Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2023 Páx. 41377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2022/226-1).

Expediente: IN407A 2022/226-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: ampliación de potencia CT Quia (15CTL4).

Concello: Narón.

Feitos:

1. O día 3.10.2022, a empresa promotora solicitou ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica, co obxecto de aumentar a potencia do centro de transformación existente CT Quia (15CTL4) no lugar de Vilacornelle, concello de Narón. Proxéctase substituílo por un de tipo compacto prefabricado de 400 kVA e instalar unha liña soterrada de media tensión que o conectará cun treito aéreo da liña de distribución de media tensión LMT SMR711 (IN407A 07/545), procedente da subestación Santa Mariña; e instalar unha liña soterrada que conectará cun treito soterrado da citada liña de distribución e tres novas saídas en baixa tensión que o conectarán coa rede existente.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado Ampliación de potencia CT Quia (15CTL4), asinado o día 10.5.2022 (visado 22200919) por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado 2.980 de Vigo.

• Anexo, asinado o 31.5.2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, núm. colexiado 15.670 de Madrid.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou para o Concello de Narón, como organismo afectado, unha separata coas características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Non consta no expediente, no día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.

4. O día 30.5.2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. A lexislación aplicable neste expediente é a que segue:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións atópanse no lugar de Vilacornelle, no concello de Narón, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS (actuación 1) a 15 kV, de 22 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no PA/S do apoio nº AP06UCCV//62 existente tipo C-3000/16 da LMT SMR711, procedente da subestación Santa Mariña, e remate no CTC proxectado.

– LMTS (actuación 2) a 15 kV, de 11 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CTC proxectado e remate no PAR proxectado da LMT SMR711 (IN407A 07/545). Desmontaxe de XS e PA/S do apoio nº AP03UK65//63 existente e do treito LMTS da LMT SMR711 existente entre o citado apoio e o PAR proxectado.

– CT compacto prefabricado no lugar de Vilacornelle, cunha potencia de 400 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Desmantelamento do CT Quia (15CTL4) existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

A) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren adecuado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 13 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña