Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2023 Páx. 42450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 9 de xuño de 2023, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Confraría de pescadores de Barallobre de concesión administrativa no porto de Maniños-Barallobre con destino á ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio da lonxa (12.60.EDF.001) para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación indirecta do servizo de lonxa, oficinas e depuradora de moluscos (expediente 12-28-23-C-1).

O día 5.6.2023 a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada pola Confraría de pescadores de Barallobre de concesión administrativa no porto de Maniños-Barallobre con destino á ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio da lonxa (12.60.EDF.001) de titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación indirecta do servizo de lonxa, oficinas e depuradora de moluscos, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, núm. 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 9 de xuño de 2023

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte