Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica de novo CTI Limeres e substitución do apoio 22F6C2//83-6-CT da LMT SJG804 prevista no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente IN407A 2023/313-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Novo CTI Limeres e substitución do apoio 22F6C2//83-6-CT da LMT SJG804 (expediente IN407A 2023/313-4) e as afeccións da parcela indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/313-4.

Denominación: novo CTI Limeres e substitución do apoio 22F6C2//83-6-CT da LMT SJG804.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio (m2)

1

Piñeiras

Rústico

36011A067000320000JX

Descoñecido/a

1,44