Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42633

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 16 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Facer pública a convocatoria do Pleno do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar os días 22 e 23 de setembro de 2023 en Ourense.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2023

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración