USC os criterios de valoración dos méritos e os criterios para o acceso das persoas aspirantes ás distintas fases. En todo caso, a puntuación exixida para superar cada unha das fases non poderá ser superior ao 50 % da cualificación máxima asignada. Polo demais, os criterios deberán axustarse ás pautas que se indican no baremo recollido no anexo III.

6.5. O acto de constitución e a aprobación dos criterios de valoración poderá ser realizado realizar de maneira presencial ou telemática.

7. Desenvolvemento dos concursos.

7.1. Acto de presentación.

7.1.1 A orde de actuación das persoas aspirantes a prazas con probas orais seguirá a ordenación alfabética por apelido a partir da letra «V», de conformidade co establecido na Resolución do 23 de xaneiro de 2023 da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia (DOG do 26 de xaneiro).

7.1.2. No acto de presentación, que será público, as persoas candidatas entregaranlle á persoa que ocupe a Presidencia da Comisión, en soporte dixital con forma de lapis de memoria USB, unha copia do seu curriculum vitae, do seu proxecto de actividades docentes e do seu proxecto investigador. Ademais, neste mesmo acto deberase entregar a documentación acreditativa dos méritos alegados, que se poderá presentar no soporte dixital anteriormente indicado en formato pdf ou ben en papel.

a) O curriculum vitae deberase axustar no posible ao modelo de currículo publicado na páxina do Catálogo de procedementos da USC (https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/126/ver.htm) e na web do Servizo de Planificación de PDI da USC. En calquera caso, será posible tamén presentar o currículo noutro formato, preferentemente normalizado.

b) O proxecto de actividades docentes terá unha extensión máxima de 100.000 caracteres (espazos incluídos) e deberase referir á materia indicada no anexo I como perfil da praza ou, cando neste se indique «materias da área», a unha materia obrigatoria ou de formación básica adscrita á área de coñecemento de que se trate, das cursadas para a obtención de títulos de carácter oficial de grao ou equivalente na USC, que teñan docencia no curso académico en que se realice esta convocatoria. O proxecto deberá recoller, cando menos, os seguintes aspectos: datos descritivos da materia, sentido da materia no plan de estudios, obxectivos, desenvolvemento do temario, metodoloxía de ensino-aprendizaxe, bibliografía e criterios de avaliación. As persoas aspirantes deberán entregarlle á persoa que ocupe a Presidencia da Comisión de Selección unha copia do texto no soporte dixital indicado no número 7.1.2, que permita verificar o cumprimento do requisito relativo á extensión.

c) O proxecto investigador terá unha extensión máxima de 50.000 caracteres (espazos incluídos) e deberase referir ao proxecto que desenvolverá a persoa solicitante no caso de lle ser outorgada a praza. As persoas aspirantes deberán entregarlle á persoa que ocupe a Presidencia da Comisión de Selección unha copia do texto no soporte dixital indicado no número 7.1.2, que permita verificar o cumprimento do requisito relativo á extensión.

d) A documentación acreditativa dos méritos alegados poderase presentar no soporte dixital indicado no número 7.1.2 ou en papel e segundo os requisitos establecidos no anexo IV.

No caso de que as persoas aspirantes opten pola presentación en soporte dixital da documentación acreditativa de méritos, esta deberá organizarse en carpetas ordenadas de acordo coa estrutura do curriculum vitae.

Se se opta pola presentación en papel, o exemplar da documentación acreditativa terá que ordenarse seguindo a estrutura do curriculum vitae. Os documentos que non sexan libros ou similares deberán estar numerados en cada unha das páxinas e encadernados ou suxeitos de calquera outro modo que os manteña unidos de maneira sólida e impida a perda da documentación. Os libros e outros materiais non encadernables deberanse presentar en arquivadores ou similares, numerados, no caso de que se entregue máis dun, e identificados co número de concurso e o nome do aspirante. Co fin de facilitar a súa localización, recoméndase que en cada un dos méritos relacionados no curriculum vitae se indique o número de orde da carpeta ou do arquivador que os contén.

A persoa que exerza a Presidencia da Comisión requirirá as persoas aspirantes para que ordenen a documentación consonte o recollido no parágrafo anterior, no caso de que a documentación presentada no cumpra os requisitos descritos.

7.1.3. Non serán valorados os proxectos de actividades docentes e os proxectos investigadores que incumpran os requisitos de extensión fixados.

7.1.4. O/a secretario/a da Comisión garantirá que a documentación entregada polas persoas concursantes se poida consultar antes do inicio das probas por todas as persoas candidatas presentadas que o desexen.

7.1.5. As probas deberán comezar nun prazo máximo de dez días desde o acto de presentación.

7.1.6. No acto de presentación, os membros da Comisión de Selección poderán actuar a través de sistemas de videoconferencia. No lugar de realización do acto deberá estar presente, ademais das persoas aspirantes, como mínimo un membro da Comisión.

7.2. Realización de las probas.

7.2.1. Os concursos de acceso a prazas do corpo de profesorado titular de universidade constarán de dúas fases, que serán públicas, cada unha delas de carácter eliminatorio:

a) A primeira fase terá unha valoración máxima de 100 puntos e consistirá na exposición e defensa oral dos méritos e historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial de cada persoa candidata. A exposición non poderá exceder os noventa minutos e irá seguida dun debate coa Comisión durante un tempo máximo de dúas horas.

No caso de que exista unha única persoa aspirante, a Comisión, despois de analizar a documentación presentada por esta, se considera por unanimidade que resulta suficiente para a superación da proba, poderá eximila da exposición oral e posterior debate.

Finalizada a proba, cada membro da Comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados.

A persoa que presida a Comisión de Selección publicará no taboleiro electrónico da USC a lista das persoas candidatas que superaron a primeira proba e a convocatoria para a realización da segunda proba.

b) A segunda fase consistirá na exposición oral, en sesión pública, do proxecto de actividades docentes e do proxecto investigador durante un tempo máximo de noventa minutos. Seguidamente, a Comisión debatera coa persoa candidata sobre os contidos da súa exposición durante un tempo máximo de dúas horas.

Rematada a proba, cada membro da Comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados.

O proxecto de actividades docentes e o proxecto investigador terán unha valoración máxima de 50 puntos cada un.

c) A puntuación final de cada aspirante será o resultado da suma das puntuacións obtidas nas dúas fases do concurso.

7.2.2. Nestas probas, os membros da Comisión de Selección poderán actuar a través de sistemas de videoconferencia. Non obstante, no lugar de realización das probas deberá estar presente fisicamente, ademais das persoas aspirantes, cando menos un membro da Comisión.

8. Proposta de provisión.

8.1. De acordo coas valoracións e informes realizados, no prazo máximo de cinco días desde o seguinte ao da finalización da última proba, a Comisión elaborará unha proposta de provisión, que incluirá a relación de todas as persoas candidatas que sexan consideradas aptas para ocupar a praza, ordenadas pola puntuación final acadada no proceso (de maior a menor). No caso de que ningunha das persoas candidatas acade a puntuación mínima establecida nos criterios, a Comisión elaborará unha proposta de non provisión. A proposta de contratación ou de non provisión publicarase no taboleiro electrónico da Universidade. Unha vez publicada, a Comisión de Selección remitirá o expediente completo ao Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador, xunto coa xustificación documental correspondente.

Rematado o procedemento, a documentación das persoas concursantes quedará ao seu dispor no Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador, de onde a deberán retirar. Non obstante, no caso de interposición de recurso, a documentación non se poderá retirarse ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan realizar copia da documentación para outros efectos.

Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fose retirada será destruída.

8.2. Contra a proposta de provisión, as persoas interesadas poderán presentar unha reclamación, perante o reitor, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da súa publicación no taboleiro electrónico. A reclamación valorarase por unha Comisión de Reclamacións nos termos e consonte o procedemento establecido no artigo 20 do Regulamento. Admitida a trámite a reclamación, suspenderase o procedemento ata a resolución definitiva.

9. Presentación de documentos e nomeamentos.

9.1. No prazo máximo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación da proposta de provisión, a persoa candidata proposta en primeiro lugar pola Comisión de Selección deberá presentar os seguintes documentos no Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador, ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da LPACAP, para proceder a efectuar o seu nomeamento como funcionario/a de carreira do corpo de que se trate:

a) Orixinal ou copia compulsada dos documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos establecidos no número 2.1.2, requiridos para a praza en que fose proposta.

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública nin encontrarse inhabilitada para o exercicio das funcións públicas. As persoas aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar, de conformidade co establecido no artigo 7.2 do Real decreto 543/2001, do 18 de maio, sobre acceso ao emprego público na Administración xeral do Estado e os seus organismos públicos de nacionais doutros Estados aos que lles sexa de aplicación o dereito á libre circulación de traballadores/as, que non están sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

c) Acreditación do requisito exixido na base 2.1.1.c) de non padecer enfermidade nin estar afectada por limitación física ou psíquica que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor/a de universidade, mediante certificación médica oficial ou informe de saúde emitido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Tamén se poderá presentar, de ser o caso, informe emitido polo órgano equivalente en materia de saúde doutras comunidades autónomas do Estado.

d) Acreditación do requisito exixido na base 2.1.1.e), mediante a certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais, que poderá solicitarse ao ministerio competente en materia de xustiza.

e) A acreditación dos requisitos exixidos na base 2.1.1.f), que deberá axustarse ao seguinte:

As persoas candidatas propostas para ocuparen o posto de profesor/a titular de universidade deberán acreditar o coñecemento das dúas linguas oficiais na Universidade de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido na lexislación vixente. O coñecemento do español acreditarase mediante certificado de lingua española como lingua estranxeira de nivel B2 ou superior. As persoas que sexan nacionais de Estados que teñan o español como lingua oficial non terán que acreditar o seu coñecemento. A acreditación do coñecemento do idioma galego farase mediante o certificado de lingua galega Celga 3 ou equivalente.

De non acreditar o coñecemento das linguas oficiais da USC antes da toma de posesión, a persoa candidata proposta terá un prazo máximo dun ano para facelo a través dos documentos citados no parágrafo anterior. De non ser así, a USC realizaralle á persoa candidata proposta unha proba específica, que terá lugar antes de que transcorran dous anos desde a toma de posesión.

9.2. Aquelas persoas que teñan a condición de funcionarios/as públicos/as de carreira en activo estarán exentos/as de presentar os documentos mencionados nas alíneas b) e c) do número 9.1. No seu lugar, deberán presentar certificación da Administración de que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.

As persoas candidatas que pertenzan á Universidade de Santiago de Compostela só deberán presentar aqueles documentos a que se refire o número 9.1 que non consten no seu expediente persoal.

9.3. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela efectuará o nomeamento como funcionario/a de carreira da persoa candidata proposta en primeiro lugar pola Comisión, unha vez que presente en prazo a documentación exixida no número 1 desta base. No caso de que a primeira persoa candidata proposta non acredite en tempo e forma os aspectos sinalados no parágrafo anterior, o reitor procederá, de forma sucesiva, ao nomeamento das seguintes persoas candidatas propostas segundo a orde establecida pola Comisión de Selección, despois de que estas acrediten os mencionados requisitos en idéntico prazo de vinte días.

9.4. Os nomeamentos, que especificarán a denominación da praza con indicación da área de coñecemento e o corpo a que pertence, serán publicados no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia e comunicados aos rexistros correspondentes para os efectos do outorgamento do número de Rexistro de Persoal e da inscrición no corpo respectivo, así como ao Consello de Universidades.

9.5. No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata proposta deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario/a de carreira do corpo docente universitario de que se trate. No momento da toma de posesión, a persoa candidata deberá presentar declaración de non estar afectada de incompatibilidade, ou opción no caso de ter outro traballo no sector público.

Esta documentación deberase presentar no:

– Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador-Colexio de San Xerome-Santiago de Compostela, se a praza se convocou para Santiago de Compostela.

– Vicexerencia-Edificio Biblioteca Intercentros-Lugo, se a praza se convocou para Lugo.

10. Protección de datos.

A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en:

https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos

11. Norma derradeira.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpoñer recurso de reposición perante o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Relación de prazas

Titular de universidade.

Nº de concurso: 45T-V/23. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1(C02003).

Área de coñecemento: Medicina.

Departamento: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina Preventiva.

Perfil: Enfermidades do aparato respiratorio (G2051328). Servizo de Pneumoloxía. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Centro (*): Facultade de Medicina e Odontoloxía.

Localidade: Santiago de Compostela.

Categoría asistencial: facultativo/a especialista de área.

Especialidade: Pneumoloxía.

Institución sanitaria: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Nº de concurso: 46T-V/23. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1(C02004).

Área de coñecemento: Medicina.

Departamento: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina Preventiva.

Perfil: Oncoloxía e enfermidades hematopoiéticas (G2051331). Servizo de Oncoloxía Médica. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Centro (*): Facultade de Medicina e Odontoloxía.

Localidade: Santiago de Compostela.

Categoría asistencial: facultativo/a especialista de área.

Especialidade: Oncoloxía Médica.

Institución sanitaria: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Nº de concurso: 47T-V/23. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1(C02005).

Área de coñecemento: Psiquiatría.

Departamento: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina Preventiva.

Perfil: Psiquiatría (G2051425). Servizo de Psiquiatría. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Centro (*): Facultade de Medicina e Odontoloxía.

Localidade: Santiago de Compostela.

Categoría asistencial: facultativo/a especialista de área.

Especialidade: Psiquiatría.

Institución sanitaria: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

(*) Centro onde se realizará con carácter preferente a actividade.

ANEXO II

Comisións de selección

Nº de concurso

45T-V/23

Corpo

Titular de universidade

Área de coñecemento

Medicina

Comisión titular

Presidente

González Juanatey, José Ramón

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Domínguez Muñoz, Juan Enrique

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1ª vogal

Vidal Pan, Mª del Carmen

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2ª vogal

Blanco Aparicio, Marina

Facultativa especialista de área

Membro proposto Sergas

3º vogal

Blanco Pérez, José Jesús

Facultativo especialista de área

Membro proposto Sergas

Comisión suplente

Presidente

González Quintela, Arturo

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Mera Varela, Antonio José

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1ª vogal

Torres Iglesias, Ángela Juana

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2ª vogal

Montero Martínez, Carmen

Facultativa especialista de área

Membro proposto Sergas

3º vogal

Calvo Álvarez, Uxío

Facultativo especialista de área

Membro proposto Sergas

Nº de concurso

46T-V/23

Corpo

Titular de universidade

Área de coñecemento

Medicina

Comisión titular

Presidente

González Juanatey, José Ramón

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Domínguez Muñoz, Juan Enrique

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1ª vogal

Vidal Pan, Mª del Carmen

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

Camps Herrero, Carlos

Facultativo especialista de área

Membro proposto Sergas

3ª vogal

García Alfonso, Pilar

Facultativa especialista de área

Membro proposto Sergas

Comisión suplente

Presidente

González Quintela, Arturo

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Mera Varela, Antonio José

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1ª vogal

Torres Iglesias, Ángela Juana

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º vogal

González Larriba, José Luis

Facultativo especialista de área

Membro proposto Sergas

3ª vogal

Lluch Hernández, Anna María

Facultativa especialista de área

Membro proposto Sergas

Nº de concurso

47T-V/23

Corpo

Titular de universidade

Área de coñecemento

Psiquiatría

Comisión titular

Presidente

Mateos Álvarez, Raimundo

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Torres Iglesias, Ángela Juana

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º vogal

Giner Jiménez, Lucas

Profesor titular de universidade

Univ. de Sevilla

2º vogal

Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio

Facultativo especialista de área

Membro proposto Sergas

3ª vogal

Vidal Millares, María

Facultativa especialista de área

Membro proposto Sergas

Comisión suplente

Presidente

Baca García, Enrique

Profesor titular de universidade

Univ. Autónoma de Madrid

Secretaria

García-Portilla González, Mª Paz

Catedrática de universidade

Univ. de Oviedo

1º vogal

Quintero Gutiérrez, Francisco J.

Profesor titular de universidade

Univ. Complutense de Madrid

2º vogal

García Caballero, Alejando A.

Facultativo especialista de área

Membro proposto Sergas

3ªº vogal

Gago Ageitos, Ana María

Facultativa especialista de área

Membro proposto Sergas

ANEXO III

Baremo para a valoración dos méritos e do historial das persoas candidatas

Profesorado titular de universidade con vinculación asistencial.

1. Traxectoria investigadora e de transferencia (máximo de 45 puntos). Nesta epígrafe valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos:

1.1. Difusión da actividade investigadora.

1.1.1. Publicacións científicas.

1.1.2. Participación en congresos e reunións científicas.

1.2. Proxectos e contratos de investigación.

1.2.1. Participación en proxectos de investigación.

1.2.2. Participación en contratos de investigación.

1.3. Bolsas e contratos de investigador.

1.3.1. Bolsas e contratos pre e postdoutorais obtidos en convocatorias competitivas.

1.3.2. Bolsas e contratos pre e postdoutorais con cargo a proxectos e contratos de investigación.

1.4. Patentes, produtos con rexistro de propiedade intelectual e outras actividades de transferencia.

1.5. Estadías en centros de investigación ou noutras institucións de educación superior.

1.6. Outros méritos relacionados coa experiencia investigadora.

2. Traxectoria docente (máximo de 25 puntos). Nesta epígrafe valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos:

2.1. Dedicación docente.

2.1.1. Docencia en titulacións universitarias oficiais.

2.1.2. Docencia en ensinanza oficial non universitaria.

2.1.3. Dirección de traballos académicos.

2.2. Calidade da actividade docente (avaliacións positivas da actividade docente, elaboración de materiais docentes orixinais, participación en proxectos de innovación docente, etc.)

2.3. Calidade da formación docente (participación ou impartición de actividades de formación docente universitaria, estadías en centros docentes, etc.).

2.4. Outros méritos relacionados coa traxectoria docente.

3. Experiencia asistencial (máximo de 25 puntos).

4. Outros méritos relevantes para a praza (máximo de 5 puntos).

4.1. Participación na xestión académica e na difusión da cultura universitaria.

4.2. Mobilidade.

4.3. Coñecemento de idiomas estranxeiros.

4.4. Acreditación ou habilitación para unha figura de categoría superior á da praza en concurso.

4.5. Outros.

ANEXO IV

Acreditación dos méritos

1. Traxectoria investigadora e de transferencia.

1.1. Difusión da actividade investigadora.

1.1.1. Publicacións científicas.

No caso de artigos e capítulos de libros, pdf, ou ben copia ou exemplar en papel, do texto íntegro ou, en todo caso, copia da primeira e da derradeira páxina. Se non figura na primeira páxina a información relativa ao título e número da revista ou ao título do volume, engadiranse copias das páxinas do índice ou da portada no que figuren o ISSN ou o ISBN, segundo corresponda.

No caso de libros, pdf, ou ben exemplar en papel, co texto íntegro ou, en todo caso, copia da portada e das páxinas en que figuren os créditos do libro (autor ou editor, editorial, ISBN, data de publicación...) e o índice.

No caso de traballos aceptados para publicación ou en prensa, carta asinada polo editor da revista ou polo responsable da editorial, en que se fagan constar a aceptación e o estado da publicación. Non se aceptarán correos electrónicos.

1.1.2. Participación en congresos e reunións científicas.

No caso de traballos publicados, pdf, ou ben copia en papel, do texto íntegro ou, en todo caso, a portada, índice e créditos da editorial e primeira e derradeira páxinas da contribución.

No caso de traballos non publicados, documento que acredite o tipo de participación e pdf ou copia en papel do resumo ou da presentación.

1.2. Proxectos e contratos de investigación.

1.2.1. Participación en proxectos de investigación.

Copia do documento oficial de concesión, así como das páxinas que acrediten a participación da persoa interesada, e que ademais indiquen o tipo de participación, a duración do proxecto e a subvención total concedida, ou ben certificado da universidade ou do centro de investigación onde figuren estes datos.

1.2.2. Participación en contratos de investigación.

Certificado da universidade ou do centro de investigación, en que se indiquen a actividade obxecto do convenio ou do contrato e a súa duración e importe, e en que se acredite a participación da persoa interesada.

1.3. Bolsas e contratos de investigador.

1.3.1. Bolsas e contratos pre e postdoutorais obtidos en convocatorias competitivas.

Copia do contrato ou do documento de concesión por parte do organismo financiador e documentación acreditativa do centro ou institución receptora, en que conste a duración efectiva da bolsa ou contrato.

1.3.2. Bolsas e contratos pre e postdoutorais con cargo a proxectos e contratos de investigación.

Copia do contrato e documentación acreditativa da súa duración e da función realizada.

1.4. Patentes, produtos con rexistro de propiedade intelectual e outras actividades de transferencia.

No caso de patentes concedidas, copia dos documentos oficiais de rexistro e concesión, así como, de ser o caso, dos documentos que acrediten a súa explotación.

No caso de patentes non concedidas, copia dos documentos que acrediten a solicitude e o estado de tramitación. En todo caso, para poder ser valorada unha solicitude de patente, esta deberá ter superado algunha fase que supoña un indicio de calidade.

No caso de rexistros da propiedade intelectual e doutras actividades de transferencia, copia dos documentos que o acrediten.

1.5. Estadías en centros de investigación ou noutras institucións de educación superior.

Documentación expedida pola autoridade competente do centro receptor, en que se constaten a realización da estadía, as súas datas de inicio e finalización e a actividade desenvolvida.

De ser o caso, documento de concesión da axuda para a realización da estadía, expedido pola entidade financiadora.

1.6. Outros méritos relacionados coa experiencia investigadora.

Certificación ou documentación acreditativa dos méritos alegados.

2. Traxectoria docente.

2.1. Dedicación docente.

2.1.1 Docencia en titulacións universitarias oficiais.

Certificación da universidade, asinada pola autoridade que teña esta función (en xeral a Secretaría Xeral), onde se expliciten a categoría docente dos postos ocupados, as datas de inicio e fin de cada un deles, o réxime de dedicación e as materias impartidas no marco de titulacións oficiais. No caso de que a certificación sexa asinada por delegación (vicerreitores, decanos/directores de centro, secretario do centro, xefe de servizo...), deberase facer constar este extremo no certificado correspondente.

2.1.2. Docencia en ensinanza oficial non universitaria.

Acreditación do organismo público (mediante certificado dos servizos prestados) ou privado (mediante copia do contrato e documento da Seguridade Social ou equivalente), na cal se recollan a actividade docente desenvolvida, a categoría profesional e as datas de realización. Só será computable o ensino impartido na educación regrada que conduza á expedición de títulos oficiais.

2.1.3. Dirección de traballos académicos.

Certificación expedida polo órgano competente da universidade, en que consten o número de traballos dirixidos ou codirixidos, o tipo de traballo a que corresponde cada un, a función realizada e a data de presentación.

2.2. Calidade da actividade docente (avaliacións positivas da actividade docente, elaboración de materiais docentes orixinais, participación en proxectos de innovación docente, etc.).

No caso de publicacións impresas, pdf, ou ben copia ou exemplar en papel, do texto íntegro ou, en todo caso, copia da primeira e da última páxina. Se non figura na primeira páxina a información relativa ao título e o número da revista ou ao título do volume, engadiranse copias das páxinas do índice ou da portada en que figuren o ISSN ou o ISBN, segundo corresponda.

No caso de material en soporte electrónico, ligazón á páxina correspondente ou pdf ou copia impresa do índice e dos créditos.

2.3. Calidade da formación docente (participación ou impartición de actividades de formación docente universitaria, estadías en centros docentes, etc.).

No caso de participación ou impartición de actividades de formación docente universitaria, documentación acreditativa expedida polo órgano competente da universidade, en que consten a actividade realizada e a súa duración.

No caso de estadías docentes, documentación expedida pola autoridade competente do centro receptor, en que se constaten a realización da estadía, as súas datas de inicio e finalización e a actividade desenvolvida.

Certificación ou documentación acreditativa dos restantes méritos alegados.

2.4. Outros méritos relacionados coa traxectoria docente.

Certificación ou documentación acreditativa dos méritos alegados.

3. Experiencia asistencial.

Acreditación do organismo público (mediante certificado dos servizos prestados) ou privado (mediante copia do contrato e documento da Seguridade Social ou equivalente), noacal se recollan a actividade desenvolvida, a categoría profesional e as datas de realización.

4. Outros méritos relevantes para a praza.

4.1. Participación na xestión académica e na difusión da cultura universitaria.

Certificación do exercicio de cargos unipersoais recollidos no Catálogo aprobado polo Consello de Goberno da USC (ou equivalentes doutras universidades), na cal se acrediten as actividades de xestión realizadas e as datas de realización.

4.2. Mobilidade.

Certificación ou documentación acreditativa da mobilidade realizada.

4.3. Coñecemento de idiomas estranxeiros.

Certificación do organismo público ou privado, en que se acredite este coñecemento.

4.4. Acreditación ou habilitación para unha figura de categoría superior á da praza en concurso.

Certificado de acreditación expedido pola axencia correspondente.

4.5. Outros.

Certificación ou documentación acreditativa dos méritos alegados.