Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2023 Páx. 41406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 26 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A (expediente 2023/1600-1 e cinco máis).

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica as ditas persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, de non atender ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte á notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidos da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 26 de maio de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2023/1600-1

32105229N

Requirimento da emenda da solicitude

17.4.2023

2023/0144-4

32838174Q

Requirimento da emenda da solicitude

28.4.2023

2023/2035-1

Y3425156X

Requirimento da emenda da solicitude

27.4.2023

2023/0204-1

13977125W

Requirimento da emenda da solicitude

18.4.2023

2023/0479-1

71168680X

Requirimento da emenda da solicitude

11.4.2023

2023/1590-1

49330040P

Requirimento da emenda da solicitude

29.3.2023