Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2023 Páx. 41750

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR350C).

Advertido erro material na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 123, do 29 de xuño de 2023, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 40483, onde di: «c) Os contratos realizados con persoas traballadoras que finalicen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención, excepto que a dita relación laboral finalizase por causa dun despido recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.», debe dicir: «c) Os contratos realizados con persoas traballadoras que finalicen unha relación laboral de carácter indefinido na mesma empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención, excepto que a dita relación laboral finalizase por causa dun despido recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores».