Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2023 Páx. 42144

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 29 de xuño de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 19 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

BDNS (Identif.): 692275.

De conformidade co previsto no artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro.

1. A dotación orzamentaria prevista para as axudas á apicultura convocadas para o ano 2023, de acordo coa Orde do 19 de abril de 2023 (DOG núm. 87, do 8 de maio), increméntase no importe de oitenta e nove mil setecentos sesenta euros con vinte e cinco céntimos (89.760,25 €) na aplicación orzamentaria 14.04.713E.770.2.

2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. A ampliación prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 19 de abril de 2023.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural