Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración do expediente de expropiación do concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2022/77-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación LMTA PRS806, entre os apoios núm. 55-22/55-26 e 55-38/55-46, no concello de Nogueira de Ramuín, correspondentes ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo.

Ourense, 20 de xuño de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/77-3.

Instalación: regulamentación da LMTA PRS806 entre os apoios núm. 55-22/55-26 e 55-38/55-46.

Concello: Nogueira de Ramuín.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

1

Abriadoiro e Chairas

32053A086006860000IJ

CMVMC de Santo Estevo de Ribas de Sil

Enderezo descoñecido

8.6.2023