Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2023 Páx. 41429

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 103/2023, do 22 de xuño, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Vimianzo de varios treitos antigos das estradas AC-432, AC-441 e AC-552, xunto coa súa franxa de dominio público viario (DPV).

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos destas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Vimianzo solicítalle á Xunta de Galicia a transferencia de 12 treitos antigos das estradas autonómicas AC-432, AC-441 e AC-552:

Treito 1: treito antigo da AC-432 (Karting-Bribes), de 304 metros e DPV 4.280 m².

Treito 2: treito antigo da AC-432 (Calo), de 373 metros e DPV 4.981 m².

Treito 3: treito antigo da AC-432 (Castro de Buxán), de 167 metros e DPV 2.753 m².

Treito 4: treito antigo da AC-432 (Tras do Ceán), de 148 metros e DPV 1.846 m².

Treito 5: treito antigo da AC-432 (Tras do Ceán), de 164 metros e DPV 2.227 m².

Treito 6: treito antigo da AC-441 (Baíñas), de 173 metros e DPV 1.733 m².

Treito 7: treito antigo da AC-441 (Berdoias), de 171 metros e DPV 1.950 m².

Treito 8: treito antigo da AC-552 (Santa Irena), de 95 metros e DPV 1.407 m².

Treito 9: treito antigo da AC-552 (A Lagoa), de 393 metros e DPV 5.048 m².

Treito 10.1: treito antigo da AC-552 (Caxadas), de 70 metros e DPV 802 m².

Treito 10.2: treito antigo da AC-552 (Caxadas), de 192 metros e DPV 2.227 m².

Treito 11: treito antigo da AC-552 (Vilaseco), de 330 metros e DPV 5.976 m².

Treito 12.1: treito antigo da AC-552 (Berdoias), de 331 metros e DPV 4.034 m².

Treito 12.2: treito antigo da AC-552 (Berdoias), de 110 metros e DPV 1.072 m².

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1, xa que todos eles carecen de funcionalidade dentro da Rede autonómica de estradas de Galicia.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de xuño de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Vimianzo dos seguintes treitos antigos das estradas AC-432, AC-441 e AC-552, xunto co seu dominio público viario:

Treito antigo

Estrada

p.q.i de conexión

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

p.q.f de conexión

Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29)

Lonx. (m)

Superficie DPV (m2)

1

AC-432a

1+890 ME

x= 496.482

y= 4.774.567

2+160 ME

x= 496.410

y= 4.774.831

304

4.280

2

AC-432a

2+510 MD

x= 496.375

y= 4.775.169

2+860 MD

X= 496.206

y=4.775.473

373

4.981

3

AC-432a

3+750 ME

x= 495.633

y= 4.776.148

3+900 ME

x= 495.515

y= 4.776.237

167

2.753

4

AC-432a

6+550 MD

x= 493.264

y= 4.776.933

6+700 MD

x= 493.146

y= 4.776.858

148

1.846

5

AC-432a

7+240 MD

x= 492.653

y= 4.776.844

7+350 MD

x= 492.540

y= 4.776.841

164

2.227

6

AC-441a

14+200 ME

x= 497.963

y= 4.764.133

14+350 ME

x= 497.823

y= 4.764.183

173

1.733

7

AC-441a

20+940 ME

da AC-441

x= 493.133

y= 4.767.200

74+820 ME

da AC-552

x= 493.009

y= 4.767.281

171

1.950

8

AC-552a

60+900 MD

x= 500.552

y= 4.777.057

60+990 MD

x= 500.488

y= 4.776.997

95

1.407

9

AC-552a

63+660 MD

x= 498.658

y= 4.775.525

64+000 MD

x= 498.688

y= 4.775.181

393

5.048

10.1

AC-552a

70+610 ME

x= 495.967

y= 4.769.719

70+670 ME

x= 495.960

y= 4.769.649

70

802

10.2

AC-552a

70+690 ME

x= 495.957

y= 4.769.632

70+880 ME

x= 495.851

y= 4.769.483

192

2.227

11

AC-552a

72+620 ME

x= 494.750

y= 4.768.369

72+930 ME

x= 494.502

y= 4.768.199

330

5.976

12.1

AC-552a

74+410 ME da AC-552

x= 493.326

y= 4.767.520

21+040 MD

da AC-441

x= 493.086

y= 4.767.294

331

4.034

12.2

AC-552a

21+040 ME da AC-441

x= 493.068

y= 4.767.273

74+900 ME

da AC-552

x= 492.977

y= 4.767.212

110

1.072

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Vimianzo, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos treitos transferidos, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que poida corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e dous de xuño de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade