Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2023 Páx. 41550

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 3 de xullo de 2023 polo que se acorda a publicación da Comisión de Radio e Televisión para as eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, convocadas polo Real decreto 400/2023, do 29 de maio.

A Xunta acorda a publicación da composición da Comisión de Radio e Televisión a que se refire o artigo 65 da Lei orgánica do réxime electoral xeral, á cal lle corresponde, baixo a dirección desta xunta, efectuar a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, en relación coas eleccións ao Congreso de Deputados e ao Senado que terán lugar o vindeiro día 23 de xullo.

A Comisión de Radio e Televisión constituíuse e está formada polas seguintes persoas:

– Silvia Seixas Naia, presidenta.

– Francisco Suárez Pérez, secretario.

– María del Mar Pichel Montes, vogal.

– Antón Baldomir Vilela, vogal.

E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este acordo.

A Coruña, 3 de xullo de 2023

Emilio Fernández Castro
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña