Mediante a Resolución do 10 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 35, do 2 de febreiro), aprobáronse e fixéronse públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 do abril).
Unha vez aprobadas as ditas listaxes e ao non figurar ningunha persoa aspirante, declarouse deserto o proceso selectivo.
Tras facer as comprobacións informáticas oportunas ante este feito, comprobouse que se producira un erro material na aplicación de acceso (Breixo) á matrícula. Na sinalada plataforma, onde tiña que indicar «A1 Facultativo de museos (promoción interna)», indicábase «A2 Facultativo de museos (promoción interna)».
Comprobado o dito dato, considerado un erro material e para non xerar ningún tipo de prexuízo ou indefensión, en aplicación do artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta dirección xeral
RESOLVE:
Deixar sen efecto a dita resolución, no relativo a declarar deserto o proceso e, deste xeito, retrotraer as actuacións á convocatoria realizada pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril).
Deste xeito, ábrese un novo prazo de vinte (20) días hábiles para presentar as solicitudes, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG). Dentro deste prazo as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente dirixida á Dirección Xeral da Función Pública, a través da plataforma FIDES (https://fides.xunta.gal).
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2023
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública