Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2023 Páx. 41408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 26 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A (expediente 2022/1014-1 e sete máis).

Despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse, para lles notificar as resolucións das reclamacións previas, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, sección de cualificación e valoración de discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderá interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, practicada por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 26 de maio de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2022/1014-1

32633158E

Desestimación da reclamación

8.5.2023

2022/1878-1

54129446G

Desestimación da reclamación

18.4.2023

2022/5975-1

53165386N

Desestimación da reclamación

28.3.2023

2022/2123-1

05922785D

Desestimación da reclamación

9.5.2023

2022/5420-1

37388621M

Desestimación da reclamación

27.4.2023

2023/0632-1

46914624Y

Desestimación da reclamación

28.4.2023

2021/6602-1

32757409G

Desestimación da reclamación

4.4.2023

2022/0774-1

11826907P

Desestimación da reclamación

15.4.2023