Expediente: IN407A 2023/164-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMT, CT e RBT Os Castros.
Termo municipal: Pontedeume.
1. Características técnicas:
Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PED-709 en condutor tipo LA-110 autorizado no expediente 52.551, consistente en:
– Instalación, na parcela con referencia catastral 15070A022001670000WK sita no lugar de Loureiro, dun novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-1000/14-H35-CA(CS), que se identificará co nº 77-1, no cal se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.
– Instalación de LMT aérea destensada, de 9 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, coa orixe no apoio nº 77 (matrícula: ARSDPV3P), de formigón tipo AM-AL-HV-630/13-CR e remate no novo apoio nº 77-1 proxectado.
– Desconexión e desmontaxe do reconectador telecontrolado existente no apoio nº 77, que pasará a seres instalado no apoio nº 82 (matrícula: ARI5R2FQ) metálico de celosía tipo AM-ANG-C-2000/18-CR.
Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 160 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (dúas de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 15070A023002440000WX, sita no lugar dos Castros.
Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 1.020 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1x150 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) a instalar no novo apoio nº 77-1 proxectado e remate en cela de liña do CT proxectado.
Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) actualmente alimentada polo CT Andrade Loureiros (matrícula: 15AWN8), que resultará parcialmente descargado, mediante da instalación dun (1) novo circuíto soterrado de baixa tensión (RBTS) de 65 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1x240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente a realizar no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-630/11 existente.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
A Coruña, 20 de xuño de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
LMT, CT e RBT Os Castros
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Pontedeume
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||||
CT/Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Treito aéreo-voo |
Treito soterrado |
|||||||
Lonx. (m) |
Sup. (m2) |
Lonx. (m) |
Sup. (m2) |
|||||||
1 |
Descoñecido |
15070A023002440000WX Polígono 23, parcela 244 |
Andrade |
CT |
14,97 |
Urbano. Solo sen edificar |
||||
2 |
Descoñecido |
15070A022001670000WK Polígono 22, parcela 167 |
O Cal |
Apoio nº 77-1 (PA/S + ITC) |
2 |
9 |
135,22 |
9 |
10,65 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |