Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2023 Páx. 41551

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 3 de xullo de 2023 polo que se fai pública a distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado convocadas polo Real decreto 400/2023, do 29 de maio, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 30 de xuño de 2023 e aprobada por esta xunta electoral provincial o 3 de xullo.

En cumprimento do previsto na Instrución nº 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da Lei orgánica do réxime electoral xeral, no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa polos medios de comunicación en período electoral, acorda a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de aprobación da proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 30 de xuño de 2023, a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado que teñen dereito a espazos gratuítos de propaganda electoral. Así mesmo, farase constar que as entidades políticas que se consideren afectadas poderán examinar a dita proposta e os seus antecedentes, na Secretaría desta xunta, no prazo preclusivo do día seguinte ao da publicación do acordo, e formular ante esta xunta electoral, dentro do mesmo prazo, as reclamacións ou recursos que consideren oportunos.

A Coruña, 3 de xullo de 2023

Emilio Fernández Castro
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña