Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2023 Páx. 43043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 20 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/155-1).

Expediente: IN407A 2023/155-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Coto da Nai.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

1. Características técnicas:

Instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P con illamento e corte en SF6, con cadro de baixa tensión con catro (4) saídas (tres de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 0459503NH4405F0001FR, sita no lugar de Coto da Nai, Aríns (termo municipal de Santiago de Compostela).

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 2 x 885 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1x240 mm2 Al), coa orixe en empalmes MT para realizar en arqueta existente diante do CT rúa das Penas nº 47-49 (expediente IN407A 2004/99-1/matrícula: 15CVK4) e remate en cela de liña do dito CT, tras entrar e saír no novo CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) da zona, actualmente alimentada polo CT rúas das Penas nº 35 (matrícula: 15CFFQ), que resultará parcialmente descargado, mediante la construción de 78 metros de nova rede soterrada de baixa tensión (RBTS) en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1x240 mm2 Al) coa orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do novo CT proxectado e remate no paso soterrado-aéreo (PS/A) que se vai instalar en apoio de formigón tipo HV-400/10 no cal se realizará o acoplamento coa rede aérea de baixa tensión (RBTA) existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 20 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Coto da Nai

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Santiago de Compostela

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

0459503NH4405F0001FR

Coto da Nai

CT e acceso

19,55

Urbano. Solo sen edificar