Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2023 Páx. 43081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o acordo do expediente sancionador e cartas de pagamento en materia de industria (expediente IN635C MC-IND OU 2023/1-3).

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselle á relacionada no anexo o acto que se indica, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinaren estes actos nas dependencias da Área Xurídica da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Industria e Innovación, situadas na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 29 de xuño de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

Acto notificado

CIF da entidade

Acto adoptado por

Data do acto

IN635C MC-IND OU 2023/1-3

Resolución de imposición de multa coercitiva e cartas de pagamento

B32489056

A xefa territorial

31 de maio de 2023