Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2023 Páx. 41386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2022/179-1).

Expediente: IN407A 2022/179-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominaciín: regulamentación LMT MEA806 (apoio B6W2E1F6//17-CT S. Adrián 15CU52.

Concello: Ortigueira.

Feitos:

1. O día 20.5.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, da dita instalación de distribución eléctrica, coa finalidade de proceder á regulamentación dun treito da liña de distribución de media tensión LMT MEA806 (expediente 5.365), procedente da subestación Mera, situado no lugar de Figueiras, concello de Ortigueira, como consecuencia do mal estado dalgúns apoios. Proxéctase o soterramento dun treito de liña e a reforma do centro de transformación CT S. Adrián (15CU52, IN407A 2016/771-1) de envolvente de obra civil, aumentando a súa potencia de 100 kVA a 250 kVA.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado regulamentación LMT MEA806 (apoio B6W2E1F6//17-CT S. Adrián 15CU52), asinado por Rubén Fervenza Nicolás, graduado en enxeñaría eléctrica, nº de colexiado 4.684 de Vigo (COITIVIGO), o 26.4.2022.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública polo Acordo do 14 de febreiro de 2023, publicado nos seguintes medios:

– DOG: 8.3.2023.

– BOP: 22.2.2023.

– Xornal La Voz de Galicia: 3.3.2023.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 25.4.2023.

– Portal de transparencia e goberno aberto da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: 8.3.2023.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Concello de Ortigueira, Deputación Provincial da Coruña, Augas de Galicia e Patrimonio Natural. UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos, iso é, Patrimonio Natural.

5. O 26.5.2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Terceira. Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 386 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio proxectado que se intercalará entre os apoios AP 22 e 23 existentes da LMT MEA806 (expediente 5.365), procedente da subestación Mera, e remate no CT S. Adrián (15CU52, IN407A 2016/771-1), que se reformará. Canalización proxectada con 2T/6T aloxados en gabia de dimensións 0,4×0,80/1,00/1,40.

– Novas autoválvulas e tendido de 8 m de condutor RHZ1-2OL 12/20KV 3×(1×240) Al desde nova cela de saída do CT S. Adrián (15CU52, IN407A 2016/771-1) ata a fachada do CT, en dirección ao CT Feás (15CU53, IN407A 2016/2622-1), para ligazón con LMTA existente.

– Novo condutor en treito LMTA a 20 kV, de 165 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio nº B6W2E1F6//17 existente, que se substituirá por tipo C-2000/18 na LMT MEA806 (expediente 5.365) e remate no apoio nº B6XT0UQD//18 existente, que se substituirá por tipo C-1000/14. Retensado dos vans adxacentes. Novo apoio tipo C-12/4500 situado entre o apoio nº B73XO4RE//22 existente e o nº B75641NS//23, que se retirará. Substitución do apoio nº B7330XL1//21 existente por tipo C-14/1000.

– Desmantelamento tramo LMTA 20 kV, condutor LA-110 Al, con orixe no novo apoio proxectado e remate no apoio nº B76G95SS//25, que se desmontará. Retirada do apoio nº B762R6UM//24 existente.

– Repotenciación do CT S. Adrián (15CU52, IN407A 2016/771-1), situado entre a derivada ao CT Ponte Mera (15CU50, IN407A 2016/770-1) e o CT Feás (15CU53, IN407A 2016/2622-1) cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P, cambiando a máquina por unha de 250 kVA. Reforma da envolvente de obra civil.

– Substitución da porta de acceso ao local por unha nova, ampliando as súas dimensións, o que implica demolición e instalación de lintel para porta de acceso.

– Pintado do interior e exterior do local.

– Realización dun foxo de recollida de aceite para o transformador, con reixa e seixos apagalumes, e a colocación dos UPN que soportarán o trafo.

– Deflector de aire para favorecer a ventilación do transformador.

– Todos os elementos metálicos novos que se instalarán conectaranse á nova rede de terras interior do CT, interconexión co anel de posta á terra do centro actual do local.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 13 de xuño de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña