Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2023 Páx. 42634

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e de funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Facer pública a convocatoria e a orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o día 21 de setembro de 2023 en Ourense.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2023

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración