Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2023 Páx. 42451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 22 de xuño de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, polo que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por medio deste anuncio, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións por parte das persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non aportar no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais correrán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfono 981 83 43 47.

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, firmo e selo esta anuncio, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ribeira, 22 de xuño de 2023

Eloína Núñez Masid
Xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

ANEXO

DNI/NIF

076967097N

X05379975E

052452641Z

053796053L

053796053L

Y00165042P

052458942J

Y02112307R

052939549N