Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2023 Páx. 41235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunican a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2022/174-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar... », mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de interruptor TC na LMTA BDV705 apoio núm. D22, no concello do Barco de Valdeorras, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

Ourense, 20 de xuño de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/174-3.

Denominación: instalación de interruptor TC na LMTA BDV705 apoio núm. D22.

Concello: O Barco de Valdeorras.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

1

Gulpilleiras

32010A009004240000XF

Descoñecido

14.6.2023

2

Mosteiros

32010A009002230000XB

Descoñecido

14.6.2023