Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 27 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dúas parcelas pola instalación eléctrica LMTS e CTC Broullón prevista no concello de Moaña (expediente IN407A 2023/306-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultaren descoñecidas as persoas interesadas, notifícaselles a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS e CTC Broullón (expediente IN407A 2023/306-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/306-4.

Denominación: LMTS, CTC Broullón.

Concello: Moaña.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub

m2 sub

1

Broullón, S. Martiño

Urbano

36029A019000280000IQ

Descoñecido/a

15

2

Broullón, S. Martiño

Viña secaño

36029A017000440001OH

Descoñecido/a

3,00

6,00